xoves, 13 de febreiro de 2014

O domingo 16 " Marea verde " pola tarde en Portosín.

Este domingo 16 de febreiro os 86 nenos e nenas que formamos a  Marea Verde do C.B. Porto do Son temos unha cita para sacar a foto oficial da tempada 2013-2014
A tarde comezará ás 17:00 horas co encontro do Fisioterapia Cinesia Cadete masculino.
No descanso será a hora dos Babybasket que con tan só 3,4 e 5 anos farán as delicias do público. Ao remate do encontro foto oficial de todo o club e despois os encontros de liga que está semana enfrontan aos nosos equipos minis e preminis entre si.



O C. B. Porto do Son convida a toda a xente do concello  a coñecer como xogan os nosos peques e ver como disfrutan co baloncesto. ESPERÁMOSVOS.


Pola mañán recordarvos que os equipos infantís xogarán en Noia os seus encontros de liga.
CONSULTA OS HORARIOS NA BARRA SUPERIOR