O Fisioterapia Cinesia xogará unha liguiña xunto o Castro Senra Basketdeza e o Fontiñas Casa Pepe.
O Primeiro encontro dos nosos será en Lalín o fin de semana do 9 de Marzo.
Estes tres equipos pelexarán pola orde dos tres últimos postos na clasificación.
Desexamos que os nosos poidan conseguir a súa primeira da tempada.
- Novas
- O Club
- Equipos base
- Junior Masc.- Fisio. Cinesia CBPS
- Cadete Fem. - Rótulos Ageitos CBPS
- Inf. Fem. - Pescados Bormar
- Parrillada A Nosa Ría
- Inf. Masc. - Pacos Moda CBPS
- Mini Masc.- Res.O Porto/Ferrt.Melchor
- Mini Fem.- Bod.O Pescador CBPS
- Premini- Excavaciones Dario CBPS
- Premini- Rest. Portofino CBPS
- Baby Basket- Deportes Hermida CBPS
- Baby Basket- Deportes Hermida CBPS
- Senior
- Horarios
- Siareir@s
- Multimedia
- Actividades
- Tenda on line
mércores, 26 de febreiro de 2014
martes, 25 de febreiro de 2014
O PREMINI LARANXA GAÑOU CON FACILIDADE
O equipo premini laranxa conseguíu unha nova victoria, esta vez ante o Santa Baia Crisel por 42-12.
Repetíase o guión doutros partidos e xa dende o inicio a superioridade do C.B. Porto do Son foi moi notable.
O adestrador sonense Jerry buscaba que os xogadores máis expertos fosen solidarios no xogo e participasen máis os menos dominantes. Estes asumían a responsabilidade e xogaban un gran encontro.
Destacar o debut de Lucas que tivo unha gran actuación.Tamén xogaron Xiana, Victor, Jaime, Sara,Olimpia,Fran ,Álvaro,Alex.
O adestrador sonense Jerry buscaba que os xogadores máis expertos fosen solidarios no xogo e participasen máis os menos dominantes. Estes asumían a responsabilidade e xogaban un gran encontro.
Destacar o debut de Lucas que tivo unha gran actuación.Tamén xogaron Xiana, Victor, Jaime, Sara,Olimpia,Fran ,Álvaro,Alex.
luns, 24 de febreiro de 2014
O Asesoría Sanmamed plántalle cara ao líder.
Asesoría Sanmamed CBPS 23 - Asambal A Pobra 33

O encontro disputado na mañán do domingo polas chicas do equipo de Porto do Son pasou por diferentes fases.
No primeiro cuarto os rapaces da Pobra marcháronse no marcador cun 10-2 o seu favor, as chicas perdían moitos balóns e concedían canastas fáciles ao rival.
No segundo cuarto, as chicas empezaron a defender moito máis forte e en ataque foron a canasta de forma máis directa acadando unha gran remontada que as levou a poñerse por diante no marcador 14 a 12.
A partir do terceiro cuarto volvéronse a cometer os mesmos erros e o equipo da Pobra tomou vantaxe no marcador ata o final.
No último cuarto houbo un intento de reacción polas rapazas pero xa era tarde.
O equipo da Asesoría Sanmamed debe continuar traballando moito, para deixar de conceder canastas tan fáciles ao rival, que en moitos casos as levan a perder os partidos ou xogar a remolque no marcador e ter que facer un esforzo extra para remontar.
Xogaron : Sara 14,Carla, Loreto 4, Ana ,Lucía 3,Andrea, Anahi e Ximena 2 e Carmen
Fontiñas Alcampo 77-29 Clínicas Fisioterapia Cinesia CB Porto do Son.
Desta vez, visitamos ó Fontiñas Alcampo de Santiago. Un equipo que sufreu dúas baixas importantes.... Seguir leendo
CÓMODA VITORIA DO PREMINI VERDE NA LIGA XOGADE
Cómoda vitoria do premini verde, que se impuxo na mañá do Domingo ao C.B. Noia por un incontestable 02-52.
O partido non tivo historia, e os rapaces que esta semana dirixiu Iago López, aproveitaron a súa superioridade física e técnica ante un rival, con moi pouco rodaxe e que apenas puxo oposición. O acta do encontro pechouse no terceiro cuarto ao obter o noso equipo cincuenta puntos de diferenza. O choque serviu para que tódolos nosos xogadores dos que seis aínda non están na categoría premini e só tres en idade premini, disfrutasen de moitos minutos de xogo.
Xogaron: Noa, Miguel, Noel, Antón, Hugo, Marta, Iria, Celso e Samu.
