mércores, 23 de xaneiro de 2019

A CRÓNICA DA XORNADA DOS ADESTRADORES


O POBO MANDA


Fin de semana intenso en moitas canchas, con moitos partidos coa capital como epicentro. Coma sempre, houbo vitorias, derrotas, partidazos, moitas sensacións, en maioría positivas. En resumo, moito baloncesto. Que é do que se trata.



PREMINI
Liga Zonal federada de Compostela


R. Portofino CBPS - San Pelayo 73 – 22
Polo coach Beiro

Os xogadores do Restaurante Portofino CBPS tiveron que madrugar por segundo sábado consecutivo e xogar o seu encontro as 9:30 ¡Grazas FEGABA! 


Comenzou o partido repetíndose o patrón da xornada anterior, despistes, mala defensa, pouco esforzo e cada un facendo a guerra pola súa conta en ataque.


Pero desta vez non tardaron tanto en poñerse en acción os sonenses como a semana pasada e tras unha charla ao final do primeiro cuarto empezaron a xogar mostrando tódolos progresos que se están traballando nos últimos adestramentos cun xogo moi combinativo en ataque, de moitos pases ocupando cada un o seu espazo e finalizando sempre as xogadas o xogador máis liberado.




Nas finalizacións está o gran pero do equipo, xa que se está fallando moitas canastas doadas froito da xuventude e inexperiencia aínda do equipo. Polo demais a seguir traballando que este sábado as 12 agárdanos un equipazo como O BasketDeza de Lalín.



Xogaron: José , Elba, iker, Mauro, Dani, Iago, Oscar, Lucas e Brais o que ainda estando moi griposo foi a axudar ao seu equipo mostrando moito compromiso cos seus compañeiros. Foron baixa James e Sophie Hall e a adestradora Valeria que tiña o seu partido cadete a mesma hora.


ED Brión CBPS - Milladoiro 24 – 26
Polo Coach Nonfoisentempo, Chechuflete

O Brión CBPS foi capaz de sobrepoñerse as numerosas baixas e facer un gran partido diante dos veciños do CB Ames. Faltaron Lupe, Helena, Daniel, Ainhoa e Jeni pero contamos coa valiosa axuda de Arume, que aportou moito no seu primeiro partido de preminibasket.


Tamén xogaron Martiño, Noa, Manuel, Sofía, Xabi, Iria, Hugo e Ainhoa Ibarra


O partido estivo dominado case todo o partido pol@s nos@s nen@s pero un parcial duro no último cuarto, debido ao cansancio que tiña a nosa equipa nas pernas, fixo que chegáramos á última xogada 2 abaixo. Tivemos dúas ocasións para ir outra vez á prórroga pero a pelotiña paseou polo aro e non quixo entrar.


De tódolos xeitos o resultado non vai cambiar que fixemos un partidazo. Seguimos na loita!!


EB Negreira CBPS - APB Fontiñas 30 – 46
Polo Coach Jose

Partido igualado o que se disputou no Restollal. Os nicrarienses moi frouxos en defensa, foron moi igualados nos catro primeiros cuartos. 



No quinto tempo, os do Negreira CBPS, pagan o cansancio de correr detrás do balón e xa non defenden ca intensidade do inicio do partido co que o marcador se nos escapa.


Temos que defender todos e ser máis solidarios, axudar en defensa e en ataque estar máis separados e levantala cabeza para ver os meus compañeiros e tomar boas decisións nas finalizacións. 


Seguiremos traballando.
Xogaron: Sophia, Miguel, Barbeira, Quintáns, Paula, Álvaro, Carmen, Amaya e Nico


MINI FEMININO
Liga Zonal federada de Compostela


Tradigas-procesados Portosín CBPS - Peleteiro 41 – 34
Polo Coach David Suárez

Grandísimo partido do Tradigas-procesados Portosin CBPS ante o Peleteiro b que nos puxo moi difíciles as cousas dende o inicio. 



Por primeira vez na tempada empezábamos por debaixo no marcador pero pouco a pouco fomos subindo a intensidade e recortando puntos. Froito desa intensidade conseguíamos roubar moitos balóns e canastras doadas pero outras veces facíanos cometer erros que as santiaguesas non perdoaban e chegabamos o último período 2 puntos abaixo.



Foi nese momento cando apareceu o mellor xogo sonense e un parcial de 11 - 2 fíxonos sumar a 7 vitoria.


