domingo, 23 de decembro de 2018

A CRÓNICA DA XORNADA DOS ADESTRADORES

Nova xornada expansiva, con partidos anulados o finde semana pasado e algún aprazado recuperado.
E así foi coma o viron os nosos adestradores.


Premini
Liga Zonal de Compostela
E. B. Negreira CBPS 26 - Ames Mixto Milladoiro 52
Polo coach Jose
A cousa non é como empeza senón como remata.
Así podíamos titular a película do partido dos Preminis da E. B. Negreira CBPS. Todo comenzou moi bonito, xogando fluido, ben colocados na cancha, Carmen anotou a súa ansiada canastra(incluso tódolos rapaces que saíron no cuarteto inicial anotaron) e fallaron moitos tiros que nos darían unha boa vantaxe para o que veu despóis...


Dirixindo

Os do segundo cuarteto, xa non anotaron tanto, pero aínda aguantaron o tipo, e grazas a diferencia do primeiro tempo, nos mantiñamos por arriba e contentos, pero, nos dous tempos seguintes...

Todo volveuse borroso

Malas colocacións para sacar o balón, no ataque, todos xuntos e sobre todo nas defensas, que non sabiamos donde se atopaba o noso xogador, fixeron que os do Milladoiro, non só remontaran o partido, senon que a impresión que nos deixaron é que xogamos moito peor do que é na realidade.


Buscando o camiño

No último tempo, tivemos unha leve melloría, pero ca falta de puntería non poidemos achegarnos máis no marcador.
Seguremos traballando!
Xogaron: Ana, Sophia, H. Barbeira, H. Quintáns, Paula, Álvaro, Carmen, Amaya e Nico.

Minibasket feminino
Liga Zonal de Compostela
Tradigas Procesados Portosín CBPS 34 - Cluny 10

Polo coach axudado David Suárez


Estas cracks merecen que lles fagan moitas máis fotos!

Na mañan deste sábado por fin podía xogar o Tradigas-procesados Portosin CBPS  na casa recibindo o Cluny santiagués.

Dende o inicio, as sonenses dominaron o partido dende unha defensa a toda pista que apenas concedía tiros as visitantes deixándoas en tan só 4 puntos o descanso. 


Co partido moi de cara nos últimos 3 períodos o entrenador limitou o ataque das locais obligándoas a atacar cun bote como máximo para mellorar o xogo de pases.

O 34 - 10 final permite ás sonenses pasar as navidades como primeiras cun balance de 5 victorias e 0 derrotas. 

Xogaron Lucía Xiana Lia Julia Iría Marcela Candela e as preminis Aitana e Sofia
Minibasket Masculino
Liga Zonal de Compostela
E.B. Briòn- Lousame- Negreira CBPS 5 - Milladoiro 54


Novo partido dos rapaces das escolas e Brión, Lousame, Negreira e Son, fronte a un rival máis experimentado.

Perseguindo amenses

Miradas
A seguir correndo


We Robots Larpeiradas CBPS 52 - Obradoiro 35
Polo coach Álex

Primeiro partido da tempada na casa, algo que nos sentou moi ben: menos madrugón, máis público, etc., todo sumou para acabar con victoria ante o Obradoiro.




Foi un partido no que fixemos moitas cousas ben: boas defensas con recuperacións de balón en campo contrario, bos contraataques e sobre todo unha gran melloría a hora de xogar en estático. Seguiremos traballando en cada entreno para intentar dar o máximo en cada partido.


Xogaron: DANIEL, SAMUEL, ROI, LUCAS, ÁLVARO, LUCAS, CELSO, ALEX E ALEXO.

Preinfantil feminino
Liga galega
Excavacións Darío-Bodegón O Pescador CBPS 63 - Basquet Coruña 42
Polo coach Luis Forès

Este sábado 22 de decembro volvía á competición o ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS fronte ao BASKET CORUÑA LEYMA, partido que foi aprazado hai un mes.

Todo empeza no aire

Despois de dúas semanas sen competición, e con moitas nenas tocadas non sabiamos como ía desenvolverse o partido. E dicimos moitas xogadoras tocadas porque realmente o panorama era preocupante (Noa dor xeonllo, Cris debutaba despois de tres mes por problemas no xeonllo, e xogou con dor, Paula Castro dor costas, Candela problemas nunha muñeca e pé, Carla levaba 3 días con febre, Marta levaba un mes parada por problemas nun nocello). Pero este equipo se algo é, é un equipo moi sacrificado.

