mércores, 20 de febreiro de 2019

A CRÓNICA DA XORNADA POLOS ADESTRADORES

Unha semana máis imos co noso repaso dos encontros e actividades dende o punto de vista dos adestrador@s do CBPS.

BABYBASKET 

Celebrouse en Outes unha nova concentración BABYBASKET onde os máis peques do club disfrutaron dunha mañá espectacular de baloncesto e diversión .
Nesta ocasión compartiron pasión co Santa Baia de Boiro, C.B. Outes, C.B. Barbanza e ANPA Avilés de Taramancos.
Os nosos peques da man de Pablo Francisco que está a dar os seus primeiros pasos como adestrador disfrturon ao grande e máis cando recolleron o premio por participar ( medalla e bocata ).



PREMINIS

LA SALLE INMACULADA 66 - RESTAURANTE PORTOFINO CBPS 42

Os rapaces do Restaurante Portofino afrontaban o partido contra o líder desta segunda fase, con moita ilusión posto que na primeira fase so sairamos derrotados por un punto. Desta volta os sonenses encontráronse cun rival moito mais duro, cunha defensa de moito contacto e que xoga cuns conceptos ofensivos e defensivos impropios desta categoría.
Aínda así os nosos xogadores pelexaron todo o encontro, unhas veces con máis acerto e outras con menos pero sempre con moita bondade, logrando manter igualado o marcador nos tres primeiros cuartos.
Xogaron:  José, Iker, Mauro, Elba, Dani, Iago, Lucas, Brais e Óscar.
Por Javier Beiro.


EDM MILLADOIRO 48 -  EB NEGREIRA CBPS 32
Novo encontro cos rapaces e rapazas do Milladoiro, no que puidemos constatar a melloría dos nicrarienses, no anterior partido perdemos casi polo dobre de puntos.
Tivemos un incio frouxo e un terceiro tempo no que nos sacaron moita vantaxe, pero a constancia e  a defensa fixeron reducir a diferenza no tanteo.
Pese a moitos erros cara o aro, estamos a sumar xogadoras e xogadores con confianza e recursos que non dubidan en cruzala cancha botando ou rematando con bandexas impensables hai unhas semanas.
Fronte as moitas perdas de balón nos saques de fondo, os do CBPS foron quen de facer pases dende medio campo, fintas con pivote e xogo sen balón que traballamos nos adestramentos.
Xogaron:

Ana, Amaya, Miguel, H. Barbeira, H. Quintáns, Paula, Carmen, Sophia e Nico.
Por Jose.



LOBOS BRIÓN CBPS 58 - LA SALLE 42

OS LOBOS DE BRIÓN SIGUEN A SÚA PROGRESIÓN
@s nos@s nen@s acadaron por primeira vez dúas victorias consecutivas.
Na primeira volta foron necesarias dúas prórrogas para vencer a La Salle máis nesta xornada a victoria foi clara para @s brionenses por 58-42. No primeiro cuarto custou coller ritmo de partido pero xa foi no segundo período cando cunha boa defensa e ataques fluídos a nosa equipa colleu unha boa ventaxa.
Coma sempre un gran esforzo e moi boa actitude foron as ferramentas para levar a cabo un gran partido. 

Xogaron Arume, Ainhoa R e Ainhoa I, Noa, Sofía, Helena, Xabi, Martiño e Hugo.
Por Chechu.



MINIBASKET FEMININO

FONTIÑAS 22 - TRADIGAS PRODEMAR CBPS 25

Chegou a primeira derrota do Tradigas-procesados Portosin nun partido para esquecer, numerosos fallos de cara o aro en 1c0, perdas en pases e escasa actividade defensiva permitiron ás Santiaguesas ir aumentando as diferenzas ata chegar o último periodo con 7 puntos de vantaxe.
Nos últimos 8 min volveu a presión e agresividade en defensa, deixando as rivais en só dous puntos, o que non cambiou foi o acertó e seguimos fallando numerosos tiros debaixo do aro.
Con todo a falta de 20 seg e 22 - 25  tivemos a última posesión pero un triple de Lucía non entrou e acabouse a racha de 8 vitorias.
Agora toca aprender das derrotas e seguir adestrando con máis ganas.
Xogaron: Lucía,  Xiana,  Paula,  Ana,  Iría,  Marcela,  Lía,  Candela e Ainhoa.
Por David.



PREINFANTIL FEMININO - LIGA GALEGA.


