xoves, 7 de febreiro de 2019

A CRÓNICA DA XORNADA DOS ADESTRADORES

I make music for my people

É duro ser adulto e combinar tres vidas, a profesional, a familiar e a paixonal. Por desgraza, o tempo cada vez é máis caro, as horas cada vez son máis rápidas e chega un momento no que hai que soltar algo para encaixar as pezas do puzzle da vida.Chegoume o momento de pasar a testemuña nesta tarefa de recopilar as historias de cada fin de semana. Recoller textos e fotos, editalos, encaixalos, correxilos e publicalos demanda tempo que agora non teño. E para facelo mal, prefiro dar un paso atrás e que se encargue outro(s). Ao fin e ao cabo, trátase da memoria do noso club, coa que todos colaborades coas vosas fotografías e as vosas verbas, trátase da memoria do noso. Merece que sexa ben coidado.

Unha aperta e grazas.

MINI MASCULINO
Liga federada zona de Santiago de Compostela
WE ROBOTS- LARPEIRADAS CBPS - ED BRIÓN/LOUSAME/NEGREIRA CBPS 40 - 20
Polo Coach Álex
Un partido trampa no que a clasificación do Brión fixo que o equipo local saíse demasiado relaxado.



O partido foi moi lento e por momentos pesado e aburrido. Grazas a dous cuartos no que subimos un pouco o nivel, conseguimos a vantaxe suficiente para afrontar o partido con máis calma. 



Destacar a gran defensa e intensidade de Lois durante todo o partido.
 

XOGARON: LOIS, SAMU, ALEX, ALEXO, ROI, LUCAS, DANI, ÁLVARO, DANI RIBEIRA E CELSO. 



E polo Coah Mozan

Escolas de baloncesto BRION, LOUSAME, NEGREIRA, CB PORTO DO SON disputaba un novo encontro frente o CB PORTO DO SON os seus irmáns mais avanzados.
O excelente ambiente nas bancadas é una excelente noticia e una moi boa sinal da gran implicación das familias dos nosos xogadores.



O encontro foi dominado por o equipo, digamos local, en todo intre, dando mostras do porque están a facer una tempada sobresaínte. Os nosos xogadores celebraron coma se una vitoria se tratase o simple feito de acadar por primeira vez nesta tempada una vantaxe no marcador, aínda que só fose un breve instante.



Pouco a pouco cada vez os rapaces van progresando no seu xogo e, sobre todo, son quen de compartir o balón uns cos outros con xenerosidade.

Xogaron: Angela, Sofia, Nico, Alejandro, Daniel, Adrián, Raúl, Rodrigo,Óscar Martín e Êgit.


PREINFANTIL FEMININO
Liga galega
ESCAVACIÓNS Darío/O PESCADOR CBPS - ESTUDANTES DE LUGO 44 - 64
Polo Coach Luis Forès

Nesta tarde de sábado visitaba o pavillón David Vidal de Portosin o ESTUDANTES DE LOGO LEYMA NATURA. O 2º clasificado de liga e un rival moi complicado. As mozas do ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS viñan de enfrontarse co 1º clasificado deixando moi boas sensacións, e querían manter ese crecemento no xogo. Por non variar, as sonenses non podían contar con todo o equipo ao completo e esta vez faltaban Carla e Candela. En toda a tempada aínda non se puido contar con todas as integrantes do equipo para afrontar os partidos.




O partido empezou coas nosas mozas moi enchufadas e cun parcial de 5 a 0 indicaban ás lucenses que se querían levar o partido terían que esforzarse moito. co paso dos minutos o partido igualouse e as lucenses empezaron a coller a iniciativa no marcador ata chegar ao descanso con 12 puntos de vantaxe (22-34) e con todo por decidir.

Tras o paso polo descanso as cousas seguiron igual. As visitantes aos poucos ían aumentando a diferenza aproveitando erros en canastras fáciles das locais castigándolas no outro aro, pero aínda así as diferenzas non chegaban aos 20 puntos e todo un cuarto por xogar. 



Cando as cousas parecen que non poden ir peor, sempre nos sorprenden. Mais lesionadas e eliminadas por faltas. Pero non, este equipo segue na loita, e aos poucos grazas a unha boa defensa e a un ataque coral cheo de paciencia e boas xogadas metémonos no partido. A falta de 150 segundos para o final, poñiámonos a 10 puntos de diferenza e cunha sensación de poder apertar mais o marcador. Pero aí acabouse, os problemas físicos e o cansazo provocaron perdidas de balón preto do aro que acabaron en canastras fáciles ata deixar o marcador final nun 44 a 64. 