Xogaron: Lucía, Iría, Lía, Candela, Ana, Xiana, e as premini Sofía, Paula e Aitana.


MINI MASCULINO
Liga Zonal federada de Compostela


Escolas Lousame/Brión/Negreira CBPS - Peleteiro 4 – 54
Polo Coach Mozan

O BRION_LOUSAME_NEGREIRA CB PORTO DO SON, disputou un encontro fronte a un rival moi superior, que en todo momento esixiu a os nosos novos xogador@s o máximo, o que dende o noso punto de vista e altamente enriquecedor.


Así cada acción positiva levada a  cabo ten moito mais valor, que en outras circunstancias menos complexas.


Satisfacción co feito por os nosos que continúan a medrar cada día máis no seu xogo. 
A seguir traballando co mesmo entusiasmo que o facedes e a seguir divertíndonos a la par que evolucionamos coma xogador@s. 


XOGARON: Sofía, Angela, Pedro, Nacho, Alex, Dani, Rodrigo, Egit, Martín y Adrián.


We Robots CBPS - Enseñanza 61 – 22
Polo Coach Álex

Bo partido dos rapaces do CB Porto do Son. Durante todo o encontro mantivemos unha gran intensidade en defensa e dando poucas opcións de rebote en ataque.


O noso ataque foi moi fluido, con rápidos contraataques, o que fixo que a Enseñanza lle custara moito defender. 


Agradecer o esforzo de Óscar e Dani, xa que doblaron con nós. Gracias chavales!¡!¡
 

XOGARON: DANI, SAMU, CELSO, ÓSCAR, DANI, ROI, ÁLVARO, ALEX, ALEXO E LOIS.


PREINFANTIL FEMININO
Liga Galega


Excavacións Darío/Bodegón O Pescador CBPS - Cortegada 50 – 51
Polo Coach Luis Forès

Neste sábado 19 volvía xogar o noso equipo preinfantil do ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON Ou PESCADOR CBPS a xogar en casa. Por culpa da meteoroloxía o partido trasladouse desde o pavillón de Santa Irene ao David Vidal de Portosín para enfrontarse ao PASTELERIAS YOLI CLB de Vilagarcía. 


 
Como se reflicte no marcador, foi un partido moi igualado, un partido xogado a lume de biqueira polos dous conxuntos. O partido comezou con dominio visitante grazas ao seu acerto preto do aro e aos nervios das locais que cometeron neste período moitas faltas evitables trastornando un pouco as rotacións e fallaron moitas canastras doadas baixo do aro, pero que a pesar diso aos poucos fóronse metendo no partido grazas a un ataque fluído e boa defensa. Chegouse ao final deste 1º período con vitoria local por 20 a 18.
O 2º período foi malo por parte das locais. Noa primeiro, e Carla despois tiñan que abandonar o partido por lesións (Carla forzaría para volver ao encontro mostra do seu compromiso). Pero neste período as visitantes escapáronse no marcador grazas a un parcial de 08 a 17 para chegar ao descanso cunha vantaxe de 7 puntos (28 a 35).
Tras o paso polos vestiarios, as nosas mozas saíron dispostas a plantarlle cara ao rival, que cun parcial de 0 a 4 dispuxeron da súa máxima renda (11 puntos). Aos poucos as nosas guerreiras fóronse metendo no partido lideradas por Castro e Sara (Marta e Paula F. axudando a subir o balón e Candela e Lucía xogando sen complexos nin medos), e xa posteriormente con Carla cando puido reintegrarse ao partido. O partido ao final do 3º período íase comprimindo no marcador ata os 5 puntos de diferenza para as visitantes co que se chegaba ao último período con todo por xogarse. 


 
No último período, como formiguiñas as nosas foron reducindo a diferenza, e mesmo chegaron a poñerse por diante no marcador, pero o esforzo, as faltas persoais (eliminadas Fernández e María) e algúns fallos facían difícil a tarefa. As arousanas en cambio a base de tiros libres metéronse no partido, e puxéronse 1 punto arriba no último minuto. Con todo por xogarse varios erros en pechar o rebote, e un ataque onde a pelota non quixo entrar imposibilitaron que a vitoria quedase en casa. 


