Remata a ponte e é hora de botar a mirada cara atrás e ver o que ocorreu na xornada do finde pasado, os partidos de mércores, xoves, este domingo...
Moito baloncesto e moito que contar.
Babybasket
Moito baloncesto e moito que contar.
Babybasket
Debutaron os nosos babys nun torneo organizado en Boio polo club cb Santa Baia, coa participación do CB Outes e CB Rianxo.
Todo é novo |
O importante foi vestir unha camiseta e saltar á pista a pór en práctica, por fin, o que levan aprendido neste curso.
Perseguindo soños |
Boiro, Rianxo, Outes, Son, o futuro é deles. |
Grazas a Jerry por dirixilos neste evento.
Premini
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Liga Zonal de Santiago de Compostela
E.B Concello de Negreira CBPS 26 - San Pelayo 42
Polo coach Jose
Cedo, no sábado de mañán, os nicrarienses da E.B Concello de Negreira CBPS cruzamos o Tambre para enfrontarnos aos Pelayos, moi mermados nas nosas filas, con tres baixas moi importantes como as de Quintáns, Álvaro e Paula, que maila estar enferma e pasar moi mala noite, ela quixo estar no banquiño animando os seus compañeir@s. Eso é compromiso, bravo Paula.
Sede de baloncesto |
Seguimos sen tomar boas decisións nas finalización tirando de moi lonxe e sin colocarnos correctamente.
Comunicando |
Si que houbo melloría na colocación na cancha e boas galopadas en contraataque, tamén varios pases de entre tres compañeiros; unha asistencia de Amaya para canastra de Ana que fixo poñer en pé a bancada.
Tamén foi a estrea de Sophia cunha canastra no terceiro cuarto que celebrou con rabia.
Curando golpes |
Pese a diferenza no marcador, hai que salientar que levamos o terceiro e o sexto tempos e empatamos no quinto. No seguinte partido con tódolos efectivos o 100%... Seguro, seguro que o pasamos xenial!
Xogaron: Ana, Sophia, Miguel, Hugo B, Carmen, Amaya e Nico.
Brión CBPS 22 - Mixto Fontiñas 52
O coach non a mandou esta semana
Restaurante Portofino CBPS 57 - la Salle 16
Polo coach Javi Beiro
Gran
sabor de boca o deixado polos preminis sonenses do Restaurante Portofino CBPS no seu partido deste sábado
disputado no pavillón de Compañía de María. A pesares da baixa de Dani Fernández,
os 8 xogadores presentes no partido mostraron grandes avances no seu xogo
especialmente a partires do terceiro cuarto.
Espectáculo |
Todos os xogadores disputaron o mesmo número de minutos, tendo tempo todos para ensinar todo o que se aprende nos adestramentos. O terceiro cuarto cun cuarteto formado por Oscar, Brais, José e Elba foi un exemplo de todo o que ten que facer un equipo, defensa intensa, ataques rápidos cando se conseguía recuperar axiña o balón e compartíndoo cando a defensa estaba formada; todo isto fixo que todolos que estiveron neste cuarto na cancha conseguisen anotar ou tamén asistir a outro compañeiro para que anotase.
A
demostración do terceiro cuarto sirveu de acicate aos outros catro xogadores
que participaban nos cuartos pares para apretar na defensa e tratar de hilvanar
xogadas como os seus compañeiros, conseguindoo por momentos.
O
partido debe servir como aprendizaxe para esforzarse dende o primeiro cuarto
ata o final do partido e non empezar a facelo dende o terceiro.
Xogaron:
Oscar, Brais, José, Elba (que anotou a súa primeira canasta), Lucas, Iago, Iker
e Mauro.
Foron
baixa Dani Fernández e os irmáns Hall, que por fin poderán debutar no partido
do 14 de decembro
Mini Feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Ames 29 - Tradigas-procesados Portosin CBPS 45
Polo coach David Suárez
Exercitando |
Canastas everywhere |
Xogaron Lucía, Xiana, Lía, Aitana, Ainhoa, Julia, Iría, Sofia, Marcela e Candela
Mini Masculino
Liga zonal de Santiago de Compostela
CBPS We Robots-Larpeiradas 53 Ames 38
Polo Coach Álex
Competindo por partida dobre |
Chegamos ao Milladoiro ca intención de racionalizar forzas, xa que tiñamos dous encontros nesta mañá. Sin embargo, foinos imposible xa que non conseguimos irnos no marcador ata o último período. O partido tuvo moito ritmo, tanto na defensa cómo no ataque.
