A visión da xornada polos adestradores.
BABYBASKET
LOBITOS DE BRIÓN CBPS
Nova xornada Babybasket pero desta vez FEGABA.
Os lobitos de Brión xogaron dous encontros onde o balón non paraba de ir polo aire debido ao gran número de pases dun nen@ a outr@ .
O mellor é ver como comparten a pelota , comon avanzan co bote alternando ambas mans e ca ilusión que lanzan a canastra.
Dous partidazos onde disfrutaron moitísimo do deporte da canastra.
Seguro que quedaron con gañas de máis.
Xogaron :
Roi, Arume, Nuria, Jyjan, Gonzalo, Javi, Airas, Aldán e Nico.
Por Juan
PREMINIS
RESTAURANTE PORTOFINO CBPS 48 - LA SALLE 20 Os xogadores do Restaurante Portofino disputaron na cálida mañá de inverno o primeiro encontro da segunda volta desta segunda fase.
Foi un encontro no que os sonenses retrocederon na boa liña que viñan mostrando nos últimos encontros, especialmente en ataque, onde non fixeron caso dos seus adestradores á hora de colocarse, non ocupando espazos en moitos momentos e atropelándose os 8 xogadores en espazos pequenos.
Sí se mostrou moita máis enerxía en defensa a pesar de seguir concedendo moitos rebotes ofensivos ao equipo contrario e dando varias opcións de tiro ao rival dentro da mesma xogada.
O problema co rebote vense acentuando nos últimos encontros. Xogaron:
Iker, Mauro, José, Elba, Dani, Iago, Lucas, Brais e Oscar.Por Beiro
E. B. Negreira CBPS 39 - La Salle Proyde 18
Comezamos con retraso o noso encontro no Restollal, pero non fixo que perdéramos a ilusión e as gañas.
Bo encontro das rapazas e rapaces, xogando dende a defensa, roubando moitos balóns e saíndo en rápidos contraataques.
Abusamos do tiro de media distancia por medo de acercarnos a canastra, estas decisións precipitadas, fixeron que ata o terceiro tempo non colléramos unha boa vantaxe na anotación.
Este tempo foi o mellor do partido, xa que ademáis de acerto, fixeron unha moi boa defensa non deixando anotar ó equipo da Salle.
Cada vez xogamos mellor en equipo, e os pases de larga distancia están sendo un sinal de identidade do E. B. Negreira CBPS.
Tamén os pases na zona buscando @ mellor situad@ para metela canastra, aínda que pareza que o aro é máis pequeno que o balón e non queira entrar.
Seguiremos traballando.
Xogaron:
Ana, Amaya, Miguel, H. Barbeira, H. Quintáns, Paula, Carmen, Sophia e Nico.
Por Jose.
De novo os Lobos de Brión fixeron unha gran actuación fronte o Bertamiráns. Sen dúbida foi a mellor defensa de todo o ano e ante iso pouco puido facer o equipo veciño. Esta equipa sigue mellorando cada semana e demostra que a súa calidade non ten final!
Xogaron:
Sofía, Ainhoa R e Ainhoa I, Noa, Martiño, Xabi, Manuel, Jeni, Dani e Helena.
Por Chechu
MINIBASKET
TRADIGAS PROCESADOS PORTOSÍN CBPS 24 - ROSALÍA 22
Por segunda semana seguida o Tradigas-Procesados Portosín estivo por debaixo do seu nivel e sufríu máis da conta para sacar adiante o partido.
O primeiro periodo foi claramente para un Rosalía que necesitaba moi pouco para anotar.
Nos dous seguintes periodos aumentamos o nivel defensivo e fomos acercándonos no marcador.
No seguinte volveu a agresividade en defensa de principio de tempada e o acertó de cara o aro conseguindo unha cómoda vantaxe.
Pero cando parecía que ía ser unha vitoria doada as santiaguesas fixeron un último esforzo e a punto estiveron de levarse o partido.
O final vitoria sonense por 24 a 22 diante do Rosalía.
Xogaron:
Xiana, Ana, Iría, Marcela, Lía, Candela e as preminis Aitana, Paula e Amaya que debutaba cas minis.
Por David.
WE ROBOTS LARPEIRADAS 38 - CLUNY 20
Despois de casi un mes sen encontros, chegamos ao primeiro partido da segunda volta con ganas de competición.
