martes, 25 de febreiro de 2014

O PREMINI LARANXA GAÑOU CON FACILIDADE

O equipo premini laranxa conseguíu unha nova victoria, esta vez ante o Santa Baia Crisel por 42-12. Repetíase  o guión doutros partidos e xa dende o inicio a superioridade do C.B. Porto do Son foi moi notable.



O adestrador sonense  Jerry buscaba que os xogadores máis expertos fosen solidarios no xogo e participasen máis os menos dominantes. Estes asumían a responsabilidade e xogaban un gran encontro.


Destacar o debut de Lucas que tivo unha gran actuación.Tamén xogaron Xiana, Victor, Jaime, Sara,Olimpia,Fran ,Álvaro,Alex.