UNHA NOVA ERA
Chega a crónica dos adestradores dunha xornada que iniciaba o 2019 con cambio de imaxe nas filas do club sonense. Empeza un novo ano e empeza unha nova etapa, de imaxe polo menos.
PREMINI
Liga Zonal de Santiago
Portofino CBPS - La Salle 65-42
Polo adestrador Beiro
O Restaurante Portofino CBPS comenzou a segunda fase deixando unha gran imaxe en moitas fases do encontro.
Comenzaron durmidos os nosos rapaces froito do madrugón para xogar o partido nunha fría maña de inverno en Santiago, xogando un moi mal primeiro cuarto onde non sabían nin atacar a canastra contraria nin defender a propia. As cousas comenzaron a cambiar no segundo cuarto no aspecto ofensivo pero o equipo seguía tendo un coladeiro na propia canastra.
Foi a partir do terceiro cuarto cando os rapaces de Javi Beiro e de Valeria puxeron en marcha o adestrado o venres cunha fantástica ocupación de espazos e un rápido movemento de balón que os levou a conseguir canastras doadas así como tamén apremaron os dentes en defensa complicándolle moito as cousas ao magnífico equipo de La Salle que apenas conseguía anotar.
Así continuou o encontro no que ademais tódolos rapaces disputaron entre tres e catro cuartos, pudendo estar moito tempo na cancha, debido as baixas de Iker, Mauro, Sophie e James.
Xogaron: José, Óscar, Iago, Dani, Elba, Brais e Lucas.
CB Brión CBPS - Bertamiráns
Sen crónica e sen fotos.
E.B. Negreira CBPS - LaSalle 40- 12
Polo Coach Jose
Montaña rusa no Restollal, o inicio dos nicrarienses foi moi intenso e gañaron vantaxe para o resto do partido, xa que nos tres períodos seguintes perdemos aínda que por poucos puntos. Iso si, moitos erros nas finalizacións e sobre todo na colocación de cara o aro polas precipitacións.
No quinto período, volvemos a ter momentos de inspiración que puxo a vantaxe definitiva no tanto final. No último, un empate a catro puntos con moitos cambios nos dous equipos para xogar e premiar a xogadores con menos minutos.
O mellor do partido, os pases dende o bote "made in" C. B. P. S. de xogadores/as que botan ca cabeza levantada vendo ao compañeiros desmarcados para meter canastra.
Tamén a intensidade defensiva e a colocación no campo, deixando sitio para xogar o que ten o balón.
Xogaron: Ana, Miguel, Hugo B, Hugo Q, Paula, Álvaro, Carmen e Nico.
MINI FEMININO
Liga Zonal de Santiago
Tradigas Procesados Portosín CBPS - Galogrín 41-12
Polo Coach David Suárez
Nova vitoria do Tradigas-procesados Portosín a pesar das baixas que obrigaron a convocar a 3 preminis para cumprir o mínimo necesario, o partido apenas tivo historia e as sonenses dominaron dende o inicio.
Un primeiro período cun tanteo de 8 - 0 e sobre todo o 16 - 0 do terceiro deixaron moi clara a superioridade sobre o Galogrín santiagués que nin refuxiándose na cova conseguiu frear ás nosas xogadoras.
Xogaron e anotaron Lucía, Xiana, Marcela, Ana, Ainhoa, Iría e as preminis Aitana, Paula e Ana
MINI MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
E.B. Brión-Lousame-Negreira CBPS - Obradoiro
Polo Coach Mozan
Volta á competición para o equipo mixto do Escolas Negreira, Lousame, Brión CBPS na fría maña do sábado, fronte o Obradoiro. E púidose comprobar como os nosos xogadores e xogadoras seguen no bo camiño, e cada partido son capaces de facer máis cosas e atreverse con todo aquelo que se adestra, cada vez un número de veces máis grande.
Pouco a pouco imos sendo tamén capaces de entender, algo que consideramos moi relevante, que e que cada vez que recibimos una canastra temos una nova oportunidade de sacar moi rápido e correr o campo, en vez de lamentarnos. E así foi, incluso o final do partido cando o rival había obtido xa una gran diferencia.
Defensivamente tamén os xogadores e xogadoras son quen de emparellarse máis rapidamente con seus pares e de contenerles mais tempo.
Toca seguir adestrando para automatizar coma si de actos reflexos se tratase, xestos técnicos y reacciones varias na pista de xogo.
Xogaron: Sofia, Angela, Nico, Nacho, Oscar, Egit, Dani, Pedro, Rodrigo, Marcos, Martin.
We Robots/Larpeiradas CBPS - Peleteiro 43 - 27
Polo Coach Álex
Empezamos o ano madrugando para xogar contra Peleteiro. O We Robots/Larpeiradas CBPS pronto se descolgou do partido. Un parcial no segundo cuarto de 16-2 fixo que todo o partido fora costa arriba.
O equipo sonense non se aplicou en defensa, o que fixo imposible recuperar a desvantaxe.
Moitas cousas que mellorar, pero para iso seguiremos adestrando.
XOGARON: ROI, ALEX, ALEXO, SAMU, ÁLVARO, DANI, LUCAS, CELSO E LOIS.
PREINFANTIL FEMININO
Liga Galega
KFC CULLE 16 – EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS 66 - 16
Polo Coah Luis Forès
Este sábado volvía á competición o EXCAVACIONES DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS. Tocaba visitar ao KFC CULLE de Culleredo. O partido marcado para as 16 horas do sábado era a volta á competición dun equipo que acabou con boas sensacións o ano e que necesitaba volver competir canto antes para seguir co refacho de vitorias que leva.