 
Nestes partidos ao final a diferenza no marcador vén marcada por pequenos detalles que hai que seguir traballando para mellorar.
A pesar da derrota podemos estar moi satisfeitos e orgullosos polo esforzo realizado por todo o equipo, incluídas Candela e Lucía que sendo minis axudaron moito ao equipo nos minutos que xogaron, e Iria tamén mini que a pesar de non xogar animou dende o banco ás súas compañeiras.
É unha derrota dolorosa e á vez gratificante. Dolorosa por perder de 1 punto, pero gratificante porque competimos moi ben, e demostramos que podemos loitar contra calquera equipo. 



Hoxe polo ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS xogaron Marta, Carla, Candela, Noa, Paula Fdez, Paula Castro, María, Sara, Lucía e Iria. (Cris foi baixa por lesión).
Parabén mozas! A seguir traballando para cada vez ser mellores! 


INFANTIL FEMININO
Liga Zonal federada de Compostela

2da División
 
A Estrada - Pescados Bormar CBPS 15 – 65
Polo Delegado Bule

Tocaba visitar A Estrada para as xogadoras do Pescados Bormar CBPS nunha nova etapa na súa carreira cara o título.




O rival era desta vez un equipo novo, composto por xogadoras que, na súa gran maioría, están a afrontar a súa primeira experiencia neste mundo da canastra. Pese a esa inexperiencia, as estradenses nunca lle perderon a cara ao partido e ofreceron un derroche de actividade digno de alabar. Nótase que hai un adestrador por detrás.




Nesta situación, unha vez máis, o marcador non era o máis importante. Dirixidas polas máis "veteranas", as nosas novatas tiveron moitos minutos para mostrar unha evolución cada vez máis gratificante. Tamén sumáronse as minis que acompañaron o equipo para que o resultado fóse unha obra coral. Un paso máis.



Xogaron: Carla, Xiana, Noa, Paula, Lara, Raquel, María, Nuria e Candela.



INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal federada de Compostela
 

2da División
Peleteiro C - Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS 53 – 64

Polo Coach Mozan

O Pacos' Garaje  Xuño CB PORTO DO SON xogou na maña do domingo un bonito encontro de baloncesto no campo do Peleteiro. Dende un principio domino o xogo e mailo marcador. aínda que sempre cun rival que facía perfectamente a goma.



So a falta de acerto no tiro diante da pechadísima "defensa" do rival foi determinante para non adquirir unha renda máis folgada no marcador.



Por a nosa parte e cun xogo moi coral, donde cada xogador tivo o seu momento, en acciones tanto de ataque coma de defensa, o equipo xogou un partido moi serio e ordenado cando tocaba, e deixando aparecer o talento de cada xogador nos intres xustos.




Moita satisfacción por a vitoria na expedición Sonense, nun campo nada fácil de xogar por o desagradable do ambiente na bancada, onde se escoitan cousas que non deberían escoitarse a este nivel. 





Xogaron: Samu, Jaime, Pablo, Hugo, Leo, Henok, Manuel C, Manuel


3eira División
CB Ribeira - ED Brión CBPS 64 – 32

Polo Coach Mozan


Os infantís do CB BRÍON CBPS disputaron o primeiro encontro da segunda volta evidenciando claramente a súa progresión en todos os aspectos do xogo.
 
Así por exemplo as saídas en contraataque cada vez son mais numerosas e sobre todo o encadeamento de acciones no xogo e algo digno de destacar.

Igualmente cada vez e maior o número de xogadores que se atreven a facer cousas no campo a hora de pasar o balón o de atacar a seu defensor. 

En definitiva, moi contentos con progreso de todos os xogadores. 
 
Xogaron: Abel, Álvaro, Unai, Miguel, Jaime e Pablo. 

CADETE FEMININO
Liga Zonal federada de Compostela


Rótulos Ageitos CBPS - Peleteiro 58 – 47
Polo Coach Juan Filgueiras

Gran partido o disputado polas rapazas do Ageitos que sacaron a relucir todo o bo traballo realizado por Mozan e José.



Os contraataques con pases a unha man , as finalizacións de diferentes formas e a orde no xogo en ataque xunto cas ganas de desfrutar e xogar deron o resultado dun partidazo.



Durante a semana e tras o partido de 15 días atrás as nenas deron o máximo adestrando e iso mesmo fixeron no partido.



Parabéns a todas.

Xogaron Valeria, Carmen, Antía, Martina, Carla, Xiana, Andrea e Sabela.
Lesionadas Noa e Mariña.
Ese e o camiño a seguir.

E así foi a nosa visión sobre a xornada, e así a contamos.