martes, 18 de febreiro de 2014

CRÓNICA INFANTIL MASCULINO : FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - C.B. NOIA

PROGRESA ADECUADAMENTE.

Esta sería  a nota se houbese que avaliar ao noso equipo.

O Fisioterapia Cinesia C.B. Porto do Son fixo un encontro moi serio ante un rival moi superior físicamente.


O equipo a nivel defensivo foi medrando según trascorría o encontro.Nun primeiro cuarto onde o balance defensivo era o importante para evitar canastras doadas do rival e impedir que o encontro se rompese de inicio. Obxectivo que conseguía onde as ventaxas eran mínimas para os locais.
No segundo cuarto o Fisioterapía Cinesia daba un paso máis e comezaba unha presión individual a toda pista. A defensa foi boa e non se concedían demasiadas canastras soas.
No terceiro cuarto traballábase o concepto de 2 x 1 conseguindo facelo moi poucas veces,pero con efectividade.
No derradeiro cuarto a diferenza física fixo mella e facilitou as cousas aos locais.
A nivel ofensivo o equuipo estivo moi fallón nos tiros e bandexas o que puido facer que a contienda fose máis igualada.
En liñas xerais moi bo encontro dos nosos rapaces que a próxima semana xogarán en Boiro e Ribeira.