.
venres, 21 de febreiro de 2014
IMPORTANTE INFANTIL MASCULINO E CADETE
OS EQUIPOS INFANTÍS MASCULINOS E CADETE MASCULINO ESTA SEMANA XOGARÁN DE VERDE E LARANXA.
O equipo infantil masculino que xogará en Ribeira estará integrado por: Carlos,Ianis, Alfonso, Álvaro,Jose, Nico, Isaac, Adrián Cervera, Fran, Oto, Pablito e Aitami.
Deberán levar a equipación verde e laranxa.
Hora de saída ás 10:30 de Portosín ,parando no Arenas e no Son.
O equipo infantil masculino que xogará en Boiro estará composto por Mario, Iván , Miguel, Jorge, Adrián, Martín, Saulo, Roi e Marcos.
O Autobús sairá as 9:45 de Porto do Son parando en Portosín.Roupa verde e laranxa.
mércores, 19 de febreiro de 2014
RESUMO DOS ENCONTROS ENTRE MINIS E PREMINIS
A xornada pasada deixounos dous encontros entre os nosos equipos en ambas categorías.
Na categoría minibasket o Carreira SIN-SON 14 (verde) enfrontábase ao ASESORÍA SANMAMED (laranxa).
Os dous equipos esforzáronse ao máximo con defensas presionantes a toda pista , en ataque víronse xogadas de gran beleza con varias accións de 2 +1.
Cando todo parecía feito para o equipo da Asesoría Sanmamed ,un último cuarto do Carreira Sin -Son que recuperaba 7 puntos ata o resultado final 24-26.
Na categoría preminibasket,vivíase algo moi semellante o premini laranxa foi mandando no electrónico ata o último cuarto onde o verde foi quen de darlle a volta ao marcador para acabar ganando cun 26 -20. Pero o verdadeiramente importante é poder ver a evolución no xogo de todos os nenos e nenas.
Por último sinalar o encontro de Babybasket onde os mais peques de 3,4,e 5 anos fixeron as delicias do público.
martes, 18 de febreiro de 2014
CRÓNICA INFANTIL FEMININO TIENDAS PILLADOS
O EQUIPO SEGUE A MEDRAR. SEMBRAR PARA RECOLLER NO FUTURO.
C.B. NOIA 53 - TIENDAS PILLADOS CBPS 11
O C.B. Porto do Son tiña claro que debía de seguir ca súa liña de traballo medrar como equipo dende a defensa. Unha defensa que non propicia resultados positivos a nivel de puntuación pero si de formación.
As sonenses fixeron unha defensa individual presionante a toda pista os 40 minutos intentando facer 2x1 sempre que conseguisen levar as contrarias ás esquinas.

Sorprendentemente a defensa deu seus froitos nos 8 primeiros minutos deixando ao equipo local en só 2 puntos.
Pero tanto esforzo iría pasando factura ao longo do encontro. Ao descanso o equipo perdía só de 10 puntos e tiña a esperanza de seguir enganchado ao encontro durante todos os minutos.
Tras o descanso o equipo cometeu máis erros e tivo uns minutos onde case baixaba os brazos, pero mostrou o seu carácter e loitou ata o final.
Destacar o gran traballo na anotación dunha xogadora contraria que foi a clave do encontro anotando a gran maioría dos puntos.
A nivel ofensivo o equipo debe mellorar moito, no tiro ,no bote, ... e sobre todo cando se encontra con defensas conservadoras e moi pechadas ( ocupación de espazos en zonas) onde resulta difícil quitar ventaxas no 1x1.
Os adestradores están moi contentos co traballo diario das xogadoras e ca mellora que están a ter.
CRÓNICA INFANTIL MASCULINO : FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - C.B. NOIA
PROGRESA ADECUADAMENTE.


Esta sería a nota se houbese que avaliar ao noso equipo.
O Fisioterapia Cinesia C.B. Porto do Son fixo un encontro moi serio ante un rival moi superior físicamente.
O equipo a nivel defensivo foi medrando según trascorría o encontro.Nun primeiro cuarto onde o balance defensivo era o importante para evitar canastras doadas do rival e impedir que o encontro se rompese de inicio. Obxectivo que conseguía onde as ventaxas eran mínimas para os locais.
No segundo cuarto o Fisioterapía Cinesia daba un paso máis e comezaba unha presión individual a toda pista. A defensa foi boa e non se concedían demasiadas canastras soas.
No terceiro cuarto traballábase o concepto de 2 x 1 conseguindo facelo moi poucas veces,pero con efectividade.
No derradeiro cuarto a diferenza física fixo mella e facilitou as cousas aos locais.
