AS
CRÓNICAS DOS NOS@S ADESTRADOR@S
BABYBASKET
Por Chechu
Magnífica
xornada de babybasket a desenvolvida no pavillón Alonso Rodríguez
de Noia. As nosas nenas e nenos gozaron de dous encontros, ante Cluny
e Compañía de María, nos que puideron amosar todas as melloras que
practican nos adestramentos. Un xogo moi fluído con pases e
carreiras permitiu que todas e todos participaran e competiran.
Xogaron:
Jîyan, Roi, Airas, Arume, Javi,
Nico, Nuria, Iago, Hugo e
Gonzalo.
PREMINI
Pellets
Vagalume Brión CBPS: 56 | A.D. Fontiñas: 47
Por Chechu
Competido
o partido xogado á primeira hora do sábado polos lobos de Brión no
pavillón do Restollal. Malia un comezo con dúbidas, as nenas e
nenos souberon tomar o control do encontro. Os primeiros catro
períodos foron igualados pero no quinto e sexto a defensa dos
brionenses foi un muro para os da capital. Segue a mellora dos equipo
que vai camiño de acabar a tempada nunha posición moi meritoria.
Xogaron:
Sofía, Iria, Hugo, Manu, Noa, Jeni, Martiño, Dani, Arume e
Xabi.
EBM
Ames Bertamiráns: 43 | EB Negreira CBPS: 46
Por Andrea
Saíron
os rapaces nicrarienses á cancha contra os veciños do val da Mahía
e, a pesar de perder de dous no primeiro período, no segundo e no
terceiro deixaron atrás ao equipo contrario con moitos puntos de
diferenza grazas aos pases para mover o balón e facer sitio para
acabar os tiros sós.
No
cuarto e no quinto período cambiaron as tornas, coma no primeiro
tempo, perdendo balóns por moitos pases mal executados e tiros sen
mirar ao aro.
O
último período foi o máis intenso, cun empate a catro, grazas ás
defensas dos dous equipos e aos tiros non acertados.
Estiveron
moi ben os pases a unha man nalgunhas ocasións, os reversos para
irse dos defensores e as entradas e tiros practicados nos
adestramentos. O que falta é calma nos momentos intensos para evitar
eses pases que son roubados polas defensas e ter menos despistes á
hora de buscar o rebote despois dun tiro.
Ánimo
rapaces/as, a seguir traballando!!!
Xogaron:
Ana, Sophia, Miguel, Barbeira,
Quintáns, Paula, Álvaro, Carmen, Amaya e
Nico.
Restaurante
Portofino CBPS: 51 | Galogrín: 29
Por Beiro
Intenso
partido o disputado na calorosa mañá do último sábado de inverno.
Acudían os sonenses coas baixas de Elba, Noelia e os irmáns Hall. O
partido foi un cara a cara moi discutido e igualado durante os tres
primeiros cuartos nos que nos penalizou unha mala defensa e as moitas
opcións de tiro que tiñan os santiagueses debido ao mal que
pechabamos o rebote.
Foi
no cuarto período no que, liderados por un destacado Iago Fernández
(e non me gusta salientar as individualidades), os sonenses acadaron
unha vantaxe entorno aos 20 puntos que xa foi definitiva.
Nos
dous últimos períodos pechouse o aro para os dous equipos e moveuse
pouco o marcador.
A
destacar que dos oito xogadores que participaron, sete foron capaces
de anotar.
Xogaron:
Iker, Mauro, Dani, Iago, Óscar, Lucas, Brais e
José.
MINI
FEMININO
Tradigas
Prodemar CBPS: 35 | CLUNY: 15
Por David
Regresou
á senda da vitoria o Tradigas-Procesados Portosín que se mostrou
superior ao Cluny durante todo o partido. A nivel defensivo, a
consigna de que non nos superaran foi cumprida notablemente e, por
varias veces, as santiaguesas non foron quen de lanzar nos 24
segundos.
En
ataque fomos capaces de compartir máis o balón que noutros partidos
aínda que é mellorable o xogo neste aspecto. Destacar a melloría
das rapazas premini e das que comezaron este ano.
O
resultado (35 - 15) mantennos na pelexa pola Liga.
Xogaron:
Lucía, Xiana, Ana, Iría,
Marcela e Lía e as preminis
Aitana, Paula e
Ana.
MINI
MASCULINO
We
Robots - Larpeiradas: 34 | Obradoiro: 51
Por Alex
Partido
complicado esta fin de semana no que os dous equipos pelexaban polo
segundo posto. Unha semana máis, o partido foi moi intermitente cun
segundo cuarto pésimo que fixo que o Obradoiro collese unha vantaxe
que nos foi imposible remontar. Aínda así, o equipo nunca baixou os
brazos e seguiu intentándoo durante todo o encontro.
