xoves, 21 de marzo de 2019

As crónicas dos adestradores


AS CRÓNICAS DOS NOSOS ADESTRADORES.

Grazas ao noso colaborador Manolo Barreiro.

PREMINI

E.B. Negreira CBPS: 23 | Pellets Vagalume  Brión CBPS: 45

Por Jose
Serán caloroso na capital. Dous equipos da comarca de Compostela presentáronse no Restollal para xogar o derbi CBPS de montaña. Os de Brión con moitas unidades e os de Negreira con tres baixas que deixaban o equipo moi coxo. Así e todo, defenderon o partido con garra.

Os negreireses non conseguiron dominar o xogo en ningún período aínda que no cuarto e o quinto gañaron os tanteos parciais. A vantaxe dos brioneses era moi ampla. No derradeiro tempo, co cansazo facendo estragos, a diferenza aínda foi máis grande.

Noraboa aos veciños e a seguir traballando.
Xogaron: Ana, Sophia, H. Barbeira, H. Quintáns, Álvaro, Carmen e Nico.



La Robleda Basketdeza Mixto: 56 | Restaurante Portofino CBPS: 6

Por Beiro

Presentouse o Restaurante Portofino CBPS con moitas baixas noutra xornada de sábado no Restollal. Os sonenses con 7 xogadores —o que permitiu que todos gozarán dun bo número de minutos de xogo— fixeron un grande esforzo a pesar da desvantaxe no marcador e pelexaron durante todo o partido sen descanso. Salientar sobre todo o xogo desenvolvido no quinto e sexto cuarto, cando se decataron de que xogando como equipo e compartindo o balón entre os 4 xogadores que estaban na pista encontraban mellor a forma de acadar máis canastras que nos catro primeiros cuartos. Destacar a estrea de Noelia que fixo un gran partido malia non adestrar habitualmente con estes compañeiros.

Xogaron: José, Iker, Mauro, Elba, Noelia, Oscar e Lucas.



MINI MASCULINO

We Robots Larpeiradas: 42 | AMES: 26

Por Alex
Un partido máis moi irregular dos nosos nenos. Non conseguimos estar concentrados no encontro os seis períodos. Un segundo e cuarto período para esquecer. Temos que seguir traballando para evitar estes apagóns. O positivo é que, cando queremos, somos un equipo moi forte na presión alta, con moita rapidez nas contras e con gran fluidez á hora de mover o balón. Pasiño a pasiño chegaremos ao noso obxectivo.
Xogaron: Roi, Alex, Dani, Álvaro, Alexo, Lois, Samu, Celso e Lucas.



Galogrin: 64 | Escolas Brión-Lousame-Negreira-CBPS:  14

Por Mozan

O equipo selección de Brión-Lousame-Negreira-CBPS amosou diante do rival unha grande atención para ser quen de colocarse en defensa de xeito moito máis adecuado que nos anteriores encontros. Feito moi meritorio dado que se trata de algo que non adestramos. 

Moi ben tamén os nosos xogadores á hora de sacar moi rápido de fondo tras recibir canastra, sen perder un só segundo en lamentarse polo acerto do rival. 

Seguimos pasándoo en grande e seguirémolo facendo, ademais de facelo cada día mellor. 

Xogaron: Sofía, Nacho, Marcos, Nico, Pedro, Egit, Oscar, Martín, Rodrigo, Alex, Daniel e Adrián.



MINI FEMENINO

Tradigas - Procesados Portosín: 27 | Ames: 30

Por David

Os numerosos erros de cara ao aro e un segundo período moi malo penalizaron o Tradigas - Procesados Portosín no encontro contra un Ames que mellorou moito desde a primeira volta. A superioridade física das de Ames resultou determinante nos dous aros e só no último período fomos capaces de superalas no xogo pero isto non foi abondo para levarse o partido.

Xogaron: Lucía, Xiana, Ana, Iria, Marcela, Lía e as preminis Aitana, Carmen, Helena e Sophia.



INFANTIL FEMININO

Rosalía : 25 | Pescados Bormar 69

Por Juan

O equipo infantil feminino volveu a victoria nun encontro onde todas as xogadoras foron protagonistas. Un inicio de 20 – 0 foi suficiente para marcar as diferenzas.
A partir dese momento as xogadoras buscaban accións de moitos pases.
Gran encontro das nosas rapazas.

