LUSCO FUSCO
Xornada de claros-escuros a nivel contable. A nivel de club, nova xornada con 11 equipo implicados, 12 partidos (cun atrasado) e case 100 rapaces xogando coas nosas distintes cores. Nese aspecto, o que importa, seguimos a plena luz do día.
BABY BASKET
Os babies ddo EB
Brión CBPS estiveron presentes no torneo fegaba
organizado en Noia da mán do coach Chechu Yáñez.
Unha vez máis, os
peques desfrutaron do xogo este de canastras que tanto nos
gusta.
Agardemos que haxa moitas máis
concentracións destas!
PREMINI
Liga Zonal federada de Compostela
Liga Zonal federada de Compostela
R. Portofino CBPS - Lalín 13 - 63
Polo Coach Beiro
Como na primeira fase, partido moi
difícil para os xogadores do Restaurante Portofino CBPS ante
un rival cunha rotación larga e moi intensa.
Por riba, os sonenses volveron a pecar
de sair dormidos a pista a pesar de non ter que madrugar desta vez,
non sendo capaces en moitas ocasións de non chegar a campo de ataque
por erros propios.
No terceiro cuarto conseguimos parar
mellor ao rival e conseguimos anotar ou chegar a ter opcións faciles
de anotar.
Co marcador xa pechado no quinto
cuarto, os sonenses aínda que foron defendendo cada vez mais, en
ataque decidiron facer a guerra pola súa conta abusando de tiros
lonxanos sen ton nin son.
Xogaron: José, Iker, Mauro, Elba,
Lucas, Dani, Iago e Oscar. Foi baixa Brais.
CB Brión CBPS - EB Negreira CBPS 33-65
Polo Coach Jose (non temos a visión
do coach de Brión sobre o encontro)
Derbi CBPS, con dous equipos das
Escolas no que se pode apreciar o traballo realizado.
Hoxe o equipo nicrariense sae con moitas ganas e forza, xogando todos a unha. Daba igual o cuarteto que estivera na cancha, todos defendían e todos atacaban con espacios e vendo o que pasaba na pista.
Hoxe o equipo nicrariense sae con moitas ganas e forza, xogando todos a unha. Daba igual o cuarteto que estivera na cancha, todos defendían e todos atacaban con espacios e vendo o que pasaba na pista.
E o que pasaba na pista eran boas defensas e sobre todo boas axudas, os compañeiros que defendían debaixo da canastra, si o xogador/a con balón viña, parábano poñéndose diante(cousa que ata hoxe non facían); boas colocacións no campo de ataque, lonxe do aro facendo sitio para xogar 1c1; bos pases os compañeiros que estaban preto da canastra con posibilidades de anotar e bos rebotes. Non se pode pedir máis.
Vimos un paso adiante de dous xogadores coma Hugo Barbeira e Carmen, que fixeron un gran partido que lles debe de servir para coller confianza e atreverse a facer moitas máis cousas das que pensan que son capaces. Igual que Nico que foi quen de coller rebotes e correr cara a canastra contraria sen que lle queime o balón nas mans(mágoa do premio dunha canastra). Os novos, Sophi, Amaya e Álvaro, que tamén se lles notan os partidos que van xogando na melloría no bote.
Tamén Paula, Miguel e
Quintáns, que o fixeron de 10 sendo determinantes de cara o aro.
Un gusto, xunto a melloría das nenas e nenos de Brión, hai que dicir que o CBPS ten canteira!
Un gusto, xunto a melloría das nenas e nenos de Brión, hai que dicir que o CBPS ten canteira!
Xogaron: Sophi, Miguel, Barbeira, Quintáns, Paula, Álvaro, Carmen, Amaya e Nico
MINI FEMININO
Liga Zonal federada de Compostela
Liga Zonal federada de Compostela
Tradigas-procesados Portosín CBPS -
Peleteiro 32 - 23
Polo Coach David Suárez
O Tradigas-procesados
Portosín CBPS sae vitorioso dun caos de partido
con continuos erros e perdas polos dous equipos.
Quizais os nervios de saber que era un
partido importante para a loita polo título e que moitas nenas dos
dous equipos coincidiran na selección Santiaguesa o verán pasado
fixo que non amosaran o seu mellor baloncesto.
As sonenses foron conseguindo vencer os
primeiros períodos máis por loita que por baloncesto e no 4 período
tiñan unha clara vantaxe de 28 - 12.
Pero a lesión de Marcela nunha man
fixo coincidir no quinto período un equipo con moi pouca experiencia
e as Santiaguesas acercáronse no marcador deixando emoción para o
último tempo onde outra vez a maior experiencia fíxonos
sumar a oitava vitoria consecutiva.
Xogaron: Lucía, Xiana, Aitana, Ana,
Julia, Iría, Marcela, Lía e Candela.