Todos os problemas físicos que ten o equipo nunca acaban coa resistencia das nosas guerreiras que traballan e esfórzanse ata limites que elas nin sequera coñecían. Iso fai que exploren novos limites no seu xogo e déanse conta que poden dar moito mais tanto no individual, como no colectivo. Podemos competir contra calquera pese ao resultado que se cultive e iso é a maior vitoria.



Hoxe xogaron e acompañaron ao equipo: NOA, SARA, MARÍA, IRIA, PAULA FERNANDEZ, PAULA CASTRO, MARTA, CRIS, LUCÍA, CANDEA E CARLA.  
Parabéns mozas polo esforzo! A seguir traballando duro!

INFANTIL MASCULINO
2da División zona de Santiago de Compostela
PACO'S MODA/GARAXE XUÑO CBPS - OBRADOIRO CAB 63 - 42
PACO'S MODA/GARAXE XUÑO CBPS - ROSALÍA DE CASTRO 67 - 32
Polo Delegado Bule

Dous días, dous partidos, dúas caras dunha mesma moeda. Dividir as crónicas en dous sería redundar nuns encontros que foron moi semellantes entre eles.






O Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS tivo neste fin de semana rivais de renome do baloncesto patrio, na súa versión B. E esas caras B, con poucos matices, se compoñen de perfís semellantes, músicos con maña xunto con músicos faltos de rodaxe; un pouco coma na nosa banda.



 

O sábado, o máis inexperimentado dos dous visitantes ofreceu ritmo alto e moito rock'n roll. Aos sonenses custoulle moverse nese ritmo, máis que nada porque en ataque intentaron bailar máis rápido que a música mentres que, en defensa, cando toca bailar agarrado, bailaban ao son da parella. E en baloncesto, coma na pista de baile, cando te moves en ritmo nas rápidas e cando levas ti a parella nas lentas, triunfas. Lei de discoteca.



O domingo, máis do mesmo pero o concerto foi moito mellor. Houbo moitos momentos no que o equipo local xogou coma unha sinfónica en ataque, ofrecendo momentos de gran beleza rítmica. Houbo desafino? Algún que outra nota falsa, pero globalmente a actuación foi notable.



Iso si, atrás seguimos sendo unha charanga a altas horas da madrugada, todos tocando pero con ritmos distintos. Menos mal que temos uns fans agradecidos.

Tocaron e bailaron: Henok, Manu C., Manu B., Samu, Leo, Jaime, Pablo, Hugo.

CADETE FEMININO
Liga zonal de Santiago de Compostela
COMPAÑÍA DE MARÍA - RÓTULOS AGEITOS CBPS 60 - 47
Polo Coach Jose

Partido intenso e emocionante na capital, con dous equipos entregados e moi igualados ata o último período.
 



Inicio cunhas sonenses moi enchufadas, que se levan o cuarto grazas a boas defensas e ataque moi ordenados, sacando rendibilidade de case tódalas accións. No segundo cuarto, xa empezan a facer dano as faltas nas minguadas filas do Rótulos Ageitos CBPS, pero ca renda obtida no tempo anterior chegamos o descanso cunha mínima vantaxe, pero por diante no marcador.





No terceiro cuarto, con máis erros defensivos que fixeron que as Santiaguesas nos adiantaran na puntuación, pero co xogo despregado polas pupilas de Filgueiras e Laiño, a volta a tomala dianteira no electrónico de novo era moi factible.
 

No derradeiro tempo, de novo as faltas, que nos deixaron sen dúas xogadoras e a recaída na lesión de Carla, fixeron que xogaramos con catro xogadoras en cancha, que deixaron todo na pista e pese a superioridade, só perderon o cuarto de oito puntos.





Gran partido, moi pelexado e pese o resultado, claramente se demostrou que este equipo cando quere xoga moi ben a isto do baloncesto.

Xogaron: Antía, Carla, Sabela, Carmen, Noa, Andrea e Valeria. Mariña e Martina lesionadas.


CADETE MASCULINO
Liga Zonal de Santiago de Compostela
PELETEIRO - TIENDAS PILLADOS/A NOSA RÍA CBPS 55 - 58





Victoria por 3 puntos ante un Peleteiro que por esforzo e traballo mereceu a victoria.
Fomos a remolque dende o inicio do encontro sen ser quen de facer o noso xogo.
No peor partido do ano so 5 minutos do terceiro cuarto e os finais de encontro fomos quen de facer xogadas colectivas.
Descansou Henok para estar a tope cos infas e xogaron Fran, Isma, Martin, Noel, Andres, Abel, Pinaya, Denis e Manu.



E esta foi a visión dos nosos adestradores sobre a xornada, e así a contamos