Xogaron: Noa, Noa I. , Paula, Raquel, María, Nuria, Iria, Marcela, Lía e Xiana



INFANTIL MASCULINO

Pellet Vagalume Brion CBPS: 32 | Lalín: 54

Por Mozán

O equipo Infantil do Brión-CBPS xogou coma nunca e aprendeu coma sempre. A verdade é que os nosos xogadores amosaron durante o partido unha gran cantidade de accións técnicas básicas moi ben executadas. Magníficos pases sobre bote, conducións do balón a campo aberto, excelentes portas atrás, cortes, actividade das mans na defensa, etc., que fixeron as delicias dos que estaban a presenciar o partido e, por suposto, de todos nos. Todo froito dunha boa colocación na pista, respectando cada quen os espazos dos demais. 

Xa só queda agardar o próximo adestramento e seguir gozando de cada instante na pista. 

Xogaron: Pablo, Jaime, Miguel, Álvaro, Abel, Unai, Hugo, Carlos e Mateo. 





PREINFANTIL
Celta Zorka: 59 | Excavaciones Darío - Bodegón El Pescador CBPS: 9

Por Forés

Este domingo as nosas rapazas do Excavaciones Darío - Bodegón El Pescador CBPS visitaban a pista do líder da categoría, un equipo poderoso. Desprazabámonos a Vigo con ilusión pero sabendo que ía ser moi difícil competir.

O inicio do partido foi claro: un parcial de 19 a 0 para as locais. Pode ser pola hora do partido, as 10:30 h. (saímos ás 7:40 h.), polos nervios ou simplemente por saír sen tensión. Pouco a pouco fomos meténdonos no partido, xogando con máis criterio e defendendo mellor, pero iso non é suficiente para competir ante un equipo que ten moito máis ritmo de xogo, defende mellor os 1x1 e, en definitiva, ten moito máis baloncesto que nós.

Co paso dos minutos, a diferenza foise incrementando ata o definitivo 59-9 que fala ben das diferenzas entre ambos os dous equipos a día de hoxe. Este é un partido para aprender e para ver no que temos que mellorar para competir.

De todos modos, non se pode esquecer que o Celta representa unha cidade coma Vigo, onde a súa poboación multiplica por 10 a nosa e onde teñen moitas nenas da mesma xeración. Temos o mérito de xogar nunha liga moi esixente competindo coas grandes cidades galegas. E non só competimos, estamos entre os 8 mellores equipos, gran mérito e máis aínda se é con innumerables problemas físicos do equipo!!!

Agora a recuperarse, a adestrar e a pensar no seguinte partido de liga fronte ao Seis do Nadal, tamén de Vigo.

Xogaron: Noa, Castro, Fernández, Iria, Lucía, Marta, Sara, María e Cris. Tamén se desprazaron, aínda lesionadas, Carla e Candela.



CADETE FEMININO

Rótulos Ageitos CBPS: 71 | CB Noia A Roufana: 40

Por Jose
Outro derbi que non decepciona. As noiesas saíron máis concentradas que as sonenses que cun xogo trabado, cheo de faltas e moi intermitente, conseguiron gañar o cuarto. A intensidade no xogo e no banco son moi grandes, como algúns dos despistes das xogadoras do CBPS, facendo que o adestrador local teña que abandonar cancha por dúas técnicas.
Esta situación serve de acicate para as xogadoras do Rótulos Ageitos que, en cadro polas lesións e coa axuda das preinfantís, lle dan a volta a un partido que tiña visos de ser unha agonía.
No segundo cuarto, cun parcial de 9-0, chegamos ao descanso 3 puntos arriba.
No terceiro cuarto, as locais, moi metidas no encontro, xogando cunha inspirada María (infantil de primeiro ano), acadan un 16-0 que dá a tranquilidade da vitoria pero as sonenses, aínda que se protexe as xogadoras tocadas por lesións, non baixan o ritmo e no derradeiro cuarto rexistran un 12-0, deixando o marcador en 71-40 para restar outro partido na loita pola clasificación.
O peor foi ter que engadir unha lesionada máis a listaxe.
En fin, outra semana de recuperación, outro partido máis e a tranquilidade de que hai canteira.
Xogaron: Antía, Uxía, Carla, Noa, Carmen e Valeria. E as preinfantís: María, Sara, Paula C. e Paula F.




CADETE MASCULINO

Tiendas Pillados - Parrillada A Nosa Ría CBPS: 76 | Rosalía de Castro: 39

Por Juan

Gran posta en escena dos nosos cun gran primeiro cuarto onde o balón se pasaba con moita fluidez e chegaban canastras doadas.

Os rapaces ensaiaban o adestrado durante a semana renunciando as veces a xogar 1x1 claros.

A nivel defensivo o equipo estivo moi activo e agresivo.

Mais todo isto só durou un cuarto. A medida que transcorría o encontro o equipo íase apagando en parte polo bo facer do rival que ensaiou diferentes opcións tácticas.

