martes, 25 de setembro de 2018

CRÓNICAS DE (DES)FASES

Este setembro nos trouxo dúas fases de ascenso, unha xogada opolo cadete feminino, outra polo cadte masculino.

Tras 4 partidos intensos é hora de recopilar que tal foi esta nova experiencia.

CADETE FEMININO
Fase de ascenso á Liga Galega
Pola adestradora e debutante no teclado Rut Alfonsín. 

 
APRENDIZAXE

 

O cadete feminino do Rótulos Ageitos CBPS non esquecerá nunca a fase de ascenso á Liga Galega que disputou este mes de setembro do 2018. Foi unha auténtica satisfacción poder medirnos e compartir cancha con equipos da categoría profesional e humana  como Culleredo, Seis do Nadal, Marín e Allariz.  Unha experiencia da que aprendemos moitas cousas.
Fin a esta fase. Fin a unha etapa e comezo de outra moi distinta.

Durante a tempada pasada o cadete traballou duro para conseguir estar a altura de competir contra equipos de 1ª categoría no basket galego.
Loitaron, sufriron, desfrutaron, pero, por riba de todo, aprenderon moito durante toda esta etapa. Agora toca seguir atacando novos retos, que afrontaremos con moitas ganas e ilusión.

Traballar, esforzarse e non renderse nunca e o que debemos facer nas pistas e tamén nas nosas vidas.
A seguir mellorando e superándonos.

Xogaron : Carmen , Carla Maneiro , Rut , Andrea, Sabela , Valeria , Martina , Mariña , Xiana , Noa e Carla Vidal .

CADETE MASCULINO
Fase de ascenso á Liga Galega.
Polo adestrador axudante Bule.


O DETALLE

 

Perder por un punto pode que sexa a cousa máis cruel do baloncesto. Que é perder por un punto? Un tiro que se sae, un balón perdido, un rebote concedido, un pase mal medido, unha falta inocente, un... un... un nada, un detalle do minuto un, dez, corenta. Pero sobre todo, un terrible sentimento de frustración  por ter todo e acabar sen nada.

Un punto foi o que lle deu ao COB Ourense a vitoria sobre os nosos cadetes de A Nosa Ría CBPS na mítica cancha do Paco Paz de Ourense para debutar a liguilla. Unha liguilla onde 6 de 10 partidos remataron con vantaxes de menos de 5 puntos. Unha liguilla onde só 1 só partido rematou cunha vitoria de 20 puntos, a dos nosos rapaces na derradeira xornada contra o Ensino de Lugo. Vitoria coral, vitoria dun grupo que foi de menos a máis, un grupo que nunca renunciou a xogar ao baloncesto, sen trampa nin cartón. Pero vitoria inútil en termos contables, o bacallau estaba vendido. Este grupo volvía a quedar fóra dunha liga galega por un detalle. Como hai dous anos e aquel cuarto maldito de Culleredo, o único cuarto perdido da tempada regular. Un mal momento, un detalle. Un nada.

No medio queda a meritoria vitoria no Barco de Valdeorras, resarcíndose da derrota por 30 que sufriron a maioría destes rapaces nesta mesma pista hai 2 anos. E que mostra a cantidade de camiño percorrido pero este grupo nese tempo.

Tamén queda polo camiña esa cruel derrota fronte ao Burela, en casa, nun partido bronco, ese tipo de partidos que se sitúan no lado escuro do baloncesto pero que hai que saber xestionar. Se Ourense foi a tumba do ascenso directo, esta derrota da xornada 2 selou a posibilidade de xogarse todo a unha carta contra outro vello coñecido, o CB Narón.

Entón, que nos queda? Moito. Esta foi unha viaxe iniciática que emprendemos xuntos. Porque xuntos somos máis equipo, máis baloncestistas, máis compañeiros, máis humanos. E ser humano fai que sintamos unha enorme tristeza por ese tiro, esa perda, ese rebote, ese pase, esa falta. Pero ser equipo fai que, xuntos, nos erguemos para seguir o noso camiño. Esta viaxe 2018-2019 tan só acaba de empezar. Agárrense que imos xogar ao baloncesto.

Xogaron: Isma, Noel, Abel, Andrés, Fran, Pinaya, Victor, Isaac, Martín, Manu, Henok e Franco. coa axuda nos adestramentos do ribeirense sen ficha (aínda) Denís.


xoves, 3 de maio de 2018

A LIGA DO INFANTIL FEMININO

INFANTIL FEMININO
PESCADOS BORMAR CBPS - PELETEIRO 61 - 31
Polos Coachs Mozan e Jose


Invictus

Finaliza a liga regular do Pescados Bormar CBPS, é hora de facer balance da tempada.
Unha tempada que comenzou coa disputa dunha fase de ascenso na que apenas competimos cos rivais de turno, pese a que o equipo melloraba cada semana as súas prestacións.