EXCAVACIONES DARIO BODEGÓN O PESCADOR CBPS 73 –MARISTAS CORUÑA 35
Xogaba o equipo de EXCAVACIONES DARIO BODEGÓN O PESCADOR CBPS este venres o partido que tiña aprazado contra MARISTAS CORUÑA coa intención de meterse entre os 4 primeiros clasificados e así poder xogar entre os 8 mellores equipos de Galicia da liga PREINFANTIL. Para iso as sonenses precisaban gañar a un equipo que nas últimas semanas viña subindo o nivel do seu xogo.
O partido empezou con moita igualdade no marcador nos primeiros 5 minutos. As visitantes anotaban dende tiros lonxanos, mentras que as locais a través dunha boa defensa roubaban balóns e anotaban preto do aro.
Co transcurrir dos minutos, o equipo pouco a pouco ía escapándose no marcador gracias a esa gran defensa e dominio do rebote en ámbalas dúas canastras ata chegar o descanso con 15 puntos de diferenza.
Tras o paso polo descanso, o equipo saíu con dudas que detectaron as visitantes para reducir diferenzas, aínda que foi algo moi esporádico. Co paso dos minutos e con boas rotacións o EXCAVACIONES DARIO BODEGÓN O PESCADOR CBPS escapouse definitivamente no marcador ata o resultado final de 73 a 35 que o mete entre os 8 mellores equipos de Galicia.
A nota negativa foi a lesión de Carla no último periodo que esperemos que non sexa nada, pero que a obligará a descansar para recuperarse ben.
Polo EXCAVACIONES DARIO BODEGÓN O PESCADOR CBPS xogaron: Carla, Candela, Lucía, Sara, María, Noa, Paula Castro, Paula Fernández, Iria, Marta e Cris.
Agora toca pensar no seguinte encontro que será este domingo ás 17 horas frente o XUVEN CAMBADOS. Os esperamos para animar a estas guerreiras que se merecen o aplauso de todo o mundo polo seu esforzo.
Aínda que xa estamos metidos na seguinte fase quedan dous encontros que temos que competir para seguir crecendo como equipo. Esto so é un paso nun camiño longo!! A seguir traballando duro para ser cada día mellor equipo e mellores xogadoras, e por suposto, mellores persoas!!

NORABOA RAPAZAS!!!
Por Forés


EXCAVACIONES DARIO BODEGÓN O PESCADOR CBPS 73 – MARISCOS CORDAL CAMBADOS 42
Volvía o EXCAVACIONES DARIO BODEGÓN O PESCADOR CBPS a xogar na casa neste fin de semana con dous partidos. Esta vez recibía a visita do MARISCOS CORDAL CAMBADOS, un equipo que nas últimas semanas foi a máis na competición.
As sonenses presentábanse no partido ca baixa xa sabida de Carla, pero no quencemento Cris resentíase do seu xeonllo e tamén foi baixa.
O partido empezou con pouco ritmo e moitos erros polas locais fruto do cansancio acumulado este fin de semana. Co paso dos minutos, o EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS foise poñendo por diante no marcador a pesar das moitas faltas das súas integrantes e a lesión de Lucía con problemas na espalda.
 As faltas foron un lastre todo o partido xa que pronto Sara e Castro cargábanse de faltas e tiñan que pasar moitos minutos no banco. Pero aínda así o equipo foi crecendo pouco a pouco co paso dos minutos traballando moi ben en defensa.
As diferenzas ían medrando a medida que o partido ía avanzando. Todas as xogadoras estaban aportando tanto en defensa como en ataque. As lesións e as faltas provocaron que as rotacións foran máis cortas xa que no derradeiro periodo Candela caía lesionada nun nocello. Outro problema engadido. Todas as xogadoras responderon moi ben a esa situación.
Ó final do partido chegouse co 73-42 final ante un bo equipo de Cambados que foi a máis durante a liga.
A falta de un partido para finalizar esta primeira fase o EXCAVACIONES DARIO BODEGÓN O PESCADOR CBPS xa esta metido entre os 4º primeiros o que lle da dereito a xogar para quedar entre os 8 mellores equipos de Galicia. PORTO DO SON, estará competindo contra equipos de grandes cidades como son Vigo, Lugo, Ferrol, Ourense, Villagarcia, e tamén pode meterse un equipo de Pontevedra. Todo un orgullo e satisfación para o noso concello e para a nosa bisbarra.
Hoxe xogaron: Candela, Iria, Marta, Paula Castro, Paula Fernandez, Sara, Noa, Lucía e María que foron acompañadas no banquillo por Carla e Cris lesionadas.

NORABOA rapazas por todo o traballo e sacrificio!! A Seguir crecendo para cada día ser mellores!!!
Por Forés
CADETE MASCULINO

COMPAÑÍA DE MARIA - TIENDAS PILLADOS PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS

Outra nova victoria do equipo cadete masculino que camiña cara o título do grupo de forma invicto. Nesta ocasión tivemos enfrente o mellor rival no que vai de liga. Un equipo moi agresivo en defensa que nos poñía as cousas difíciles en ataque. Os noso xogadores tomaban malas lecturas de xogo nos 2x1 do equipo santiagués dando lugar a numerosas perdas de balón.
Chegábase ao descanso perdendo pero ca sensación de non estar traballando ao 100 %.
Así foi , na reanudación con máis actividade defensiva e máis orde nos ataques collemos unha ventaxa suficiente para traernos a victoria se sufrir pese ao que reflexa o marcador.
A lectura que deben realizar os xovenes xogadores sonenses é que sempre se debe sair a traballar dando o máximo que cada un ten. Esperemos sirva para traballar duro durante a semana e reallizar un mellor próximo encontro.

Xogaron : Fran, Martín, Henok, Andrés, Isma, Denis, Pinaya  e Noel. 
Por Juan



E PARA REMATAR A XORNADA ,VIAXAMOS A VIGO PARA DISFRUTAR DO ENCONTRO ENTRE O CELTA  - BARCA DE LIGA FEMININA 2.
GRAN EXPERIENCIA.