Miradas de mulleres

O partido empezou con nervios no cadro local, pero aos poucos a través dunha boa defensa fóronse disipando arrincando as primeiras diferenzas no marcador de Portosin. Co paso dos minutos, o partido ía polo camiño desexado, aos poucos aumentando diferenzas ata chegar ao 34 a 17 do descanso.

Pechando portas
No 3º período as sonenses seguiron marcando o ritmo, forte defensa, e rápidos ataques (3 triplas neste periodo) pero os problemas físicos empezaban a notarse, e non nos abandonaron ata o final do partido onde o decoro, sacrificio e traballo en defensa fixo que mantiveramos as diferenzas só recortadas ao final cun parcial de 0 a 7 cortado cun 2+1 final que deixou a diferenza en 21 puntos ao noso favor.

Todo segue no ar

Agora toca recargar pilas estas semanas de nadal e recuperar xogadoras para empezar o ano a tope de enerxías e seguir sumando pasos na mellora do equipo.

Xogaron Carla, Candela, Paula Castro, Marta, Cris, Noa, Lucía, Iria, Sara e María. 


Toca felicitar o nadal a todas as xogadoras, pais, e a toda a familia do CBPS. Gozar destas datas en familia, e o 2019 que sexa un gran ano para todos, tanto no persoal, coma no deportivo. 

Infantil feminino
2da División Liga Zonal de Compostela
CB Noia 41 - Pescados Bormar CBPS 64
Polo infiltrado Bule

Novo derbi feminino en Noia, desta volta en categoría infantil. Á diferenza do anterior, este presumíase máis competido entre dous equipos que están instalados na parte noble da táboa de clasificación.

Todo por xogar

De inicio, o conxunto de Pescados Bormar CBPS saiu moi activo na pista, conseguindo moitos roubos e canastras doadas. Esta actividade a ambos lados da cancha dáballe unha primeira vantaxe xa significativa de 11 puntos ao remate do primeiro cuarto.

Libre

Nembargantes, no segundo cuarto, as visitantes caeron na relaxación e o individualismo para ve como o conxunto local, que consta de grandes individualidades, remontaba en xogo e anotación. Ao descanso, 23-26 e todo por xogar.

A tensión dun derbi.

Xa na segunda parte, as visitantes volveron a apretar e, desta volta, non deixaron que as locais retomaran aire, xogando 20 minutos de gran intensidade, compañerismo e competitividade. Coma se teñen que xogar os derbis.

Xogaron: Xiana, Carla, Paula, María, Raquel, Clara, Noa F., Noa I., Candela e Lucía. Nuria estivo de baixa neste encontro.

Só nos queda desexarlles felices festas ás nosas guerreiras e ás súas familias; o mellor aínda queda por vir.

Infantil masculino
2da División Liga Zonal de Compostela
LaSalle 69 - Pacos Moda/Garaxe Xuño CBPS 62

Polo coach Mozan


Afrontaba o PACOS Moda/GARAXE XUÑO CBPS un encontrou na matinal do sábado fronte a un rival de categoría con só 7 efectivos, o que implicaba que tivera que dar cada xogador a mellor das súa versión para poder levar a cabo todo aquelo que adestramos. Conseguímolo facer na saída e así fomos quen de sorprender o rival con boas contras e anotar canastras doadas. Cando non era así, en o xogo de 5X5 éramos tamén quen de atopar boas soluciones . Sen embargo empezamos a deixar de ter esa atención no xogo , sobre todo en defensa, e o rival comezou a darlle a volta tanto o marcador como o xogo propiamente dito.


Escoitando o mestre
A volta dos vestiarios recuperamos a nosa mellor versión e fixemos con bastante frecuencia o xogo que queremos desenvolver e se viuse un bonito e disputado partido por ambos equipos. Salientar o acerto do noso rival no seu tiro de media e larga distancia, que en ocasións chegou a desesperarnos.
En resumo moi bo partido dos nosos xogadores que deben entender que o que depende de nos exclusivamente, a  atención, a intensidade , a comunicación…non deben ser nunca motivos para darlles alas os rivais.