Tras este encontro só queda viaxar á Compañía para intentar pechar esta primeira fase da liga invictos e loitar nas semifinais contra o Ames para lograr unha das prazas que dean o pase á fase de ascenso. Para isto o traballo semanal será fundamental.

Xogaron: Denis, Fran, Manuel, Henok, Isaac, Andrés, Abel, Martín, Noel, Marcos e Isma.







martes, 12 de marzo de 2019

AS CRÓNICAS DOS NOSOS ADESTRADORES.



AS CRÓNICAS DOS NOSOS ADESTRADORES.

CADETE MASCULINO

A Cantina do Liceo: 29 | Tendas Pillados - Parrillada A Nosa Ría CBPS: 90

Nova vitoria do equipo cadetes pese a ausencia de Henok e Manu e a falta de ritmo debido aos poucos adestramentos realizados tras as vacacións de Entroido.
Podemos diferenciar dous encontros dentro dun mesmo. Ata o descanso, cun rival que quixo competir e defender (defensa individual dentro do triplo) e, despois do descanso, cun rival que era semellante a atacar obstáculos inmóbiles na pista dentro do tiro libre.
O equipo practicou moito o tiro de 3 puntos sen oposición e, nalgún intre do encontro, atacou pero só nos últimos segundos de posesión para darlle algo ao xogo —case adestramento— á aparencia dun encontro.A nivel defensivo o equipo estivo moi ben. As canastras en contra chegaron máis polo noso risco defensivo que por méritos do rival.A mágoa do encontro foi que Marcos, novo no equipo, se mancou no quencemento.

Xogaron: Andrés, Abel, Fran, Pinaya, Denis, Noel, Isaac, Isma, Marcos e Martín.
Por Juan.



CADETE FEMININO

Elidente Rianxo: 22 | Rótulos Ageitos CBPS: 35

Outro partido para esquecer, cunha primeira metade na que as sonenses non tiñan as ideas claras e non eran quen de atacar a canastra rianxeira con vantaxe, coa defensa colocada, e abusando do tiro exterior. Daba a sensación de que o partido ía decantarse polo lado das locais, que pouco a pouco daban a sensación de mandar no xogo e se viñan arriba meténdose nun partido no que non deberíamos ter sufrido tanto.
Na segunda metade, as sonenses, xa sen Valeria dende o primeiro cuarto por unha escordadura no nocello, aplicáronse en defensa e malia seguir con moitos erros en canastras sinxelas conseguiron a vitoria que ao fin e ao cabo era o obxectivo para poder seguir na loita pola clasificación.
O peor foi que a enfermaría segue chea e aumentando, Valeria e Andrea súmanse ás baixas de Mariña, Martina e Sabela que non aínda non recuperaron. Imos ter que meter en nómina a algún curandeiro.
Xogaron: Antía, Carla, Sabela, Carmen, Noa, Andrea, Valeria e debutou Nuria
Por Jose.


                                     

PREINFANTIL FEMININO

Excavaciones Darío - Bodegón O Pescador CBPS: 49 | Compañía de María de Vigo: 57

Presentábase ante os seus seareiros o Excavaciones Darío - Bodegón O Pescador CBPS na segunda fase da competición na que xogan os 8 mellores equipos de Galicia da categoría. Para este partido contábase coa baixa da tripla C (Carla, Candela e Cris) por lesións e de Paula Fernández por asuntos familiares. Ademais varias xogadoras arrastraban problemas físicos e non adestraron en 10 días polo que se tivo que convocar, á última hora, para axudar o equipo á xogadora mini de primeiro ano Lía que acompañou ás outras minis habituais Lucía e Iria (ademais da lesionada Candela).
O partido empezou moi ben para as nosas rapazas que saíron moi metidas no partido. Con boas defensas e cun ataque buscando sempre a mellor opción para anotar. Nese período de claro dominio local chegouse ao final cun 17-12.
No segundo período, as visitantes imprimiron máis ritmo ao xogo e os problemas das locais aumentaron coa baixa de María. Un mareo faría que abandonase o partido e non puidese volver xogar ata mediados do terceiro período. Nel, pese a intentalo, o equipo visitante fixo un parcial de 6 a 18 para chegar o descanso vencendo por 23 a 30, quedando por diante medio partido por xogar!!!
Tras o descanso, e despois de recuperar enerxías, o Excavaciones Darío - Bodegón O Pescador CBPS saíu con moitas gañas de competir e demostrar a razón de estar entre os 8 mellores equipos. Cunha boa defensa e bos ataques metéronse no partido cun parcial de 16 a 12 e 10 minutos por xogar por diante.
Mais coma lembra o dito, «a can fraco todo son pulgas» e algo malo tiña que pasar. Neste caso foi que Marta non puido seguir por dores no pé o que unido a que o equipo xa estaba fisicamente baixo mínimos nos impediu competir de xeito que o equipo visitante gañou neste período por 10 a 15 e finalizar o encontro co definitivo 49-57.
Malia a derrota podemos estar moi contentos polo traballo do equipo. Un conxunto que sempre se sacrifica, mais é unha pena que cheguen ao momento decisivo da tempada cangados con tantos problemas físicos que nos impiden adestrar con normalidade, algo que se acaba notando logo nos partidos.
Agora queda recuperarse para seguir traballando.