Jump shoot |
Empezamos o derradeiro cuarto con unha ventaxa de só 4 puntos, polo que subimos a intensidade en defensa e, así, conseguimos marcar canastas fáciles de contraataque. Bo partido dos nosos rapaces.
Xogaron: ALEXO, SAMU, ALEX, ÁLVARO, LOIS, ROI, LUCAS, CELSO E DANI.
CBPS We Robots-Larpeiradas 33 - Milladoiro mixto 28
Polo Coach Álex
Segundo partido na mañá, cousa que se notou moito non só nos nosos xogadores, tamén no árbitro.
O partido foi moi brusco, con moitas faltas (non pitadas) e un xogo moi trabado. Eu, coma adestrador, prefiro un árbitro que enseñe que un arbitro que permita. Pois que mellor forma de enseñar que pitando cada falta cometida.
One-on-one |
Pouco se pudo sacar en limpo deste partido. Sacamos adiante o partido e saimos todos dunha peza. Felicidades ao Milladoiro por facer un gran partido. En dúas semanas voltamos as canchas.
Escolas Brión/Negreira/Lousame CBPS 12 - Galogrín 62
Polo coach Mozan
Buscando o punto |
O terceiro encontró do equipo Escolas Brión/Negreira/Lousame CBPS nos deparou accións moi puntuais de xogo francamente moi boas. Pudimos asi disfrutar dalgúns pases excelentes entres os nosos xogadores e xogadoras, que en un par de ocasións remataron ca tan ansiada canasta. Pases entre autenticos bosques de manos e pernas gracias a creatividade e fantasia de quen tiña o balón.
Cada vez todo o mundo se atreve con máis convicción a
botar o balón o chan e e encarar e retar o seu defensor, a veces con bo
resultado e outras nas que pagamos caro
a osadía. Pero vimos a xogar, sen risco non hai gloria.
O que si está garantizado e que de cada partido facemos una
pequeña festa, antes durante e o remate do mismo disfrutándolo en cada intre o
máximo . Que siga a festa entón
Xogaron: Sofía, Ángela, Martín, Óscar, Alejandro, Pedro, Nico, Egit, Nacho,
Marcos e Dani.
Preinfantiles feminino
Liga galega
Mariscos Cordal Cambados 11 - Excavacións Darío/Bodegón O Pescador CBPS 61
Polo coach Luis Forès
Despois dunha semana sen
competición e tres derrotas seguidas as mozas do ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS desprazábanse ata
Cambados para xogar contra o MARISCOS CORDAL CAMBADOS coa intención de volver á
senda do triunfo.
Respecto ao partido
anterior o equipo recuperaba efectivos e aínda que viaxaba con varias xogadoras
tocadas, as nenas dérono todo e máis na pista.
O encontro empezou con
moito ritmo por parte das nosas xogadoras nas dúas partes da pista o que
provocou que se escapasen no marcador xa no 1º cuarto cun parcial de 0 a 21 que
deixaba ás claras as gañas coas que chegaban as sonenses: gañas de volver
atoparse coa vitoria e demostrar todo o traballo que veñen facendo desde hai
meses a pesare das lesións.
A pizarra |
O equipo seguiu traballando moi duro en defensa e unhas veces rápidos ataques, outras con paciencia foi aumentando a diferenza ata o resultado final de 11 a 61 que mostra a superioridade visitante ante un conxunto local que o tentou sempre, pero non puido coas nosas mozas.
Aínda que parece un
resultado cómodo, o equipo tivo que traballar moito, sobrepoñerse a golpes, a
xogadoras tocadas, e iso grazas ao grupo comprometido que temos e demostrando
que con sacrificio, concentración e moito traballo podemos competir contra
todos os equipos.
Agora toca descansar,
recuperar forzas e lesionadas para afrontar os dous partidos que nos quedan
neste 2018 nas mellores condicións, pero iso si, adestrando duro para ser
mellores hoxe que onte!
PARABÉN MOZAS! A SEGUIR
TRABALLANDO!