MINI MASCULINO
Liga Zonal federada de Compostela
Escolas Lousame/Brión/Negreira CBPS -
Enseñanza 32 - 65
Polo Coach Mozan
O equipo de Escolas de
baloncesto Brión, Lousame, Negreira CB PORTO DO SON disputou
un partido onde a actuación coral de tod@s os seus compoñentes foi
o mais salientable.
Excelentes pases o xogador que esta
solo se traducían en tiros doados e en entradas sin rival por
diante.
Ademais gracias a estes pases puideron
acadar a primeira canastra da súa breve historia deportiva tres
xogadores que aínda non o habían conseguido. E crédeme que non hai
maior ledicia que ver como a celebran. Os seus sorrisos nos seus
ollos o din todo.
A seguir traballando, si a isto se lle
pode chamar traballo, xa que é un pracer velos alegres sempre e cos
ollos coma pratos escoitando todo canto se di.
Xogaron: Nico, Nacho, Egit, Sofía,
Rodrigo, Dani, Martín, Marcos, Ángela, Sofía, Adrian e Óscar.
PREINFANTIL FEMININO
Liga Galega
BBCA - Excavacións Darío/Bodegón O
Pescador CBPS 63 - 43
Polo coach Luis Forès
Na tarde do domingo o ESCAVACIÓNS
DARIO / BODEGON O PESCADOR CBPS visitaba a casa do BBCA ERMIDA
DE CHAMORRO, lider invicto do grupo con ganas de seguir a melloría
no xogo das últimas semanas.
Expúñase un duelo moi complicado e
físico posto que as ferrolás teñen un altísimo ritmo de xogo con
moitas rotacións sen notalo no xogo. As nosas mozas presentábanse
coa baixa de Cris por indisposición, pero no quecemento
a Carla aparecéronlle dores no xeonllo e causou baixa no
partido, unha baixa moi importante. Con este panorama o doado sería
desmoralizarse, pero non, este grupo demostra cada día que se pode
contar con elas, pero o mais importante, que elas cren en se mesmas.
O partido empezou como se temía ao
principio, con moito ritmo local que pronto colleu diferenzas no
marcador. Tras un tempo morto, as nosas mozas puxéronse as pilas en
defensa, e aos poucos fómonos achegando no marcador, gracias a
anotación de Noa, Sara e a dirección de Castro, e
mesmo fomos capaces de poñernos por diante. Ao final do 1º período
chegouse cun empate a 15.
O ritmo local non parou e as nosas
nenas con moitas rotacións polo desgaste físico e as faltas
notábano. Aos poucos as ferrolás íanse do marcador ata unha
diferenza de 12 puntos no descanso (34-22).
Tras o paso polos vestiarios nada
cambiou, as locais seguiron co seu ritmo alto de xogo ampliando o
marcador grazas en moitos casos a balóns perdidos e a rápidos
contraataques, chegando ao final do 3º período cun 54-31 e un
período por xogarse.
Neste último período sacamos o que
nos quedaba dentro, e controlando as perdidas de balón e o rebote
fomos capaces de gañalo por 9 a 12, deixando o marcador final nun
63-43.
Durante moitos minutos fíxose un gran
xogo, e defendeuse moi ben, pero o mellor é o crecemento dalgunhas
xogadoras que nos momentos malos dan un paso adiante levando o equipo
sobre as súas costas. O negativo do partido de onte, ademais das
lesións, son os tiros libres. Onte tiramos moitos e fallamos unha
cantidade obscena que nos permitiría estar moi moi preto no
marcador.
Toca seguir adestrando para mellorar e
pensar xa no seguinte partido contra Estudantes de Lugo este próximo
sábado.
Polo ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON O
PESCADOR CBPS desprazáronse e xogaron: Carla, Candea,
Sara, Noa, Paula Castro, Paula Fdez. , Lucía, Iria, María e Marta.
PARABÉN MOZAS!!!
INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal federada de Compostela
2da División
Liga Zonal federada de Compostela
2da División
Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS - CB Noia
46 - 53
Polo delegado Bule
Presentábase en Trapa un CB Noia que
anda parello co Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS na táboa
clasificatoria. Os dous equipos presentan un esquema estrutural
semellante: un xogador superlativo, algúns moi bos e outros en
continua fase de aprendizaxe.
Con este panorama, o equipo que mellor
ía xestionar os seu equilibrio de forzas ía levarse a chica.
No primeiro período, os locais
ofreceron apatía e indolencia, incapaces de saber xestionar o seu
propio estado de ánimo. Nunca se sabe onde empeza o mérito do
rival, cunha defensa moi pechada na zona, e o demérito propio,
froito da apatía e indolencia dos chamados a tirar do carro.
Na segunda parte houbo un claro troco
de atitude que fixo que o marcador se apretase e o encontro entrase
nunha fase de tensión de xogo digna destes partidos. Aínda así, o
equipo de Mozan e Bule non conseguiu culminar a remontada e os locais
acabaron por sucumbir por 7 puntos.
Máis alá do marcador, cabe
resaltar a deportividade nos bancos, pista e bancada. Nese aspecto,
foi un derbi con vitoria de todos.