Xogaron: Noa, Paula Castro, María, Marta, Sara, Lucía, Iria e Lía.
Por Forés

                                             


INFANTIL MASCULINO

Disteva Rianxo: 59 | Paco´s Moda - Garaje Xuño CBPS: 68

O Paco´s Moda - Garaje Xuño CBPS disputo de non mais de 10 minutos dos 40 que dura o encontro. Os 5 primeiros, nos que a claridade de ideas tanto en ataque coma en defensa nos permitiu lograr un parcial de 2 a 12 para, a partir dese intre, esquecernos de xogar ao baloncesto que propoñemos, excepto en acciones moi puntuais. A defensa do rival conseguiu descentrarnos completamente do noso xogo e abusamos do lanzamento exterior, aínda que a maioría das veces non cabía outra cousa que facer.
Non estaría mal nestas categorías sancionar os tres segundos defensivos como sucede na NBA. Non obstante iso non e motivo para que non xoguemos con moita mais actividade e agresividade do que o fixemos. Competir precisa de que así sexa .
Esperemos ter aprendido a lección e que non volva repetirse esa falta de intensidade na pista e que este «pequeno borrón» non empardeza en absoluto a boa tempada dos nosos xogadores xa que o normal é que fan todo o contrario o visto no pavillón de Rianxo.

Xogaron: Samu, Leo, Pablo, Hugo, Jaime, Manuel, Manu, e Henok.
Por Mozan

                                           

Paco´s Moda - Garaje Xuño CBPS: 27 | Compañía de María Santiago: 73

O Paco´s Moda - Garaje Xuño CBPS afrontaba o partido contra un rival co que sempre é un pracer medirse. A súaa actitude no campo, o que transmiten en todos os sentidos é un exemplo a seguir. Os nosos rapaces fixeron todo o que puideron, que por momento foi moito, e foron quen de levar a cabo algunhas accións de gran mérito, tanto en ataque coma en defensa. Nada que reprochar, portáronse coma uns valentes. Un bo pase o unha boa porta atrás fronte a xogadores da entidade dos rivais vale o seu peso en oro, ou mais, e fomos quen de conseguilo algunha que outra vez.
E así transcorreu o encontro: facendo e aprendendo, facendo e aprendendo

Xogaron: Samu, Leo, Manu, Jaime, Pablo, Hugo, Henok, Manuel.
Por Mozan

                                     

Ames: 66 | Brión CBPS: 16

O equipo Infantil do Brión CBPS continúa con seu proceso de aprendizaxe a marchas forzadas. Hai que dicir que ten un gran mérito o que fan os nosos xogadores en cada partido que disputan, xa que teñen que enfrontarse a un sen fin de situacións totalmente novas para eles ao ser esta a súa primeira tempada xogando e tamén porque durante os adestramentos é imposible darlle cabida a todas as novas situacións de xogo.
Por tanto, cada vez que responden dá forma correcta a algunha desas situacións non cabe outra que felicitalos como merecen e esbozar un leve sorriso de satisfacción.
Nisto andamos e niso seguiremos sempre coa cabeza ben alta

Xogaron: Unai, Jaime, Hugo, Miguel, Carlos, Mateo, Álvaro e Pablo
Por Mozan

                                       

INFANTIL FEMININO

Pescados Bomar CBPS: 46 | Peleteiro C: 51

O equipo infantil Pescados Bomar CBPS: 46 volveu facer na pista todo un exercicio de desexo e esforzo para competir co seu rival colexial. Non sabería se dicir, e estar no certo, que ver no campo as xogadoras «sufrindo» pola diferencia física coas rivais, polo esgotamento, polas dores... é motivo de orgullo, pero creo que para a maioría de nós si que o é.
Xogadoras que cando todo esta case que perdido aínda sacan forzas de onde non se sabe para dar un último arreón e meterlle un pouco o medo no corpo o rival, xusto vencedor, tamén é un motivo de orgullo.
Polo tanto, os vosos adestradores e os seareiros están moi contentos co voso quefacer na pista, co compromiso dunhas coas outras e de como os axudades, sen reproches, e todas a una.
Non cambiedes nunca, raparigas.