Houbo que pasar frío

Mentres transcorría o ano e melloraba o coñecimento recíproco entre xogadoras e o novo adestrador, fumos capaces de dar coa tecla axeitada nos adestramentos, por ambas partes, que nos permitiu que as xogadoras fosen aumentado a súa bagaxe técnica, para beneficio do equipo.

Aquí, mellorando a técnica da rosca...


Unha proba de todo isto podería ser a imbatibilidade na liga, aínda que penso que os resultados así sen máis nunca foron unha boa vara de medir. A franca melloría en técnica e táctica individual do xogo, así coma os hábitos de entrenamento que fumos adquiriendo é o que máis nos satisface.

Houbo que sudar


Froito de todo isto, fumos capaces de rematar xogando francamente ben durante moito tempo, especialemente nos derradeiros dez partidos, admeais de ir sumando cada vez máis xogadoras á causa.

Recollendo froitos



O gran hándicap do equipo radica en que nunca poderon estar presentes a totalidade das xogadores nas tres sesións semanais de adestramento que realizaban. Iso se notano funcionamento como equipo, causando un trastorno á hora de deseñar as tarefas así como os seus obxectivos,  no sentido de que tíñamos que tripitir estas tarefas e obxectivos cada sesión para que todalas xogadores as coñeceran e dominaran.

Será por explicacións


Tendo en conta todo isto, e algunha que outra lesión, como sempre inoportunas, o balance que facemos da tempada é satisfactorio con creces, dada a evolución das xogadoras na súa totalidade, e do xogo que o equipo conseguiu realizar, basado nun contrataque básico pero efectivo e nun estilo de xogo onde o obxectivo fundamental foi que, a partir dunha mínima orde, as xogadoras puideran expresarse na pista en situacións de un contra un principalmente, e en situacións de tres contra tres.

O ataque perfecto


Defensivamente, tamén fumos capaces de acadar un bo nivel na defensa de saltar e trocar en todo campo, facendo así que o equipo estivese dende o primeiro segundo defensivo tratando de provocar o erro das rivais.

Trae paquí


Agora toca xogar unha fase de ascenso que se presenta realmente difícil e complicada pero que será, con toda seguridade, un ensido maiúsculo para todas e todos, co obxectivo claro de desfrutala como o merecemos sen que un exceso de ambición mal entendido produza un efecto totalmente contrario ao desexado.

Agora, con calma

XOGARON AO LONGO DA TEMPADA: SABELA, NOA, XIANA, VALERIA, CAYETANA, ANTÍA, MARÍA, ANDREA, VALERIA, MARIÑA E MARTINA. 
TAMÉN PARTICIPARON AS MINIS: CARLA, PAULA, NOA, SARA, MARTA, CRISTINA E MARÍA.

E así foi a nosa visión sobre a liga das infas, e así a contamos.

xoves, 26 de abril de 2018

A CRÓNICA DOS XUVENILES

XUVENIL MASCULINO
Fase de ascenso da Liga Galega
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS- CIDADE DE LUGO 64-59

 Primeiro partido da fase de ascenso do FISIOTERAPIA CINESIA CBPS fronte ao mellor equipo zonal lucense, o Cidade de Lugo.

O partido foi o esperado, tenso e competido.

Parece zona e non o é.


 Dende o minuto un viuse que este é outro mundo e que cada posesión era importante. Liderados por un Bouzán enchufadísimo,  especialmente no segundo cuarto, o equipo local subiu o nivel para chegar ao descanso 3 puntos por riba, 33-30.

O terceiro cuarto foi un exercicio coral perfecto, con Toño, Javi, Alfonso,e Asier collendo o relevo en ataque, ben apoiados por un Castelao preciso nas dúas partes da cancha. Todo aquel que entraba en pista dábao todo, e con esta suma de individualidades solidarias, como a de Iago, David ou Ianis, a vantaxe subeu hasta 9 puntos,  52-43.

Interiorismo


Pero se algo caracteriza aos equipos lucenses é que nunca se renden. Grazas a unha gran variedade táctica, especialmente en defensa, os visitantes foron recurtando a diferenza pero sen nunca baixar dos 5 puntos que á postre resultarían definitivos (64-59).

A lenda da vida no espazo exterior


Era importante para o FISIOTERAPIA CINESIA CBPS  empezar esta fase con bo pé, especialmente ao xogar en casa. Misión cumprida con creces. Agora toca pensar no próximo compromiso en Ferrol, ante un dos favoritos ao ascenso, no que será outra historia.

Xogaron: Fernán, Caste, Toño, Javi, Asier, David, Iago, Alfonso e Ianis.

E esta foi a nosa mirada imberbe sobre a xornada, e así o contamos