Así, o demostraron os cativos do son que sairon moi enchufados con ataques moi rápidos e con moi poucos erros na defensa.
Destacar unha vez máis o gran traballo de Lois nos rebotes en ataque, xenerando segundas e terceiras oportunidades que o equipo o agradece. XOGARON:
LOIS, ÁLVARO, SAMU, ROI, LUCAS, CELSO, DANI, ALEX E ALEXO.
Por Mozan.
AMES 61 E. BRIÓN NEGREIRA LOUSAME CBPS 10
O equipo de Brion-Lousame-Negreira-CBPS enfrentábase a Ames prestos e dispostos a seguir ca súa aprendizaxe na propia competición.
Destaca sobre todo as intencions de cada xogador e xogadora por compartir o balón co resto dos seus compañeiros o que nos custa numerosas perdas, pero que son ben asumidas e aceptadas por todos dado que as decisións que se toman neste senso, son as pertinentes, e as execucions e algo sobre o que temos que seguir traballando.
Pero paga a pena esas perdas de balón si conquerimos entre todos inculcar nos nosos xogador@s una mentalidad de equipo que perdure para toda a súa carreira.
Benvidos o Porto Do Son donde o máis importante e compartir o balón.
Xogaron;
Dani, Nico, Angela, Oscar, Alex, Pedro, Marcos, Nacho, Sofia, Rodrigo, Martin e Adrian.
PREINFANTIL
MARISTAS CHAMPAGNAT 39- EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS 59
Nesta maña de Domingo o EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS xogaba o seu derradeiro partido da 1º fase cos deberes feitos e xa clasificado para a seguinte fase do Top-8.
Tocáballe visitar o equipo coruñes de MARISTAS, un equipo que foi de menos a máis durante a competición e que destaca polo seu bo lanzamento exterior.
MARISTAS CHAMPAGNAT 39- EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS 59
Nesta maña de Domingo o EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS xogaba o seu derradeiro partido da 1º fase cos deberes feitos e xa clasificado para a seguinte fase do Top-8.
Tocáballe visitar o equipo coruñes de MARISTAS, un equipo que foi de menos a máis durante a competición e que destaca polo seu bo lanzamento exterior.
As sonenses
desplazábanse coa baixa de Carla e Lucía e a dúbida de Cris, que ó
final puido xogar só 5 minutos por problemas físicos.
O equipo empezou
moi durmido en defensa, e moi errático en ataque. Un reflexo de esto
é que ao descanso o equipo local chegaba con un resultado favorable
de 28 a 23 con un parcial de 19-11 no 2º cuarto.
Tralo paso polo
descanso, o equipo reaccionou en defensa. Xa non concedíamos tantos
tiros doados, e eramos moito máis agresivos no 1c1 o que facía
roubar balóns importantes para anotar canastras doadas e así pouco
a pouco fomonos escapando no marcador ata o definitivo 39 a 59 cun
parcial no 2º periodo de 11 a 36.
Quizás as
sonenses xogaron os peores minutos da tempada, pero foron capaces de
cambiar o chip para demostrar que son merecedoras de estar entre os 8
mellores equipos de Galicia da categoría.
Agora toca
recuperar as lesionadas, e tocadas, para poder competir na 2º fase.
Xogaron
Marta, Paula Castro, Noa, Paula Fernández, Sara, María,Cris, Iria e Candela, acompañadas por Carla no banquillo e o animo de Lucía que enferma non puido desplazarse.
Marta, Paula Castro, Noa, Paula Fernández, Sara, María,Cris, Iria e Candela, acompañadas por Carla no banquillo e o animo de Lucía que enferma non puido desplazarse.
Esta sema non hai
xornada polo que o equipo seguirá adestrando coa intención de
recuperar efectivos que van ser moi importante para a seguinte fase
da competición e para dar calidade nos adestramentos xa que fai
moito tempo que non pode adestrar o equipo ó completo.
NORABOA
rapazas!!! A seguir traballando para ser cada día mellores co día
anterior.
Por Forés
Por Forés
INFANTIL FEMININO
PELETEIRO B 75 - PESCADOS BORMAR CBPS 58
El Pescados Bomar CBPS disputou na tarde noite do domingo, y a tenor do ambiente na grada por parte dos xiareiros do equipo local e a súa forma de festexar as canastras , un encontró no que se decidía o campionato de España da categoría.
