Unha nova crónica , unha xornada máis para seguir aprendendo dos erros.
Así vivirón a xornada os nosos adestradores.
BABYBASKET
Baby CBPS - Baby Pellets Vagalume Brión.
Por
Juan.
Excelente
xornada de iniciación ao baloncesto xunto cos equipos do C.B. Outes,
C.B. Rianxo e Santa Baia no polideportivo de Portosín.
Destacar
a ilusión e compañerismo entre todas as equipas participantes.
Canastras de todas as cores e sabores de todas as equipas. Xogo en
grupo, solidaridade, deportivividade e todos os valores que transmite
o noso deporte.
Unha
xornada onde todos e todas gañaron.
MINIBASKET
FEMININO
Compañía
de María: 25 |
Tradigas-Procesados Portosín CBPS: 19
Por
David.
A
superioridade física do equipo da Compañía de María foi
determinante no partido deste sábado en Santiago. As rapazas do
Tradigas-Procesados Portosín, aínda así, empezaron dominando o
partido dende a defensa e deixaron ás santiaguesas en tan só 7
puntos nos 4 primeiros períodos, pero o cansazo e as molestias
físicas fixeron que baixase a intensidade e, nos últimos dous
períodos, as rivais impuxeron o seu dominio nos dous aros e
leváronse, finalmente, o triunfo cun marcador de 25-19.
Xogaron:
Lucía,
Xiana, Ana, Iría, Marcela, Lía
e as preminis Paula,
Aitana
e Ana.
MINIBASKET
MASCULINO
We
Robots-Larpeiradas: 39 | Ames: 28
Por
Alex.
Partido
moi completo dos nosos nenos. Saímos moi enchufados
e o que pedimos en xornadas anteriores por fin o cumprimos: case
ningún despiste, moita intensidade na defensa, boas contras e bos
momentos en estático cando o rival nos freaba. O marcador non
reflicte o que foi o partido xa que, ata o último período, non
conseguimos irnos no electrónico.
Agora
a continuar con este bo desempeño xa que a vindeira xornada será
clave para afianzar o segundo posto na clasificación.
Xogaron:
Lucas,
Roi, Celso, Álvaro, Dani, Lois, Alexo, Alex e
Samu.
INFANTIL
MASCULINO
Paco's
Moda Garaxe Xuño CBPS: 86 | La Salle: 36
Por
Bule.
Os
rapaces do Paco's Moda Garaxe Xuño CBPS presentábanse o sábado en
Trapa con dous homiños un chisco máis vellos, pero para sabios
aínda lles queda. Iso si, antes de irse de marcha, había que
disputar un partido fronte a un rival, o La Salle, que na ida vencera
de 4 nun partido de grandes escapadas e final en esprint; unha
batalla preciosa.
Desta
volta, sen saber a ciencia certa se foi polo sol, o pole, o exemplo
das cadetes ou as gañas de festas, o equipo local saíu
enchufadísimo
e, dende o minuto 1, dominou no xogo e no marcador a un rival que non
atopaba solucións para frealos. E por unha vez, a ver se serve de
precedente, ao acerto ofensivo os sonenses sumaron unha grande
actividade defensiva, malia contar coa baixa do seu mellor defensor
de axudas, Jaime.
Durante
40 minutos, os infas
ofreceron a súa mellor versión, sen cara B desta volta. Nesta
tormenta perfecta, La Salle, sen moito acerto cara o aro, pouco puido
facer. E é de agradecer que, nestes tempos de covardía táctica,
con zonas «resultadistas» máis ou menos encubertas para trampear e
vivir do fallo alleo, a adestradora visitante non renunciou nunca aos
seus principios e deixou que os rapaces asumiran as súas
responsabilidades en defensa. O marcador dirá o que queira, pero hai
vitorias que van máis alá dos números.
Total:
tarde de alegrías, doces e satisfacción. Que se repita, por favor.
Xogaron:
Henok,
Manu C., Manu B., Leo, Samu, Pablo
e Hugo.
Riveira:
61 | Brion CBPS: 22
Por
Mozan.
Novo
encontro diante dun rival xa coñecido no que os xogadores do Brión
CBPS, ademais de estrear unha nova e bonita equipación, tamén
tiveron que «estrear» tiros a distancia, ás veces moi ben
seleccionados e noutras ocasións demasiado defendidos.
Notable
mellora no primeiro balance defensivo e excelente actitude e
comportamento dos nosos Lobos. Segue sendo un pracer poder adestralos
e, coma non, estar arroupados por unha masa de seareiros de 10. Que
siga a festa!!!
Xogaron:
Miguel,
Pablo, Jaime, Álvaro, Abel, Carlos, Hugo
e Unai.
INFANTIL
FEMININO
Cluny
006: 32
| Pescados
Bormar CBPS: 65
Por
Bule
Unha
tempada é unha suma de momentos que hai que xestionar. Hai momentos
doces, hai momentos bos e hai momentos malos. Na xestión de todos
estes momentos, e na química que se xera dentro do equipo, repousa o
éxito dunha tempada máis alá dos propios resultados.
O
problema desa química é que é tan inestable coma conducir un
camión de nitroglicerina polas pistas montañosas dun recuncho
hostil. Calquera golpe, mala decisión, insidia e bum!!! Todo salta
polos aires. Coma ese óso do dedo maimiño que impacta contra a bóla
e rompe. Ou ese xeonllo que se torce nunha das mil caídas que tes ao
longo do ano. Coma ese músculo xa cargado ao que obrigas a subir e
baixar escaleiras. Nunca pasa nada ata que pasa. Pero hai que seguir
contra vento, marea e linguas. Hai que seguir... que para iso
empezamos.