Xogaron: Henok, Leo, Manu C., Manu B.,
Samu, Pablo, Jaime e Hugo, tocado este último.
3eira División
ED Brión CBPS - Santa Baia 16 - 67
Polo Coach Mozan
O equipo Lobos de Brión CBPS afrontaba o encontro diante do líder da categoría, reforzado en
este caso por tres xogadores do noso equipo de Mini Basket.
Un bo comenzo deu paso a o que a lóxica
ditaba, que e que a superioridade física do rival en centímetros e
velocidade marcase diferencias notables no marcador.
Por intres estivemos demasiado
estáticos no xogo, deixándonos afectar por a superioridade no
marcador do contrario e sin reaccionar todo o rápido que sabemos
facer a as novas acciones do xogo.
E destacable o ben que dende a rolda de
quentamento conxeniaron os novos xogadores co resto do equipo.
Será porque todos levan no sangue unha ensinanza en valores de xogo
similar? Seguro que si.
Xa está tardando a seguinte xornada
para continuar facendo minutos de experiencias e vivencias no xogo.
E como non desexar que o noso Miguel se
recupere rapidamente da súa gripe, que botámolo de menos.
Xogaron ; Samu, Dani, Lucas, Pablo,
Alvaro, Abel, Jaime, Mateo, Carlos e Unai.
CADETE FEMININO
Liga Zonal federada de Compostela
Liga Zonal federada de Compostela
Rótulos Ageitos CBPS - CB Ribeira 66 -
30
Por el entrenador Juan Filgueiras
Por el entrenador Juan Filgueiras
Partido disputado o venres as
20:00 en Portosín.
As nosas rapazas realizaron un bo encontro pese a non sair con tanta intensidade coma no encontro anterior.
As nosas rapazas realizaron un bo encontro pese a non sair con tanta intensidade coma no encontro anterior.
Destacar que o equipo xogou con
varias xogadoras con molestias e recen saídas de lesións.
Foron convocadas Lara, María e Raquel do infantil feminino. Lara finalmente non puido debutar por molestias pero Raquel e María disputaron de moitos minutos.
A nota negativa a puxeron os pais e
nais de equipo visitante co seu comportamento na grada.
Foi un encontro doado que sirve para
preparar o próximo contra Cluny.
Xogaron: Antia, Valeria, Andrea, Sabela, Martina, Noa, Carla, Carmen, Maria, Raquel. Lesionadas Lara e Mariña
Rótulos Ageitos CBPS - Cluny 51 - 39
Polo coach Jose
Vitoria moi traballada polas
cadetes do Rótulos Ageitos CBPS, cun equipo moi minguado polas
lesións.
O partido foi moi igualado durante os
catro cuartos e aínda que as sonenses, sempre levaron a dianteira no
electrónico, non conseguían coller unha vantaxe clara para xogar
con tranquilidade. As santiaguesas seguían enganchadas o partido co
aire que lles daban as perdas locais por mor de
precipitacións nos pases e os despistes en defensa.
Defensa que foi mellorando e
conseguimos bos roubos de balón e canastras correndo o
contraataque grazas á intensidade e a boa colocación
das xogadoras da axuda.
Temos que seguir traballando a toma de decisións no ataque, encarando o aro con decisión, cambios de ritmo e asegurando as finalizacións, para non fallar canastras fáciles debaixo do aro.
Temos que seguir traballando a toma de decisións no ataque, encarando o aro con decisión, cambios de ritmo e asegurando as finalizacións, para non fallar canastras fáciles debaixo do aro.
Hoxe o sacrificio foi grande, no que as
xogadoras deixaron todo na cancha e pese o cansacio e as
molestias, seguiron a remar sumando entre todas como equipo.
Esperamos recuperar as que seguen lesionadas e as que veñen recuperando, que acaden a forma física o antes posible.
BO TRABALLO!
Xogaron: Mariña, Antía, Carla, Sabela, Carmen, Noa, Andrea e Valeria. Martina lesionada
CADETE MASCULINO
Liga Zonal federada de Compostela
San Pelayo - Tiendas Pillados/A Nosa
Ría CBPS 29 - 75
Por el entrenador Juan Filgueiras.
Unha posta en escena cun 18/0 foi
suficiente para romper o encontro.
Destacar que pese a diferencia no electrónico os adestradores Mozan e Juan destacan o bo traballo do equipo visitante moi activo en defensa e con moitas variable en acción tácticas ofensivas. Felicitar ao rival polo seu traballo e compromiso.
No noso conxunto destacar o desacerto no tiro de 3 puntos pero en boa selección de tiro. Contraataques moi ben corridos e lecturas nos bloqueos directos.
Xogaron Fran, Pinaya, Martín, Andrés,
Noel, Denis, Abel, Isaac, Henok e Manu.
1º encontro da segunda volta e o equipo segue invicto.
1º encontro da segunda volta e o equipo segue invicto.
E esta foi a visión dos adestradores CBPs sobre a xornada, e así a contamos |