martes, 12 de febreiro de 2019

A CRÓNICA DA XORNADA DOS ADESTRADORES



CRÓNICA DA XORNADA DO 9 - 10 DE FEBREIRO

Imos co resumo da xornada polos adestradores. 

Tamén podedes ir vendo o resumo no canal you tube no seguinte enlace.

  Pincha aquí

PREMINIBASKET


RESTAURANTE PORTOFINO  68 GALOGRÍN 19

Os rapaces do Portofino tiveron unha saída fulgurante no seu partido deste sábado, avanzandose no marcador e mostrando momentos de bo xogo no primeiro cuarto.
O motor gripouse no segundo cuarto e tan só foron capaces de lograr unha canastra permitindo que o rival voltease o marcador.
A partir do terceiro cuarto  os rapaces de Javier e Valeria apretaron os dentes e xa non se frearon, cunha presión que os levaba a roubar o balón e anotar sen oposición, aínda que se seguen fallando canastras de 1x0. 
Así foi ata o final dun encontro aínda que cada vez fíxose máis difícil anotar ante un rival que se foi pechando no seu aro.

Xogaron Elba, Iker, Mauro, José, Dani, Iago, Brais, Lucas e Óscar.
Crónica  Javier Beiro


E. B. NEGREIRA  C. B. P. S  28E. D. M. BERTAMIRÁNS     38

Partido de idas e voltas que caeu do lado do máis constante.
Os Negreireses do CBPS, defenderon ben, pero no ataque estiveron moi precipitados fallando moitas canastras que pesarían no resultado final.
O importante de verdade é que aínda que desta vez por rachas, vése a melloría e o traballo de tódolos xogadoras/es no dominio do balón e do corpo.
Seguiremos traballando para sumar máis melloras e traballar nos detalles que aporten confianza e seguridade.
Destacar a volta de Ana que despóis de estar enferma, xa está de volta e darlle ánimos a Sophi para que se recupere axiña e contar con tódolos efectivos na cancha.
Tamén agradecer a Axuda de Andrea, na mesa facendo a acta do partido e cos nenos, gran traballo. 
Xogaron:
Ana,Miguel, Hugo Q, Hugo B, Paula, Álvaro, Carmen, Amaya e Nico.
Crónica Jose Laiño




E.B.BRIÓN CBPS 45
FONTIÑAS 42

Unha vez máis os nenos e nenas do premini de Brión demostraron que son un equipazo e que disfrutan de verdade deste deporte. Foi un partido no que os 10 xogadores e xogadoras aportaron moitísimo, facendo unha gran defensa e deixando grandes xogadas ofensivas no parquet do pavillón do Restollal.
Fai apenas 3 meses xogamos contra este equipo e a diferenza no marcador foi abultada e nembargantes neste partido o noso equipo levouse o encontro a Brión por 45-42. 
Os nosos lobos neste partido foron Jeni, Iria, Xabi, Hugo, Noa, Ainhoa R., Martiño, Manu, Arume e Ainhoa I
Quero darlle as gracias a estes nenos e nenas por facer feliz ao seu adestrador.
Crónica Chechu Yañez

PREINFANTIL FEMININO      LIGA GALEGA

BASQUET CORUÑA LEYMA U13 37 EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS 51

Este sábado o EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS visitaba a pista do BASKET CORUÑA LEYMA coa intención de volver á senda do triunfo despois de tres derrotas consecutivas ante os tres primeiros clasificados da liga. Nos tres partidos anteriores o equipo competiu moi ben, pero por mor das baixas non sabemos si poideron gañar algún deses encontros.
As sonenses chegaban con ganas de mostrar a boa linea que levaban nas ultímas semanas e conseguir unha vitoria que as achegará ao 4º posto na clasificación. 
O ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS chegaba coa única dúbida de Carla (que ó final puido disputar uns minutiños o final do encontro). 
O partido empezou coas nosas mozas moi metidas no partido e con María dominando ambos os aros o que pronto nos fixo escaparnos no marcador. A defensa ata o descanso foi moi boa, deixando ao equipo local en só 11 puntos (11-28). 

