AS
CRÓNICAS DOS NOSOS ADESTRADORES.
Grazas ao noso colaborador Manolo Barreiro.
PREMINI
E.B.
Negreira CBPS: 23 | Pellets Vagalume Brión CBPS: 45
Por
Jose
Serán
caloroso na capital. Dous equipos da comarca de Compostela
presentáronse no Restollal para xogar o derbi CBPS de montaña. Os
de Brión con moitas unidades e os de Negreira con tres baixas que
deixaban o equipo moi coxo. Así e todo, defenderon o partido con
garra.
Os negreireses non conseguiron dominar o xogo en ningún período aínda que no cuarto e o quinto gañaron os tanteos parciais. A vantaxe dos brioneses era moi ampla. No derradeiro tempo, co cansazo facendo estragos, a diferenza aínda foi máis grande.
Os negreireses non conseguiron dominar o xogo en ningún período aínda que no cuarto e o quinto gañaron os tanteos parciais. A vantaxe dos brioneses era moi ampla. No derradeiro tempo, co cansazo facendo estragos, a diferenza aínda foi máis grande.
Noraboa
aos veciños e a seguir traballando.
Xogaron:
Ana,
Sophia, H. Barbeira, H. Quintáns, Álvaro, Carmen e Nico.
La
Robleda Basketdeza Mixto: 56 | Restaurante Portofino CBPS: 6
Por
Beiro
Presentouse
o Restaurante Portofino CBPS con moitas baixas noutra xornada de
sábado no Restollal. Os sonenses con 7 xogadores —o que permitiu
que todos gozarán dun bo número de minutos de xogo— fixeron un
grande esforzo a pesar da desvantaxe no marcador e pelexaron durante
todo o partido sen descanso. Salientar sobre todo o xogo desenvolvido
no quinto e sexto cuarto, cando se decataron de que xogando como
equipo e compartindo o balón entre os 4 xogadores que estaban na
pista encontraban mellor a forma de acadar máis canastras que nos
catro primeiros cuartos. Destacar a estrea de Noelia que fixo un gran
partido malia non adestrar habitualmente con estes compañeiros.
Xogaron:
José,
Iker, Mauro, Elba, Noelia, Oscar e Lucas.
MINI
MASCULINO
We
Robots Larpeiradas: 42 | AMES: 26
Por
Alex
Un
partido máis moi irregular dos nosos nenos. Non conseguimos estar
concentrados no encontro os seis períodos. Un segundo e cuarto
período para esquecer. Temos que seguir traballando para evitar
estes apagóns. O positivo é que, cando queremos, somos un equipo
moi forte na presión alta, con moita rapidez nas contras e con gran
fluidez á hora de mover o balón. Pasiño a pasiño chegaremos ao
noso obxectivo.
Xogaron:
Roi,
Alex, Dani, Álvaro, Alexo, Lois, Samu, Celso e Lucas.
Galogrin:
64 | Escolas Brión-Lousame-Negreira-CBPS: 14
Por
Mozan
O
equipo selección
de Brión-Lousame-Negreira-CBPS
amosou
diante
do rival unha grande atención para ser
quen
de colocarse en defensa de xeito moito máis
adecuado que nos anteriores encontros. Feito
moi
meritorio
dado que se trata de algo que non adestramos.
Moi
ben tamén
os nosos xogadores
á
hora de sacar moi rápido de fondo tras recibir
canastra,
sen perder un só
segundo en lamentarse
polo acerto do rival.
Seguimos
pasándoo
en grande
e
seguirémolo
facendo, ademais de facelo cada
día mellor.
Xogaron:
Sofía,
Nacho, Marcos, Nico, Pedro, Egit, Oscar, Martín,
Rodrigo, Alex, Daniel e
Adrián.
MINI
FEMENINO
Tradigas
- Procesados Portosín:
27 | Ames: 30
Por
David
Os
numerosos erros de cara ao aro e un segundo período moi malo
penalizaron o Tradigas
- Procesados Portosín
no encontro contra un Ames que mellorou moito desde a primeira volta.
A superioridade física das de Ames resultou determinante nos dous
aros e só no último período fomos capaces de superalas no xogo
pero isto non foi abondo para levarse o partido.
Xogaron:
Lucía,
Xiana, Ana, Iria, Marcela, Lía e as preminis Aitana, Carmen, Helena
e Sophia.
INFANTIL
FEMININO
Rosalía
: 25 | Pescados Bormar 69
Por
Juan
O
equipo infantil feminino volveu a victoria nun encontro onde todas as
xogadoras foron protagonistas. Un inicio de 20 – 0 foi suficiente
para marcar as diferenzas.
A
partir dese momento as xogadoras buscaban accións de moitos pases.
Gran
encontro das nosas rapazas.
Xogaron:
Noa,
Noa I. , Paula, Raquel, María, Nuria, Iria, Marcela, Lía e Xiana
INFANTIL
MASCULINO
Pellet Vagalume Brion
CBPS: 32 | Lalín: 54
Por
Mozán
O
equipo Infantil
do Brión-CBPS
xogou coma nunca e aprendeu coma sempre. A verdade é
que os nosos xogadores amosaron durante o partido unha gran cantidade
de accións
técnicas básicas
moi
ben executadas. Magníficos pases sobre bote, conducións
do balón a campo aberto, excelentes
portas
atrás, cortes, actividade das mans na defensa, etc., que fixeron as
delicias dos que estaban a presenciar o partido e,
por suposto,
de todos nos. Todo froito
dunha
boa colocación na pista, respectando cada quen os espazos
dos
demais.