A nivel ofensivo o equuipo estivo moi fallón nos tiros e bandexas o que puido facer que a contienda fose máis igualada.
En liñas xerais moi bo encontro dos nosos rapaces que a próxima semana xogarán en Boiro e Ribeira.luns, 17 de febreiro de 2014
Liga FEGABA 2a Div. Cadete Masculino: Derbi con sabor agridoce. Clínicas Fisioterapia Cinesia CB Porto do Son 20-43 Muebles Muñíz Noia
xoves, 13 de febreiro de 2014
O domingo 16 " Marea verde " pola tarde en Portosín.
Este domingo 16 de febreiro os 86 nenos e nenas que formamos a Marea Verde do C.B. Porto do Son temos unha cita para sacar a foto oficial da tempada 2013-2014
A tarde comezará ás 17:00 horas co encontro do Fisioterapia Cinesia Cadete masculino.
No descanso será a hora dos Babybasket que con tan só 3,4 e 5 anos farán as delicias do público. Ao remate do encontro foto oficial de todo o club e despois os encontros de liga que está semana enfrontan aos nosos equipos minis e preminis entre si.
O C. B. Porto do Son convida a toda a xente do concello a coñecer como xogan os nosos peques e ver como disfrutan co baloncesto. ESPERÁMOSVOS.
Pola mañán recordarvos que os equipos infantís xogarán en Noia os seus encontros de liga.
CONSULTA OS HORARIOS NA BARRA SUPERIOR
A tarde comezará ás 17:00 horas co encontro do Fisioterapia Cinesia Cadete masculino.
No descanso será a hora dos Babybasket que con tan só 3,4 e 5 anos farán as delicias do público. Ao remate do encontro foto oficial de todo o club e despois os encontros de liga que está semana enfrontan aos nosos equipos minis e preminis entre si.
O C. B. Porto do Son convida a toda a xente do concello a coñecer como xogan os nosos peques e ver como disfrutan co baloncesto. ESPERÁMOSVOS.
Pola mañán recordarvos que os equipos infantís xogarán en Noia os seus encontros de liga.
CONSULTA OS HORARIOS NA BARRA SUPERIOR
martes, 11 de febreiro de 2014
Asesoría Sanmamed , novo patrocinador do C.B. Porto do Son
Asesoría Sanmamed pasará dende hoxe a formar parte da familia do C.B. Porto do Son. O equipo minibasket Laranxa levará o nome de ASESORÍA SANMAMED C.B. Porto do Son.
O club quere agradecer públicamente a confianza depositada en nós.
O club quere agradecer públicamente a confianza depositada en nós.
Aviso cambio horario para o mércores 12 de febreiro
Mañán mércores 12 de febreiro o adestramento das 18:00 horas pasará ás 19:00 horas. Perdoade as molestias.
luns, 10 de febreiro de 2014
A FINAL DE COPA XOGOUSE AO 100% NO C.B. PORTO DO SON
Onte no local social do C.B. Porto do Son houbo unha festa do baloncesto. A redor de 35 persoas entre xogadores/as ,pais, nais e adestradoresdisfrutaron dunha final espectacular e emocionante ata a última décima.
Aqui vos deixamos algúns dos momentos vividos.
Aqui vos deixamos algúns dos momentos vividos.
domingo, 9 de febreiro de 2014
Liga FEGABA 2a Div. Cadete Masculino: Unha millora notable. CB Riveira 44-29 Fisioterapia Cinesia CB Porto do Son
Un dos mellores, senón o mellor partido da tempada, o que desputaron nesta mañán de domingo os cadetes do CB Porto do Son. Seguir leendo...
Vive o Real Madrid - F.C. Barcelona co C.B. Porto do Son
Hoxe ás 18:00 no local do C.B. Porto do Son disfruta da final da Copa do Rei ca familia do C.B. Porto do Son.
Unha final que promete moito ,todo un Madrid-Barca.
Esperámoste.
Unha final que promete moito ,todo un Madrid-Barca.
Esperámoste.
sábado, 8 de febreiro de 2014
URXENTE, APRAZAMENTO DE PARTIDOS
APRÁZANSE OS PARTIDOS DOS EQUIPOS INFANTÍS DE HOXE SÁBADO 8 POLA TARDE EN BOIRO.
xoves, 6 de febreiro de 2014
COPA DO REI DE BALONCESTO
O C.B. Porto do Son está a traballar para poder disfrutar da Copa do Rei en compaña de todos os xogadores/as , pais, nais e siareiros/as ao baloncesto no que sería a apertura do local do noso club na antigua Casa da Cultura de Portosín.
