mércores, 19 de febreiro de 2014

RESUMO DOS ENCONTROS ENTRE MINIS E PREMINIS

A xornada pasada deixounos dous encontros entre os nosos equipos en ambas categorías.
Na categoría minibasket o Carreira SIN-SON 14 (verde) enfrontábase ao ASESORÍA SANMAMED (laranxa).

Un verdadeiro partidazo cargado de emocíón ata o último segundo con un  tiro do Asesoría Sanmamed que case provoca a prorroga.
Os dous equipos esforzáronse ao máximo con defensas presionantes a toda pista , en ataque víronse xogadas de gran beleza con varias accións de 2 +1. 
Cando todo parecía feito para o equipo da Asesoría Sanmamed ,un último cuarto do Carreira Sin -Son que recuperaba 7 puntos ata o resultado final 24-26.





Na categoría preminibasket,vivíase algo moi semellante o premini laranxa foi mandando no electrónico ata o último cuarto onde o verde foi quen de darlle a volta ao marcador para acabar ganando cun 26 -20. Pero o verdadeiramente importante é poder ver a evolución no xogo de todos os nenos e nenas.









Por último sinalar o encontro de Babybasket onde os mais peques de 3,4,e 5 anos fixeron as delicias do público.