Xogaron: Lía, Marcela, Xiana, Lucia, Iria, Nuria, María, Raquel, Paula, Noa.
Por Mozan.

                                       

MINIBASKET

We Robots - Larpeiradas: 45 | Galogrín: 34

Partido moi igualado. Ao inicio do terceiro período, a diferenza era de tan só un punto. Foi nese cuarto no que conseguimos unha vantaxe de once puntos grazas a que aumentamos a intensidade defensiva e fixemos rápidos contraataques.
Non obstante, un quinto período moi frouxo fixo que o equipo visitante se puxera a tan só dous puntos. Tocaba volver empezar. E así foi, recuperamos as boas sensacións do terceiro período e recuperamos a vantaxe no marcador, rematando o partido once puntos por enriba. Bo partido dos nosos nenos!!!
A anotación foi de gran mérito pola cantidade de bandexas anotadas a unha man dende o bote, despois de dous ou tres pases buscando á compañeira ou compañeiro mellor colocado.
En definitiva, sorrisos que non cabían nas facianas dos e das nicrarienses que van collendo unha identidade como equipo e que cando conectan fan un bo baloncesto.

Xogaron: Celso, Dani, Álvaro, Óscar, Lucas. Lois, Alexo, Alex e Samu. 
Por Alex


                                                  


Cluny: 58 | Escolas Brión Lousame - Negreira CBPS: 23

Novo encontro para as Escolas Brión Lousame - Negreira CBPS diante do Cluny. Continuamos aprendendo a emparellarnos rápido na defensa e a tratar de ser mais constantes cada quen co seu home, sen que ninguén axude. Iso na defensa. No ataque, a grande insistencia é cambiar o ritmo e a velocidade co balón e sen el, ademais de separarnos entre nos.
Pouco a pouco imos conseguido iso e que todo o mundo se atreva a facer cousas co balón nas súas mans.

Xogaron: Sofía, Ángela, Dani, Pedro, Nacho, Adrián, Martín, Oscar, Alejandro e Egit.
Por Mozan.

                                        

MINIBASKET FEMININO

Tradigas - Procesados Portosin: 39 | Mimela EDM A Estrada: 18.

Nova vitoria do Tradigas - Procesados Portosin que chegaba con baixas e con varias xogadoras con molestias polo que 3 preminis tiveron que reforzar o equipo para cubrir o mínimo de 9. As rivais tamén contaban con varias baixas e só presentaron 7 xogadoras polo que partido xa estaba gañado. Así que o importante era non sufrir novas baixas.
Os dous primeiros períodos foron igualados pero pouco a pouco as estradenses foron acusando o esforzo e as diferenzas foron aumentando no marcador ata chegar ao 39-18 final.

Xogaron: Lucía, Xiana, Ana, Iria, Marcela, Lía e as preminis Paula, Ana e Carmen que debutaba.
Por David.

                                         

PREMINIBASKET

ADB Fontiñas: 46 | EB Negreira CBPS: 75

Por unha vez aos rapaces e rapazas da comarca do Barcala sentoulles ben madrugar e presentáronse na capital moi despertos e con fame de canastras. Ademais un día despois do Día da Muller, as nosas rapazas foron as que levaron o peso do partido e quen fixeron o mellor xogo.
De saída acadouse un bo marcador xa que as rapazas estaban enchufadas asinando un parcial de 10 a 16 ao noso favor. Era a quenda dos rapaces, os dous combinados máis fortes dos dous equipos e a anotación quedou en 8 para cada banquiño.
No seguinte tempo, outra vez as rapazas mandando no xogo e os rapaces lograban un novo empate no cuarto período.
O quinto e o sexto tamén se decantou para os do CBPS, con máis de dez puntos anotados, a nosa maior anotación en todos os partidos xogados. Todo grazas a un gran traballo en equipo, con moi boas defensas individuais e axudas cando os atacantes santiagueses escapaban as súas marcas.
Contraataques dende o noso campo con pases longos a xogadores e xogadoras nosas colocadas no campo contrario sen marca, permitiron conseguir canastras sinxelas e desenvolver un gran xogo en equipo.
Un gustazo!!! Seguiremos traballando.

Xogaron: Ana, Miguel, H. Barbeira, H. Quintáns, Paula, Carmen, Sophia, Álvaro e Nico.
Por Jose.

