martes, 18 de febreiro de 2014

CRÓNICA INFANTIL FEMININO TIENDAS PILLADOS

O EQUIPO SEGUE A MEDRAR. SEMBRAR PARA RECOLLER NO FUTURO.

C.B. NOIA 53 - TIENDAS PILLADOS CBPS 11

O C.B. Porto do Son tiña claro que debía de seguir ca súa liña de traballo medrar como equipo dende a defensa. Unha defensa que non propicia resultados positivos a nivel de puntuación pero si de formación.


As sonenses fixeron unha defensa individual presionante  a toda pista os 40 minutos intentando facer 2x1 sempre que conseguisen levar as contrarias ás esquinas.



Sorprendentemente a defensa deu seus froitos nos 8 primeiros minutos deixando ao equipo local en só 2 puntos.

Pero tanto esforzo iría pasando factura ao longo do encontro. Ao descanso o equipo perdía só de 10 puntos e tiña a esperanza de seguir enganchado ao encontro durante todos os minutos.
Tras o descanso o equipo cometeu máis erros e tivo uns minutos onde case baixaba os brazos, pero mostrou o seu carácter e loitou ata o final.
Destacar o gran traballo na anotación dunha xogadora contraria que foi a clave do encontro anotando a gran maioría dos puntos.
A nivel ofensivo o equipo debe mellorar moito, no tiro ,no bote, ... e sobre todo cando se encontra con defensas conservadoras e moi pechadas ( ocupación de espazos en zonas) onde resulta difícil quitar ventaxas no 1x1.
Os adestradores están moi contentos co traballo diario das xogadoras e ca mellora que están a ter.