O encontro, poida que pola hora, ou polo frío empezou con demasiados erros por parte das nosas mozas sobre todo erros en canastras doadas, aínda que aos poucos grazas a unha boa defensa fomos escapándosenos do marcador ata unha diferenza de 23 puntos ao descanso (11-34).
Tralo paso polo descanso saímos moito mais enchufadas nas dúas partes da cancha, facendo neste período un parcial de 02 a 24 (incluídos 4 triplos) o que deixaba o coche decidido ante un rival que sempre o tentou. O resultado final foi un calco do partido xogado en Portosín fai 3 meses, 66-16 aquel día.
O partido serviu para dar minutos a xogadoras que veñen de lesións, e para probar algunhas cousas que teremos que valorar ao longo da semana nos adestramentos.
Agora toca seguir adestrando duro para seguir mellorando e poder competir nos seguintes partidos onde nos tocan rivais da parte nobre da clasificación.
Xogaron: Cris, Noa, Sara, Paula Fernandez, Paula Castro, Candea, Iria, María, Marta e Carla. Parabén mozas pola vitoria!! A seguir traballando!!
INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
Pescados Bormar CBPS - Cluny 59 - 9
Polo Delegado Bule
Para empezar o ano, vitoria doada do Pescados Bormar CBPS que segue invicto na competición.
O partido non tivo moita historia, foi dominado de principio a fin por un conxunto local, o que permitiu unha rotación ampla e maior protagonismo das novatas, que cada día o son menos, e das dúas minis convocadas.
Non foi un partido brillante pero serviu para reafirmar a aposta por un xogo coral, onde as máis curtidas fan partícipes as que necesitan minutos para foguearse. E estas, cada vez intentan máis cousas e vanlle perdendo o medo á pista. Neste aspecto, si que foi positivo o encontro.
Enfronte, pouco que destacar salvo as gañas de bronca dun adestrador que tampouco foi quen de montala con estilo. Unha mágoa.
Xogaron: Xiana, Carla, Noa, Paula, Lara, Raquel, María, Nuria e as minis Xiana e Candela. o equipo contou coa baixa de Noa F.
INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS - Obradoiro CAB 20 - 70
Polo delegado Bule
Para renaudar coa competición, ao Paco's Moda/GaraxeXuño CBPS tocáballe bailar co líder indiscutido do grupo, e firme candidato á Liga galega do ano que vén, o Obradoiro CAB.
Nestes partidos que non son da nosa guerra, os dilemas son varios. Sabemos que non podemos competir pero teñen que ser oportunidades para que os xogadores xoguen liberados e intenten cousas.
Nesta ocasión, a potencia do rival foi un factor desquilibrante dentro do equilibrio do equipo. Emocionalmente, os nosos nunca foron capaces de atopar a serenidade que lles tería permitido aproveitar as poucas opcións que nos deixaba o rival.
Porque este Obra ten a marca dos equipos grandes, a súa primeira vitoria foi mental ao imprimir un ritmo rápido diante e moi duro atrás. Os xogadores sonenses non foron nunca capaces de sacudirse dese dominio total que sumerxiu aos que teñen que ser líderes nomáis profundo caos.
Malia todo, tanto Mozan coma Bule agardan que desta experiencia se sacaran conclusións que nos fagan mellorar a todos. Sempre se aprende, especialmente de un mesmo.
Xogaron: Pablo, Henok, Manu C., Manu B., Hugo, Leo, Jaime e o mini Samu.
CADETE FEMININO
Liga Zonal de Santiago
Santa Baia - Rótulos Ageitos CBPS 92 - 36
Polo Coach Jose
Un partido para esquecer, aínda que o equipo estaba moi minguado por lesións e enfermidades a falta de actitude defensiva e en ataque sen xogar a nada, foi moi clamorosa. Parabéns as locais que si estiveron serias e intensas durante todo o partido.
Temos que reprantexarnos certas actitudes e a falta de orgullo e de vergoña polo repaso que nos estaban a dar.
Xogaron: Antía, Mariña, Carla, Sabela, Martina, Xiana, Carmen, Andrea, Valeria.
CADETE MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
Tiendas Pillados/A Nosa Ría CBPS - Enseñanza 91 - 43
Polo Coach Juan Filgueiras
Novo golpe de autoridade do Tiendas Pillados Parrillada/A Nosa Ría CBPS que dá un paso adiante para ser primeiro de grupo ao vencer por 91 a 43 ao Enseñanza.
O equipo mostro un baloncesto con moito ritmo e moita esixencia física.
Valorar a vitoria polo gran rival que tivemos enfronte, un Enseñanza que en ningún momento lle perdeu a cara ao encontro.E unha marabilla ver como xogan os equipos de Paula.
Pero desta vez nós fixemos moitas cousas boas. Traballamos moi ben as segundas axudas, melloramos nas tomas de decisións e na lectura das vantaxes.
Pero o mellor e que os 11 xogadores do equipo están ao mesmo nivel sen notarse quen entra e sae do campo.
Mozan e Juan están moi contentos con traballo do grupo pero queren seguir na liña ascendente que leva o equipo.
Xogaron Isaac , Martin, Denis, Pinaya, Fran, Andres, Abel, Manu, Henok, Noel e Isma
E así foi a mirada dos nosos adestradores sobre a xornada, e así a contaron |