O
equipo sabe facer cousas moi ben: cortes xerando vantaxe, rápidos
contraataques e bos 1x1. Agora toca traballar e mellorar outros
aspectos como o balance defensivo e ser máis duros no rebote.
Moi
orgulloso duns nenos que fan que un equipo como o Obradoiro teña que
subir preminis para poder plantarlles cara. Que sorte teñen os nosos
nenos de saber que sempre van xogar sexa quen sexa o rival!!!
Xogaron:
Martiño, Lucas, Celso, Dani,
Samu, Álvaro, Roi, Alex e
Lois.
Bertamiráns:
58 | Escolas Brión-Lousame-Negreira CBPS: 8
Por Mozan
As
Escolas
de Baloncesto Brión-Lousame-Negreira
CBPS xogaron
un novo partido no que foron quen de levar
á
práctica
bastantes accións
técnicas que, pouco a pouco, van interiorizando como
propias:
cambios
de man e de ritmo executados cada vez de maneira
máis
instintiva e rápida;
pases sen agarrar o balón tamén
coma se fosen actos reflexos
e
máis
detalles
que fan
que cada dia os nosos noveis
xogadores o pasen mellor
xogando e competindo.
Temos
que conseguir,
iso
si,
emparellarnos
antes
cos nosos pares e comunicarnos máis
para
logralo rapidamente.
Pero coma moitas cousas máis,
imos logralo
seguro máis
cedo que
tarde.
Xogaron:
Ángela,
Adrián,
Nacho, Dani, Pedro, Agit, Alex
e
Egit.
PREINFANTIL
FEMININO
Excavaciones
Darío Bodegón O Pescador CBPS: 37 | Clínical Dental Romeo Seis do
Nadal: 52
Por Forés
As
nosas rapazas do Excavaciones Darío Bodegón O Pescador CBPS
chegaban nesta maña de domingo con ganas de facer un bo partido ante
un rival que estaba na mesma posición na clasificación. Para este
partido contábase coa baixa de Candela e sumábase a de Marta, pero
incorporábase Carla que levaba de baixa varias semanas e xa estaba
plenamente recuperada.
O
partido xa empezou mal, coas visitantes dominando o encontro de
maneira doada e as nosas rapazas sen poder responder en ningún lado
do campo. Cun 4 a 13, no primeiro período, xa se intuía o que ía
pasar. O resto do partido foi un quero pero non podo ante un rival
que xestionou ben as rendas.
Ás
nosas rapazas, fundidas fisicamente xa antes de empezar o partido,
non podían competir en ningún momento aínda que o intentaban, pero
cando o corpo non responde... o único é agardar que non teñamos
máis lesionadas. Neste partido torceu o nocello Paula Fernández,
unha lesionada máis na listaxe da enfermería aínda que esta vez
foi por torcedura, non por sobrecarga.
Esta
semana tocará, outra volta, recuperación (como xa levamos meses),
agardando recuperar fisicamente a algunha.
Parabéns
polo esforzo!!!
Xogaron:
Carla, Noa, Paula Castro, Paula
Fernández, Iria, Lucía, Sara, María e Cris, acompañadas no banco
por Candela e Marta.
INFANTIL
MASCULINO
Obradoiro:
71 | Paco's Moda Garaje Xuño: 43
Por Juan
Que
gusto dá perder cando na pista intentas facer todo o que sabes,
corrixes erros e te esforzas ao máximo. Os rapaces do infantil, coas
baixas de Henok e Jaime, realizaron un formidable encontro. O
Obradoiro superounos en poderío físico sobre todo ao principio do
partido tendo moitas opcións para anotar.
Os
rapaces do Paco's Moda Garaje Xuño foron corrixindo o rebote
defensivo e foron capaces de sacar contraataques con orde e sentido.
En
ataque estático, o equipo chegaba a xerar situacións de 1x1 pero
era difícil finalizar coa defensa de axudas do Obradoiro que nos
concedía tiros dende o triplo.
En
resumo, un grande encontro con verdadeiras accións de lectura de
xogo de moito mérito para a idade, así como un gran repertorio de
técnica e táctica individual. Este é o camiño a seguir para
formarse coma xogadores.
Xogaron
: Manu, Manuel, Roi (mini
), Alex (mini),
Leo, Hugo, Samu (mini)
e Pablo.
Pellets
Vagalume Brión
CBPS: 45
| Cluny: 70
Por Mozan
O
equipo infantil
Brión
CBPS, tras unha mañá
ateigada
de novas e enriquecedoras experiencias no Pazo dos
Deportes de Lugo
vendo
o partido disputado polo
Breogán
e
mais o
Fuenlabrada, saían á
pista a disputar un novo encontro
diante do equipo mixto
do
Cluny.