                                                           

Restaurante Portofino CBPS: 67 | San Pelayo: 16

Bo partido o disputado polos premini do Restaurante Portofino CBPS na matinal do sábado no pavillón do Restollal. Acudían os sonenses cas baixas de Brais, Elba e Dani polo que se completou a convocatoria con dous babys das Escolas —Aldán e Nico— que tiveron unha destacada actuación.
Comezaron fríos os sonenses nunha tónica que xa é habitual, custándonos entrar no xogo. Pasados uns minutos foron meténdose no partido todos os xogadores, apertando en defensa, roubando balóns para anotar canastras sen oposición, etc.
A partir do cuarto período mesmo puideron verse xogadas nas que os catro xogadores do Restaurante Portofino CBPS na cancha compartían o balón ata atopar unha situación máis doada de tiro, de igual forma houbo unha melloría no rebote non dando tantas opcións de tiro aos rivais.
Pouco a pouco vaise mellorando en todas as facetas de xogo no longo percorrido como xogadores que aínda están comezando.

Xogaron: Oscar, Lucas, Iker, Mauro, Iago, Jose, Aldán e Nico.
Por Beiro.

                                        

Brión CBPS: 18 | Milladoiro: 29

Gran traballo o dos Lobos de Brión este sábado contra o líder da clasificación, o Milladoiro. Moi bo xogo que fixo que o partido fóra igualado en case todos os períodos.
Realmente a mellora dos xogadores e das xogadoras deste equipo é impresionante e de seguro que seguirán cara adiante. 29-18 ao final do partido.

Xogaron: Sofía, Arume, Noa, Ainhoa R., Iria, Jeni, Martiño, Hugo, Xabi, e Manu.
Por Chechu.

                                   






mércores, 27 de febreiro de 2019

AS CRÓNICAS DUNHA NOVA XORNADA.

A visión da xornada polos adestradores.


BABYBASKET

LOBITOS DE BRIÓN CBPS


Nova xornada Babybasket pero desta vez FEGABA. 

Os lobitos de Brión xogaron dous encontros onde o balón non paraba de ir polo aire debido ao gran número de pases dun nen@ a outr@ . 
O mellor é ver como comparten a pelota , comon avanzan co bote alternando ambas mans e ca ilusión que lanzan a canastra. 
Dous partidazos onde disfrutaron moitísimo do deporte da canastra.
Seguro que quedaron con gañas de máis. 
Xogaron : 
Roi, Arume, Nuria, Jyjan, Gonzalo, Javi, Airas, Aldán e Nico.
Por Juan



PREMINIS


RESTAURANTE PORTOFINO CBPS 48 - LA SALLE 20                                    Os xogadores do Restaurante Portofino disputaron na cálida mañá de inverno o primeiro encontro da segunda volta desta segunda fase.
Foi un encontro no que os sonenses retrocederon na boa liña que viñan mostrando nos últimos encontros, especialmente en ataque, onde non fixeron caso dos seus adestradores á hora de colocarse, non ocupando espazos en moitos momentos e atropelándose os 8 xogadores en espazos pequenos.
Sí se mostrou moita máis enerxía en defensa a pesar de seguir concedendo moitos rebotes ofensivos ao equipo contrario e dando varias opcións de tiro ao rival dentro da mesma xogada. 
O problema co rebote vense acentuando nos últimos encontros.                        Xogaron:
Iker, Mauro, José, Elba, Dani, Iago, Lucas, Brais e Oscar.
Por Beiro




E. B. Negreira CBPS 39 - La Salle Proyde 18
Comezamos con retraso o noso encontro no Restollal, pero non fixo que perdéramos a ilusión e as gañas. 
Bo encontro das rapazas e rapaces, xogando dende a defensa, roubando moitos balóns e saíndo en rápidos contraataques.
Abusamos do tiro de media distancia por medo de acercarnos a canastra, estas decisións precipitadas, fixeron que ata o terceiro tempo non colléramos unha boa vantaxe na anotación.
Este tempo foi o mellor do partido, xa que ademáis de acerto, fixeron unha moi boa defensa non deixando anotar ó equipo da Salle.
Cada vez xogamos mellor en equipo, e os pases de larga distancia están sendo un sinal de identidade do E. B. Negreira CBPS.
Tamén os pases na zona buscando @ mellor situad@ para metela canastra, aínda que pareza que o aro é máis pequeno que o balón e non queira entrar.
Seguiremos traballando.
Xogaron:
Ana, Amaya, Miguel, H. Barbeira, H. Quintáns, Paula, Carmen, Sophia e Nico.
Por Jose.