Queda un mundo por facer
So queda desexarvos un bo Nadal e feliz ano novo os nosos seareiros e en especial, as familias dos nosos xogadores que so nos sabemos o que nos facilitan o noso traballo.
Xogaron: Jaime, Pablo, Manuel, Hugo, Manu, Henok e Leo.

3ª división Liga Zonal de Compostela
CB Briòn CBPS 33 - Milladoiro 78
Polo coach Mozan

Os Lobos De Brión CBPS afrontaban un encontro fronte a un rival moi superior en centímetros e que grazas a elo eran quen de anotar canastras doadas tras rebotes de ataque, ou pases imposibles de interceptar para os nosos xogaxores.

O traballo defensivo do noso equipo non acaba ainda de ser eficaz a hora de axudarnos os unos a os otros, e interiorizando o concepto de "noso"en vez de "meu".
E na outra faceta do xogo, a do ataque, onde cada xornada o equipo faino millor, e empeza a ser habitual xa ver magníficas accións de xogo sen balón máis a pertinente asistencia, ou ataques de un bo número de pases feitos con muito sentido, altruismo e xenerosidade.
Agora toca descansar ata a volta do Nadal, no sen antes desexar unas felices festas aos nosos xogadores, e ás súas respectivas familias, que nesta primeira etapa da historia non fan outra cousa que non sexa colaborar connosco de xeito totalmente desinteresado e de darnos ánimos e forzas pra continuar con esta bonita aventura.
Bo Nadal e feliz aninovo. 

Xogaron : Álvaro, Abel, Carlos, Mateo, Miguel, Pablo e Jaime. 

Cadete masculino
2da División Liga Zonal de Compostela
Tiendas Pillados A Nosa Ría CBPS 86 - Pobra do Caramiñal 31
Polo coach Filgueiras

Encontro da xornada aprazada pola fegaba.
Encontramomos cun equipo que en tempos antaños nos poñía oposiciòn no xogo, un equipo moito mellor ca nòs físicamente e ca incertidume de como sería a realidade do encontro.


Na cova

De inicio saimos con tensiòn pero con malas decisiòns defensivas pero nos serviron para sacar vantaxe no marcador.
Atopamos a un conxunto que xogaba ao fallo, agochado nunha zona 2-3 a altura do tiro libre e totalmemte estática (filosofías e decisiòns de clubs de formaciòn) que semellan estar de moda.
Tirabamos sen mínima oposiciòn e anotábamos de 3 puntos y gañábamos nos cortes para anotar debaixo de canastra.
Chegábase ao descanso con mal xogo pero cunha ventaxa enorme.
O equipo rival solo anotaba por desmérito noso e pola nosa defensa a toda pista que facilita canastras.
No terceiro cuarto xogamos sen presiòn ningunha e periodo igualado. A falta de 4 minutos tras un tempo morto onde os adestradores piden compromiso e esforzo parcial brutal para gañar con moitísima claridade.


Outra velocidade

A lectura positiva que deben sacar os xogadores é que deben xogar todo o encontro ao nivel de contactos e físico co que adestran e a mellora e progresiòn esta patente en relaciòn a un rival que hai tres anos nos competía.
A seguir traballando equipo.


Xogaron: Fran , Isma, Noel, Pinaya, Andrés, Abel, Manu, Henok, Isaac, Martín e o debut da último fichaxe ribeirense Denís.

Santa Baia 35 Tiendas Pillados A Nosa Ría CBPS 125

Posiblemente o mellor encontro do ano ante un rival superdigno que intentou en todo momento realizar o seu xogo e poñer na medida das súas posibilidades poñer a máxima oposiciòn.


Tomando decisións

Desta vez, os nosos rapaces xogaron os 40 minutos concentrados e coa máxima intensidade, non como a semana pasada ante Pobra onde só xogaron 20 min.
A gran diferenza tamén está no rival que, da man dun gran adestrador coma Santi, propón cousas na pista baloncesto e non se adica a colocar barreiras defensivas nos tiros libres. 


Mirada furtiva

Fin dos encontros deste ano, agora toca cargar pilas estes días e seguir adestrando coa máxima exigencia, intensidade e gañas para ser mellores no indvidual e coma equipo.


Xogaron: Fran, Isaac, Andrés, Martín , Isma, Pinaya, Denis, Abel, Noel e Henok.

Así foi a xornada, e así a contamos! Felices festas a todos!