O equipo local foi xusto vencedor o remate dos 40 minutos, xa que a excepción do primeiro cuarto en donde nós fomos quen de dominar o xogo e o marcador, o resto do tempo as colexialas mandaron no xogo claramente.
Absolutamente nada que reprochar as nosas xogadoras que se deixaron o alma sobre o cemento do pabellón en todo intre.
O remate do encontró a bancada local estallo de xúbilo e alegría por haber acadado o campeonato ...Ah non, que era só un partido máis da liga regular.
En fin un pracer poder dirixir a este equipo cada fin de semana, onde a veces gañamos, a veces perdemos, pero siempre aprendemos.
Xogaron;
Lia, Marcela, Candela, Raquel, Maria, Lara, Nuria, Paula, Noa F, Noa.
Por Mozán
Lia, Marcela, Candela, Raquel, Maria, Lara, Nuria, Paula, Noa F, Noa.
Por Mozán
INFANTIL MASCULINO
CB BRÍON CBPS 29 - CB BARBANZA 62
Bo partido o xogade por o noso equipo infantil contra un rival que xoga francamente ben, e que en ningún intre da tregua o rival.Os nosos estIvieron mais agresivos en defensa comenzando a utilizar as mans con notable actividade.
En ataque van pouco a pouco colocándose no campo de maneira mais axeitada, facilitándose así o xogo os uns os outros.
Destacar tamén o excelente ambiente no graderio e o apooo incondicional dos nosos siareiros.
E por último sempre é un pracer enfrontarse a adestradoras coma as Alfonsinas, serias traballadoras e ca ilusión por bandeira.
Xogaron:
Miguel, Pablo, Álvaro, Abel, Carlos, Hugo e Jaime.
Por Mozan
Por Mozan
CADETE FEMININO
RÓTULOS AGEITOS CBPS 73 - CB SANTA BAIA 23
Partido xogado o venres pola tarde en Trapa, no que as cadetes sonenses saíron moi confiadas ante un rival que vai a máis e que nunca deixa de loitar sexa cal sexa o resultado.
Así foi unha primeira metade para esquecer, moi pouca defensa e aínda que no primeiro cuarto e co empuxe do adestrador se collera vantaxe no marcador, no segundo, parecera que marchamos da pista.
Non había defensa nin orde no ataque. Cada vez estábamos máis apáticas e só gañamos por un punto no parcial.
Tralo paso polo vestiario, as xogadoras do Rótulos Ageitos CBPS foron cambiando o chip e pouco a pouco subindo a intensidade na defensa e entrando no partido, facendo unha segunda metade moito máis seria e aínda que non estiveron o nivel de os partidos anteriores, si foron quen de darlle a volta a un encontro que tiña toda a pinta que se podia poñer moi costa arriba.
Nesta segunda metade, as do CBPS estiveron máis concentradas o que se reflexa na anotación de tódalas xogadoras habituáis, agás Carla que non rematou o encotro por faltas, pasaron de 10 puntos.
Quén non anotou, pero estivo cerca, foi a nova incorporación Uxía. Benvida o equipo!
Noraboa a Yago, adestrador do equipo Boirense, o que se lle ve moita melloría en cada partido.
Pola nosa parte, esperamos recuperar algunha das xogadoras lesionadas e non ter máis baixas que non temos sitio na enfermaría.
Xogaron:
Uxia, Antía, Carla, Carmen, Noa, Andrea e Valeria
Por Jose.
CADETE MASCULINO
TIENDAS PILLADOS A NOSA RÍA CBPS 103 - SANTA BAIA 34
Bo encontro do equipo local en liñas xerais. O Boiro planteXaba unha defensa onde flotaba moito en situacións exteriores pero o acerto na liña exterior fixo que collesemos ventaxas rápidas dende o inicio.
Durante o encontro o equipo anotouo máis de 10 triplas.
Sumando que o equipo correu moi ben ocupando as calles e case sen botes cada vez a ventaxa era máis ampla.
Sinalar que o público pudo disfrutar do espectáculo de dous mates ( un deles de concurso ).
Quedan tres xornadas e cunha victoria máis o equipo será matemáticamente campión de grupo.
Para cruzarse co segundo do outro grupo e optar a xogar a fase de ascenso.
Por Juan