LOBOS BRIÓN CBPS - BERTAMIRÁNS
De novo os Lobos de Brión fixeron unha gran actuación fronte o Bertamiráns. Sen dúbida foi a mellor defensa de todo o ano e ante iso pouco puido facer o equipo veciño. Esta equipa sigue mellorando cada semana e demostra que a súa calidade non ten final!
Xogaron:
Sofía, Ainhoa R e Ainhoa I, Noa, Martiño, Xabi, Manuel, Jeni, Dani e Helena.
Por Chechu

MINIBASKET

TRADIGAS PROCESADOS PORTOSÍN CBPS 24 - ROSALÍA 22
Por segunda semana seguida o Tradigas-Procesados Portosín estivo por debaixo do seu nivel e sufríu máis da conta para sacar adiante o partido.
O primeiro periodo foi claramente para un Rosalía que necesitaba moi pouco para anotar.
Nos dous seguintes periodos aumentamos o nivel defensivo e fomos acercándonos no marcador.
No seguinte volveu a agresividade en defensa de principio de tempada e o acertó de cara o aro conseguindo unha cómoda vantaxe.
Pero cando parecía que ía ser unha vitoria doada as santiaguesas fixeron un último esforzo e a punto estiveron de levarse o partido. 
O final vitoria sonense por 24 a 22 diante do Rosalía.
Xogaron:
Xiana, Ana, Iría, Marcela, Lía, Candela e as preminis Aitana, Paula e Amaya que debutaba cas minis.
Por David.



WE ROBOTS LARPEIRADAS 38 - CLUNY 20
Despois de casi un mes sen encontros, chegamos ao primeiro partido da segunda volta con ganas de competición.
Así, o demostraron os cativos do son que sairon moi enchufados con ataques moi rápidos e con moi poucos erros na defensa.  
Destacar unha vez máis o gran traballo de Lois nos rebotes en ataque, xenerando segundas e terceiras oportunidades que o equipo o agradece. XOGARON: 
LOIS, ÁLVARO, SAMU, ROI, LUCAS, CELSO, DANI, ALEX E ALEXO.
Por Mozan.




AMES 61 E. BRIÓN NEGREIRA LOUSAME CBPS 10
O equipo de Brion-Lousame-Negreira-CBPS enfrentábase a Ames prestos e dispostos a seguir ca súa aprendizaxe na propia competición. 
Destaca sobre todo as intencions de cada xogador e xogadora por compartir o balón co resto dos seus compañeiros o que nos custa numerosas perdas, pero que son ben asumidas e aceptadas por todos dado que as decisións que se toman neste senso, son as pertinentes, e as execucions e algo sobre o que temos que seguir traballando.
Pero paga a pena esas perdas de balón si conquerimos entre todos inculcar nos nosos xogador@s una mentalidad de equipo que perdure para toda a súa carreira. 
Benvidos o Porto Do Son donde o  máis importante e compartir o balón.
Xogaron;

Dani, Nico, Angela, Oscar, Alex, Pedro, Marcos, Nacho, Sofia, Rodrigo, Martin e Adrian.


PREINFANTIL

MARISTAS CHAMPAGNAT 39- EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS 59
Nesta maña de Domingo o EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS xogaba o seu derradeiro partido da 1º fase cos deberes feitos e xa clasificado para a seguinte fase do Top-8. 
Tocáballe visitar o equipo coruñes de MARISTAS, un equipo que foi de menos a máis durante a competición e que destaca polo seu bo lanzamento exterior.
As sonenses desplazábanse coa baixa de Carla e Lucía e a dúbida de Cris, que ó final puido xogar só 5 minutos por problemas físicos.
O equipo empezou moi durmido en defensa, e moi errático en ataque. Un reflexo de esto é que ao descanso o equipo local chegaba con un resultado favorable de 28 a 23 con un parcial de 19-11 no 2º cuarto.
Tralo paso polo descanso, o equipo reaccionou en defensa. Xa non concedíamos tantos tiros doados, e eramos moito máis agresivos no 1c1 o que facía roubar balóns importantes para anotar canastras doadas e así pouco a pouco fomonos escapando no marcador ata o definitivo 39 a 59 cun parcial no 2º periodo de 11 a 36.
Quizás as sonenses xogaron os peores minutos da tempada, pero foron capaces de cambiar o chip para demostrar que son merecedoras de estar entre os 8 mellores equipos de Galicia da categoría.
Agora toca recuperar as lesionadas, e tocadas, para poder competir na 2º fase.
Xogaron
Marta, Paula Castro, Noa, Paula Fernández, Sara, María,Cris, Iria e Candela, acompañadas por Carla no banquillo e o animo de Lucía que enferma non puido desplazarse.
Esta sema non hai xornada polo que o equipo seguirá adestrando coa intención de recuperar efectivos que van ser moi importante para a seguinte fase da competición e para dar calidade nos adestramentos xa que fai moito tempo que non pode adestrar o equipo ó completo.