En
Cluny seguimos. Co benvido retorno de Carla; coa cada vez máis
interesante participación de María e Raquel, que en cada partido
dan un paso máis; con Paula sempre presente; coas minis
Iria, Xiana e Marcela saíndo á cancha sen medo. Sen Noa e o seu
dedo maimiño, sen Nuria indisposta pero apoiando in
situ,
sen Lara e os seus músculos caprichosos, con e sen o xeonllo da Noa
peque. Presentes e ausentes, todas elementos necesarios na fórmula
deste equipo.
Non
sabemos como rematará este experimento, mais si sabemos que as
fórmulas máxicas non existen. No afastado e feroz Oeste algún
probou a vendelas e só hai que ver como acabaron.
Xogaron:
Noa
, Carla, Raquel, María, Iria, Xiana
e Marcela.
CADETE
MASCULINO
Básquet
Ames: 23
| Tiendas
Pillados Parrillada A Nosa Ría CBPS: 65
Por
Juan.
Encontro
de ida das semifinais de liga que enfrontaba a Tiendas Pillados
Parrillada A Nosa Ría como campión do grupo B contra Básquet Ames,
subcampión do grupo A.
O
ganador desta eliminatoria obterá un pase á fase de ascenso da liga
galega.
Os
sonenses saíron moi centrados cun alto nivel defensivo que facía
que os de Ames perdesen o balón en primeira liña e se lograsen
canastras doadas.
Cando
a defensa estaba formada, o equipo atacaba con bo criterio e
equilibrio entre o tiro exterior e o xogo interior.
Chegouse
ao descanso con 36 puntos de diferenza. Os adestradores non querían
relaxación pero o certo é que os rapaces do CBPS baixaron o nivel
de concentración, erraron moitas canastras doadas e minguou o nivel
de anotación.
Ao
final, 42 puntos de marxe.
Neste
próximo venres, o equipo deberá saír igual de concentrado para
evitar sorpresas e gozar dunha final de liga pero xa coa satisfacción
de ter conseguido o obxectivo de poder loitar noutra fase de ascenso
máis.
Xogaron:
Fran,
Isma, Martín, Andrés, Noel, Isaac, Denis, Marcos, Henok e
Manu.
Non xogaron por lesión Abel e Pinaya.
CADETE
FEMININO
Rótulos
Ageitos CBPS: 70
| La
Salle: 54
Por
Jose.
Recuperación
do partido pendente desde hai xa varias semanas que se celebrou na
noitiña do venres 29.
As
locais saíron á cancha algo durmidas e sen as ideas claras en
ataque. A defensa moi frouxa e sen intensidade.
No
minuto 5 do primeiro cuarto caeu, ou lamentablemente máis ben
recaeu, lesionada Carla e volve sumarse outra xogadora máis á xa
ateigada enfermería do equipo.
Tras
unha primeira parte moi frouxa, pasamos polo vestiario e, no comezo
da segunda parte, as preinfantís colleron as rendas do equipo e
deron unha lección de xogo e sobre todo de actitude.
O
xogo coas catro pequenas e Antía ten outra intensidade, roubando
balóns, saíndo ao contraataque e sendo moito máis directas cara á
canastra.
Temos
que ter máis calma para tomar decisións acertadas e máis ritmo e
agresividade tanto no ataque coma na defensa. Esperemos que se
reverta esta racha de lesións e malos partidos e comecemos a xogar
como sabemos.
Xogaron:
Antía,
Carla M., Sabela, Martina, Noa F., Andrea e Valeria
e as preinfantís: María,
Noa l., Carla V.
e Paula.
Rótulos
Ageitos CBPS: 56
| Santa
Baia A: 60.
Por
Jose.
Non
puido ser a loita pola segunda posición da clasificación. Non foi
cousa dun día ou dun partido, senón de actitude e de varias cousas
a traballar para poder mellorar en próximas tempadas.
Outro
galo cantaría se tivesemos sempre a afouteza e as gañas que puxemos
neste encontro. Un partido dos que gusta xogar aínda lesionada ou
sen estar ó 100%. Ningunha quería vir para o banco.
De
inicio, as xogadoras saíron mordendo en defensa, mágoa dos erros en
ataque (tónica que se mantivo durante todo o partido), pero a
intensidade defensiva víase reflectida no baixo tanteo: 7 a 10 ao
final do primeiro cuarto.
No
segundo cuarto tivemos un baixón defensivo no que as boirenses
colleron a vantaxe que xestionaron no resto do encontro, 11 puntos
que valeron ouro.
Tras
o paso por vestiarios no descanso, as sonenses volveron coller o bo
camiño e agás algúns despistes defensivos e malas decisións en
ataque, fóronlle dando a volta ao encontro.
No
derradeiro cuarto, puxemos todo o que había, con cambios defensivos
que descolocaban ás rivais e percutindo en ataque, logrando eliminar
a xogadoras moi importantes.
No
resultado foi determinante o noso baixo acerto dende a liña de
persoal, tanto que teríamos gañado o partido con marxe se
acertaramos tan só un 50% dos tiros libres lanzados.
Finalmente
non puido ser, aínda que perder desta forma non é tanto unha perda
coma unha aprendizaxe para o futuro.
Bravo
rapazas!!! Esta é a senda a seguir!!!
Xogaron:
Mariña,
Antía, Sabela, Martina, Carmen, Noa F., Andrea
e Valeria,
e
as preinfantís: Carla
V., Noa I., Paula
e María.