A
consigna principal era a de seguir gozando
do
día e do baloncesto e así
o fixeron. Cada vez os xogadores teñen mais confianza nos seus
recursos e son quen de aplicalos no xogo con máis
destreza e eficacia.
O
xogo sen balón, ás
veces,
castiga
perfectamente ás
defensas rivais, aderezado ademais
con pases moi meritorios.
Destacar
a
estrea
dun novo xogador, Lucas, que tras un primeiro minuto de dúbida,
coma no podía ser de outra maneira, enseguida se soltou e amosouse
coma un xogador valente e decidido.
Benvido ao Club!!!
Xogaron:
Hugo,
Lucas, Abel, Alvaro, Carlos, Mateo, Miguel, Pablo, Jaime
e
Unay,
INFANTIL
FEMININO
Compañía
de María: 55 | Pescados Bormar CBPS: 36
Por Mozan
O
Pescados Bormar CBPS foi quen de xogar un moi bo partido diante dun
dos equipos mais fortes da competición e só as faltas persoais e a
descualificación de dúas xogadoras foron determinantes nunha
diferenza final que, en absoluto, reflicte o que foi o encontro. A
falta de 6 minutos para o remate, o noso equipo mandaba no marcador
por un punto de diferenza.
Excelente
actitude de todas as nosas xogadoras. Unha vez máis foi unha gran
satisfacción ver como aquelas que menos tempo levan xogando se
atreven a intentar moitas e novas cousas na pista.
Xogaron:
Marcela, Lia, Iría, María,
Raquel, Nuria, Noa, Noa Filgueira e
Paula.
CADETE
MASCULINO
Ensinanza:
53 | Tiendas Pillados Parrillada A Nosa Ría CBPS: 58
Por Juan
Horroroso
encontro do Tiendas Pillados A Nosa Ría para rematar a fase grupos
como campión invicto diante dun Ensinanza que mereceu a vitoria. Os
santiagueses mandaron no marcador de inicio a fin, exceptuando os
dous últimos minutos.
Podemos
dicir que sobre a pista só un xogador noso estivo con 5 sentidos no
encontro. Erramos entradas sen oposición, pases sen mirar, malas
seleccións de tiro e un fardel de erros defensivos. Se a todo iso
sumamos a falta de actitude, o resultado é que non nos divertimos.
O
éxito dos deportes colectivos está no adestramento e levamos moitas
semanas sen adestrar ben nin todos xuntos e isto tradúcese na pista
durante os partidos.
Na
próxima fin de semana o equipo xoga as semifinais. O gañador
conseguirá unha praza na fase de ascenso. Toca traballar moi duro
esta semana para intentar facerse cun oco na fase de ascenso. Visto o
encontro pasado non será doado.
Xogaron:
Denis, Fran, Manuel, Isaac,
Andrés, Abel, Martín, Noel e
Isma.
CADETE
FEMININO
Cluny:
34 | RÓTULOS AGEITOS CBPS: 43
Por Jose
Visita
das cadetes sonenses á capital para xogar a volta contra Cluny. As
nosas xogadoras arrincaron cun bo inicio e un 0 a 10 nos cinco
minutos iniciais. Tras esta posta en escena, veu o primeiro apagón e
acabou o cuarto sen unha canastra máis.
No
segundo tempo, a mala racha continuou con moi pésimas decisións en
ataque, pases precipitados, malas colocacións e pouco sentido de
equipo. Na defensa, lentas no balance, permitindo canastras fáciles
de transición ao equipo escolar. Resultado empate a 18 e caras de
circunstancias.
Tras
o descanso e o paso polo vestiario, as do CBPS, cunhas bravísimas
preinfantís que por momentos eran as que levaban o peso do partido e
tomaban as decisións máis importantes, acadaron unha vantaxe que
sería definitiva xa que, no último cuarto, volveron as imprecisións
e os erros de cara ao aro.
Non
sabemos xogar co marcador, se somos poucas xogadoras e imos por
diante temos que contemporizar e gardar forzas, non correr para
fallar en ataque e pagalo cunha canastra en contra por non chegar a
defender. Iremos aprendendo pouco a pouco como cando toca coller
rebotes —que no inicio do encontro non había maneira—, algo que
fomos mellorando na parte final aínda que é unha materia pendente.
Cabe
destacar o espírito de equipo das xogadoras que estando lesionadas,
enfermas e con dor fixeron o esforzo de xogar e achegar o seu grao de
area á vitoria. Parabéns!!!
Xogaron:
Uxía, Mariña, Antía, Carla,
Sabela, Martina, Noa F., Andrea e Valeria, ademáis
das preinfantís María, Noa I.
e Paula.
Pero esto non foi todo. Imaxes da viaxe a Lugo para ver ao Breogán. Moitas grazas ao club lucense polas facilidades amosadas.