luns, 23 de setembro de 2019

A conquista da Torre de Hércules


ORGULLOSAS DE COMO SODES, UNHAS DEPORTISTAS DE 10.

O sábado as 16:00 na Estrada, Porto do Son ten unha cita co baloncesto galego.

Un domingo de setembro un grupo de 5 rapazas dun pobo que non chega a 10.000 habitantes axudadas con 3 nenas de Riberia chegaban á Coruña ( 2ª cidade en poboación de Galicia, 250.000 habitantes ) para xogarse a clasificación á final da fase previa de ascenso á Liga Galega.
Dese grupo de 8 rapazas valentes dábanse as seguintes circunstancias:
-  Lía ausentábase por mor dunha viaxe familiar.
- Iria torcía un pé a metade de semana e non podía xogar pero alí estaba axudando ás súas compañeiras e animando no banquillo.
Saltamos a pista 6 xogadoras: 
- Marcela  de categoría minibasket.
- Alba que xogaba o terceiro partido da súa vida.
- Noa con molestias na espalda 
- Sara, María e Paula en perfectas condicións.
A nosa intención era competir e dar o máximo tal e como fixemos nos anteriores encontros.
Saimos cunha presión a toda pista como si fósemos un equipo con 12 xogadoras, o que nos permitíu coller unha ventaxa dun parcial de 1 a 10.
Pero quedaba moito por diante e cunha rotación tan escasa decidimos baixar a intensidade defensiva aínda a  sabendas que as coruñesas nos pisarían os talóns.
E así foi. O Basket Coruña remontaba e o encontro igualábase. Chegabase ao descanso co guión previsto, 1 punto arriba para nós. 

No descanso falamos da segunda parte do plan, aguantar o terceiro periodo con ataques máis elaborados e sen presionar a toda pista para gardar folgos de cara aos últimos minutos. 
Todo semellaba ir ben, encontro igualado ata que a falta de 2 minutos nos poñíamos 5 puntos abaixo no electrónico. Tempo morto para decir que era o momento de dar ese plus que tiñamos gardado. Tiñamos que presionar a toda pista e facer dous contra uns para levar as coruñesas  a cometer erros. 
E así foi, non meteron máis canastras e con un tiro que nos poñía por diante chegábase ao final. 50 - 51 e victoria nosa.

Un auténtico partidazo onde as nosas nenas derrocharon entrega, sacrificio, esforzo, lealtade e moito moito baloncesto.
Un traballo recoñecido polo público coruñés que aplaudíu como se gañase o seu equipo ao remate do encontro. 
A victoria permite que esta rapazas xoguen o próximo sábado ás 16:00 horas na Estrada ante o Porriño na final da fase previa da fase de ascenso.O premio do gañador será o ascenso á Liga Galega.

Pero o verdadeiro premio da vitoria foi o compromiso de club destas nenas e sobre todo un xesto que as fai aínda máis grandes. Ao remate do encontro sairon todas a aplaudir as súas compañeiras do Basket Coruña e achegáronse a abrazarlas, animalas  e felicitalas.
Para nós ese é o maior éxito coma club.