A final será o próximo domingo ás 18:00 horas, en caso de ter todo preparado avisarémosvos por este medio.
Pero para que disfrutes do baloncesto deixámosvos esta guía de horarios dos encontros da Copa.
Disfrutade do basket e esperemos disfrutar xuntos da final.
A final será o próximo domingo ás 18:00 horas, en caso de ter todo preparado avisarémosvos por este medio.
Pero para que disfrutes do baloncesto deixámosvos esta guía de horarios dos encontros da Copa.
Disfrutade do basket e esperemos disfrutar xuntos da final.
mércores, 5 de febreiro de 2014
O C.B. PORTO DO SON ABRIRÁ O SEU LOCAL SOCIAL
O C.B. Porto do Son disporá dun local social situado na antigua Casa da Cultura de Porto do Son gracias ao Concellería de deportes e ao Concello de Porto do Son.
O C.B. Porto do Son terá a súa oficina na primeira planta da antigua Casa da Cultura.
O club está a traballar para adecentar e acondicionar o local prestado polo Concello.
O C.B. Porto do Son tamén poderá utilizar o local anexo para actividades puntuais.
Entre as actividades que o C.B. Porto do Son pretende levar a cabo no novo local social están:
Lugar das ofinicnas do club.
Lugar de reunión para a planificación dos adestradores.
Lugar de reunión para as asembleas do club.
Bibliobasket para os xogadores/as
Cinebasket ( lugar para ver películas e partidos de baloncesto)
E moitas máis actividades programadas.
O C.B. Porto do Son intentará abrir para que todos e todas poidamos disfrutar do noso o voso local social o antes posible.
luns, 3 de febreiro de 2014
O Tiendas Pillados puxo en apuros ao lider da competición o C.B. Noia
Este pasado domingo celebrábase en Trapa ( Portosín) o encontro entre o Tiendas Pillados C.B. Porto do Son e o C.B. Noia actual líder da competición.
Tiendas Pillados C.B. Porto do Son 15 - C.B. Noia 30
O resultado final non reflexa a igualdade vivida ata os últimos 4 minutos onde as noiesas conseguiron una diferencia de 8 puntos.
Gran ambiente no polideportivo cun público entregado co seu equipo.

O adestrador Juan Filgueiras quere dar a noraboa pola entrega e mellora mostrada polo equipo.
Non debemos olvidar que no primeiro encontro da liga perdíamos contra as noiesas por máis de 60 puntos de difrenza.
As sonenses saltaban a pista cunha defensa presionante a toda pista para impedir o xogo estático das noiesas e poideran aproveitar a súa superioridade en altura.
A defensa deu o seu froito, provocando indecisións nos pases e malas tomas de decisións. Pero as sonenses non souberon aproveitar eses erros para coller ventaxas no marcador.
Sendo o tiro e as finalizacións a conta pendente deste equipo.
As noiesas conseguían anotar dúas canastras case seguidas a finais do primeiro cuarto e marchábanse no eléctronico cun 2 - 8 ao seu favor.
Realizadas algunhas correcións para que as perdas de balón non fosen una opción clara de anotación para o rival o partido presumíase máis apretado cun segundo cuarto no que o tanteo terminaba cun 4 - 4. Chegándose ao descanso cun 6 a 12 .
No descanso as chicas do C.B. Porto do Son aclaraban conceptos ofensivos, o equipo necesitaba máis orde e menos perdas de balón, a defensa debería seguir na mesma liña aínda sabendo que o desgaste físico podería provocar canastras doadas.
Ao inicio do terceiro cuarto as imprecisións sucedianse por ambos conxuntos.Un tempo morto do adestrador local para aclarar ideas ,fixo de revulsivo e as sonense anotaban dúas canastras e poñíanse a só 4 puntos. Este cuarto foi moi igualado chegando ao final cun parcial de 6 - 6.
Entrábase no último cuarto con todo por decidir. O equipo estivo no encontro ata a falta de 4 minutos onde cun 15 a 21 a diferenza semallaba inalcanzable. Entón o esforzó feito durante todo o partido pasou factura e deu lugar a varias canastras das noiesas debido a un mal balance defensivo.
En resume gran encontro das chicas do Tiendas Pillados que rozaron a épica.
Xogaron : Janet 3, Tamara, Alejandra 2 , Laura, Ana, Sophia, Alba 2, Chaime, Claudia e as minibasket Loreto 2, Sara e Lucia 6.
Marcos case gaña a tv no Obradoiro
Dende o canal de tv do C.B. Porto do Son presentámosvos a Marcos en acción.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


















