luns, 24 de febreiro de 2014

O Asesoría Sanmamed plántalle cara ao líder.

Asesoría Sanmamed  CBPS 23 - Asambal A Pobra 33


O encontro disputado na mañán do domingo polas chicas do equipo de Porto do Son pasou por diferentes fases.

No primeiro cuarto os rapaces da Pobra marcháronse no marcador cun 10-2 o seu favor, as chicas perdían moitos balóns e concedían canastas fáciles ao rival.

No segundo cuarto, as chicas empezaron a defender moito máis forte e en ataque foron a canasta de forma máis directa acadando unha gran remontada que as levou a poñerse por diante no marcador 14 a 12.





A  partir do terceiro cuarto volvéronse a cometer os mesmos erros e o equipo da Pobra tomou vantaxe no marcador ata o final. 

No último cuarto houbo un intento de reacción polas rapazas pero xa era tarde.

O equipo da Asesoría Sanmamed debe continuar traballando moito, para deixar de conceder canastas tan fáciles ao rival, que en moitos casos as levan a perder os partidos ou xogar a remolque no marcador e ter que facer un esforzo extra para remontar.

                       Xogaron : Sara 14,Carla, Loreto 4, Ana ,Lucía 3,Andrea, Anahi e Ximena 2 e Carmen




.