NORABOA rapazas!!! A seguir traballando para ser cada día mellores co día anterior.  
Por Forés

INFANTIL FEMININO


PELETEIRO B 75 - PESCADOS BORMAR CBPS 58
El Pescados Bomar CBPS disputou na tarde noite do domingo, y a tenor do ambiente na grada por parte dos xiareiros do equipo local e a súa forma de festexar as canastras , un encontró no que se decidía o campionato de España da categoría.
O equipo local foi xusto vencedor o remate dos 40 minutos, xa que a excepción do primeiro cuarto en donde nós fomos quen de dominar o xogo e o marcador, o resto do tempo as colexialas mandaron no xogo claramente.
Absolutamente nada que reprochar as nosas xogadoras que se deixaron o alma sobre o cemento do pabellón en todo intre. 
O remate do encontró a bancada local estallo de xúbilo e alegría por haber acadado o campeonato ...Ah non, que era só un partido máis da liga regular.
En fin un pracer poder dirixir a este equipo cada fin de semana, onde a veces gañamos, a veces perdemos, pero siempre aprendemos.
Xogaron;
Lia, Marcela, Candela, Raquel, Maria, Lara, Nuria, Paula, Noa F, Noa.
Por Mozán


INFANTIL MASCULINO

CB BRÍON CBPS 29 - CB BARBANZA 62
Bo partido o xogade por o noso equipo infantil contra un rival que xoga francamente ben, e que en ningún intre da tregua o rival.Os nosos estIvieron mais agresivos en defensa comenzando a utilizar as mans con notable actividade. 
En ataque van pouco a pouco colocándose no campo de maneira mais axeitada, facilitándose así o xogo os uns os outros.
Destacar tamén o excelente ambiente no graderio e o apooo incondicional dos nosos siareiros. 
E por último sempre é un pracer enfrontarse a adestradoras coma as Alfonsinas, serias traballadoras e ca ilusión por bandeira. 
Xogaron:
Miguel, Pablo, Álvaro, Abel, Carlos, Hugo e Jaime. 
Por Mozan



CADETE FEMININO

RÓTULOS AGEITOS CBPS 73 - CB SANTA BAIA 23
Partido xogado o venres pola tarde en Trapa, no que as cadetes sonenses saíron moi confiadas ante un rival que vai a máis e que nunca deixa de loitar sexa cal sexa o resultado.
Así foi unha primeira metade para esquecer, moi pouca defensa e aínda que no primeiro cuarto e co empuxe do adestrador se collera vantaxe no marcador, no segundo, parecera que marchamos da pista. 
Non había defensa nin orde no ataque. Cada vez estábamos máis apáticas e só gañamos por un punto no parcial.
Tralo paso polo vestiario, as xogadoras do Rótulos Ageitos CBPS foron cambiando o chip e pouco a pouco subindo a intensidade na defensa e entrando no partido, facendo unha segunda metade moito máis seria e aínda que non estiveron o nivel de os partidos anteriores, si foron quen de darlle a volta a un encontro que tiña toda a pinta que se podia poñer moi costa arriba.
Nesta segunda metade, as do CBPS estiveron máis concentradas o que se reflexa na anotación de tódalas xogadoras habituáis, agás Carla que non rematou o encotro por faltas, pasaron de 10 puntos. 
Quén non anotou, pero estivo cerca, foi a nova incorporación Uxía. Benvida o equipo!
Noraboa a Yago, adestrador do equipo Boirense, o que se lle ve moita melloría en cada partido.
Pola nosa parte, esperamos recuperar algunha das xogadoras lesionadas e non ter máis baixas que non temos sitio na enfermaría.
Xogaron:
Uxia, Antía, Carla, Carmen, Noa, Andrea e Valeria
Por Jose.



CADETE MASCULINO

TIENDAS PILLADOS  A NOSA RÍA CBPS 103 - SANTA BAIA 34
Bo encontro do equipo local en liñas xerais. O Boiro planteXaba unha defensa onde flotaba moito en situacións exteriores pero o acerto na liña exterior fixo que collesemos ventaxas rápidas dende o inicio. 
Durante o encontro o equipo anotouo máis de 10 triplas. 
Sumando que o equipo correu moi ben ocupando as calles e case sen botes cada vez a ventaxa era máis ampla. 
Sinalar que o público pudo disfrutar do espectáculo de dous mates ( un deles de concurso ).
Quedan tres xornadas e cunha victoria máis o equipo será matemáticamente campión de grupo. 
Para cruzarse co segundo do outro grupo e optar a xogar a fase de ascenso.
Por Juan