Tras o paso polo vestiario as nosas mozas relaxáronse un pouco en defensa e sobretodo perdendo balóns preto do noso aro provocando canastras doadas das coruñesas, pero en ningún momento o equipo chegou a sufrir polo marcador. No último periodo as diferenzas diminuiron ata o definitivo 37 a 51 pero en ningún momento as locais fixeron perigrar o resultado.
Crónica  Luís Forés.

INFANTIL MASCULINO

3ª DIVISIÓN

C.B. OUTES 71
B. BRIÓN CBPS 20

Bo encontro ante un rival superior. Os rapaces amosan cada encontro máis aspectos técnicos. A mellora tamén no nivel de competición como os cambios de transición defensa  a ataque están en evolucións. Así como a mellora en aspectos defensivos. 
Pero o mellor son as caras de querer aprender e disfrutar cada encontro ao máximo. 
toca seguir traballando para mellorar.
Crónica  Juan Filgueiras



2ª DIVISIÓN

BASQUET AMES 58 PACO´S MODA GARAJE XUÑO 46


Este domingo, mentres miles de persoas desfilaban por Compostela na defensa da sanidade pública galega, os rapaces de Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS tiñan unha cita con CB Ames en Milladoiro.


O estado do equipo de Mozan e Bule é moito mellor que o das urxencias do CHUS, ten un balance equilibrado e pouca lista de espera. Enfronte, un equipo dos máis currados da categoría, que coma case todos, ten parte de catedráticos, especialistas e algún estudante aínda o MIR:

O partido transcurriu coma unha operación a corazón aberto; durante os 40 minutos o ritmo foi alto, coa adrenalina a tope, con moitas decisóns arriscadas e moitos acertos.Os bisturís non paraban de cortar, para delicia da numerosa parroquia presente na sala de operacións.

Tan só no terceiro cuarto, temblounos o pulso e perdimos precisón. Reaxustamos no derradeiro pero xa era demasiado tarde, Ames xa tiña cosidas as feridas e levouse o partido. 

Iso si, entre os dous, o enfermo quedounos bonito; neste domingo de dignidade a prol dun ben común que debería ser innegociable, unha banda de rapaces xogou ao baloncesto, sen recortes. Un gran partido.

Xogaron: Jaime, Henok, Samu, Manu C., Manu B., Pablo, Hugo e Leo

Crónica  Bule

CADETE MASCULINO


TIENDAS PILLADOS - PARRILLADA A NOSA RÍA 112C.B. NOIA 26

Partido moi daodo ante un rival moi inferior en todos os aspectos do xogo. Resaltar que pese a esa inferioridade os rapaces de Ulises amosáronse con moitas ganas na pista e loitaron moitísimo.
O noso equipo mellorou moito en xogo estátitico elaborando xogadas moi boas. O tiro exterior debe mellorar. Neste encontro primaron aspectos de táctica ofensiva no canto de anotar canastras doadas.
Xogaron: Abel, Fran, Isma, Isaac, Noel, Henok, Manu, Andrés, Martín, Pinaya e Denis
Crónica Juan Filgueiras

CADETE FEMININO


RÓTULOS AGEITOS  CBPS 46PÍO XII ROSALÍA 45

Partido intenso con final de infarto o vivido no serán en Trapa.
As Sonenses están collendo a boa costume de saír a pista moi motivadas, o que desta vez valeu para mandar no marcador o final do partido, pero...
Non foi todo tan doado.
Seguimos ca enfermaría chea e tivemos que tirar de preinfantís que hai que dicir, tiveron un comportamento expectacular, sendo moi valentes de cara o aro e intensas na defensa, coma todo o equipo.
Durante toda a primeira metade, as do Rótulos Ageitos mandaron no xogo con intesidade defensiva e orden no ataque.
Despóis do paso polo vestiario no descanso probamos novas defensas. Por parte das Santiaguesas deron un paso adiante que apertou o marcador chegando a empatar no último cuarto e todo por decidir nos últimos minutos.
Así as cousas, non perdemos a cara do partido en ningún momento e loitando ata o último segundo con catro xogadoras no chan na pugna por un balón dividido, saltando o banquillo e as gradas co pitido e a victoria final. 
Gran partido, dos que fan afición!!
Xogaron:
Antia, Carla, Sabela, Noa, Andrea e Valeria
E as bravas preinfantís:
Paula, Marta, Sara e Cris
Crónica Jose Laiño


NA PRÓXIMA SEMANA MÁIS E MELLOR