Xa
só
queda agardar o próximo adestramento e seguir gozando
de
cada instante na pista.
Xogaron:
Pablo,
Jaime, Miguel, Álvaro, Abel, Unai, Hugo, Carlos
e
Mateo.
PREINFANTIL
Celta
Zorka: 59 | Excavaciones
Darío - Bodegón El Pescador CBPS:
9
Por
Forés
Este
domingo as nosas rapazas do Excavaciones
Darío - Bodegón El Pescador CBPS
visitaban a pista do líder da categoría, un equipo poderoso.
Desprazabámonos a Vigo con ilusión pero sabendo que ía ser moi
difícil competir.
O
inicio do partido foi claro: un parcial de 19 a 0 para as locais.
Pode ser pola hora do partido, as 10:30 h. (saímos ás 7:40 h.),
polos nervios ou simplemente por saír sen tensión. Pouco a pouco
fomos meténdonos no partido, xogando con máis criterio e defendendo
mellor, pero iso non é suficiente para competir ante un equipo que
ten moito máis ritmo de xogo, defende mellor os 1x1 e, en
definitiva, ten moito máis baloncesto que nós.
Co
paso dos minutos, a diferenza foise incrementando ata o definitivo
59-9 que fala ben das diferenzas entre ambos os dous equipos a día
de hoxe. Este é un partido para aprender e para ver no que temos que
mellorar para competir.
De
todos modos, non se pode esquecer que o Celta representa unha cidade
coma Vigo, onde a súa poboación multiplica por 10 a nosa e onde
teñen moitas nenas da mesma xeración. Temos o mérito de xogar
nunha liga moi esixente competindo coas grandes cidades galegas. E
non só competimos, estamos entre os 8 mellores equipos, gran mérito
e máis aínda se é con innumerables problemas físicos do equipo!!!
Agora
a recuperarse, a adestrar e a pensar no seguinte partido de liga
fronte ao Seis do Nadal, tamén de Vigo.
Xogaron:
Noa,
Castro, Fernández, Iria, Lucía, Marta, Sara, María e Cris. Tamén
se desprazaron, aínda lesionadas, Carla
e Candela.
CADETE
FEMININO
Rótulos
Ageitos CBPS: 71 | CB Noia A Roufana: 40
Por
Jose
Outro
derbi que non decepciona. As noiesas saíron máis concentradas que
as sonenses que cun xogo trabado, cheo de faltas e moi intermitente,
conseguiron gañar o cuarto. A intensidade no xogo e no banco son moi
grandes, como algúns dos despistes das xogadoras do CBPS, facendo
que o adestrador local teña que abandonar cancha por dúas
técnicas.
Esta
situación serve de acicate para as xogadoras do Rótulos Ageitos
que, en cadro polas lesións e coa axuda das preinfantís, lle dan a
volta a un partido que tiña visos de ser unha agonía.
No
segundo cuarto, cun parcial de 9-0, chegamos ao descanso 3 puntos
arriba.
No
terceiro cuarto, as locais, moi metidas no encontro, xogando cunha
inspirada María (infantil de primeiro ano), acadan un 16-0 que dá a
tranquilidade da vitoria pero as sonenses, aínda que se protexe as
xogadoras tocadas por lesións, non baixan o ritmo e no derradeiro
cuarto rexistran un 12-0, deixando o marcador en 71-40 para restar
outro partido na loita pola clasificación.
O
peor foi ter que engadir unha lesionada máis a listaxe.
En
fin, outra semana de recuperación, outro partido máis e a
tranquilidade de que hai canteira.
Xogaron:
Antía,
Uxía, Carla, Noa, Carmen e Valeria.
E as preinfantís: María,
Sara, Paula C. e Paula F.
CADETE
MASCULINO
Tiendas
Pillados - Parrillada A Nosa Ría CBPS: 76
| Rosalía de Castro: 39
Por
Juan
Gran
posta en escena dos nosos cun gran primeiro cuarto onde o balón se
pasaba con moita fluidez e chegaban canastras doadas.
Os
rapaces ensaiaban o adestrado durante a semana renunciando as veces a
xogar 1x1 claros.
A
nivel defensivo o equipo estivo moi activo e agresivo.
Mais
todo isto só durou un cuarto. A medida que transcorría o encontro o
equipo íase apagando en parte polo bo facer do rival que ensaiou
diferentes opcións tácticas.
Tras
este encontro só queda viaxar á Compañía para intentar pechar
esta primeira fase da liga invictos e loitar nas semifinais contra o
Ames para lograr unha das prazas que dean o pase á fase de ascenso.
Para isto o traballo semanal será fundamental.
Xogaron:
Denis,
Fran, Manuel, Henok, Isaac, Andrés, Abel, Martín, Noel, Marcos e
Isma.