Mención a parte destacar
o grupo de pais que sempre se despraza co equipo para animar, aínda que ás
veces dicir grupo queda curto porque son máis cun grupo, son unha peza
importante do equipo, xa que sen eles sería imposible ter este equipo. Así que
moitas grazas e a seguir animando ao equipo.
Infantil Feminino
Liga Zonal de santiago de Compostela
Pescados Bormar CBPS 70 - Rosalía 20
Polo Coach Mozan
O Pescados Bomar CBPS
acadou una nova victoria facendo un
xogo moi sinxelo a la par que practico, basado en rápidas contras froito de
boas acciones defensivas . A verdade é que as nosas xogadoras son moi xenerosas
no seu esforzo no campo, sexa cal sexa o resultado do encontro, e moi solidarias á hora de axudarse entre elas, e sobre todo á hora de facelo con aquelas que
aínda están dando os seus primeiros pasos neste mundiño.
E precisamente estas derradeiras cada día que pasa ubícanse
millor no campo, sobre todo defensivamente, e pouco a pouco van atrevéndose a
facer máis cousas. A verdade é que é todo un pracer ver as súas caras de
satisfaccción cando fan alguna acción positiva.
Enfronte un rival, o Rosalía, que en todo momento pelexou cada
balón e cada acción de xogo cunha atitude extraordinaria e digna do millor
dos eloxios.
Buscando espazo |
Ata a próxima cita, que será este mércores coa disputa do encontro aprazado no seu dia contra o Cia De Maria.
Xa esta tardando en chegar o momento de disfrutar cun equipo
no que dende a primeira ata última das súas componentes desborda traballo
ilusión e compañerismo entre elas.
Xogaron : Carla, Paula, Noa, Noa Filgueira, Raquel, Maria, Nuria, Lara
e Xiana.
PD: Iso si, a ver se aprendedes a pechar as botellas de auga dándolle una voltiña o tapón .
Pescados Bormar CBPS 58 - Cía de María 38
Polo coach Mozan
Xogouse na tarde do mércores o partido aprazado entre o PESCADOS BOMAR CBPS e o Cia De Maria, os
dous equipos invictos hasta a data.
Arrancada |
As nosas rapazas coma sempre saíron á pista cunha gran intensidade tanto en ataque coma en defensa e foron quen de adquirir una boa renta no marcador.
Enfronte, un rival que non dá tregua e que te esixe estar en todo intre moi atento
e activo, porque castiga cada acción na que non amoses esa actividade.
E así desenvolveuse o encontro que rematou cos dous equipos extenuados froito do gran traballo feito por todalas xogadoras.
E así desenvolveuse o encontro que rematou cos dous equipos extenuados froito do gran traballo feito por todalas xogadoras.
Liderato |
Iso si, no noso debe, os erros nos tiros libres que serán fundamentais en encontros máis igualados no marcador.
Xogaron: Iria, Maria, Raquel, Lara, Nuria, Xiana, Carla, Paula e Noa.
Non cambiades nunca, raparigas.
Infantil Masculino
Liga zonal de Compostela
Peleteiro B 49 - Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS 67
Polo coach substituto Juan Filgueiras
O substituto |
Pechando camiños |
Bo partido dos nosos rapaces cunha defensa a toda pista e imprimindo un ritmo moi rápido de defensa a ataque ao xogo dando lugar a canastras de superioridade.
Traballo, compromiso e solidaridade no grupo.
CB Barbanza 77 - Brión CBPS 27
Polo observador internacional Bule
Para rematar a ponte xogouse no pavillón de Palmeira un partido con gran carga simbólica entre equipos de dous proxectos novos. Sempre é de celebrar a aparición de clubs que se adiquen ao noso deporte. Por iso, máis alá do marcador, estes encontros xa son unha vitoria en si.
Na pista, ao igual que na vida real, o factor determinante foi a gasolina. Mentres o depósito estaba surtido, os Lobos de Brión xogaron grandes minutos e compensaban o seu déficit físico e de rotación con colocación, osadía e xogadas de calidade. Chegouse ao descanso cun 38-23 que recompensaba o esforzo dos visitantes.
No descanso houbo alfonsitada no vestuario local e os laranxa saíron coméndose a pista. Entre que xa as forzas fraqueaban e que o acerto deixou de acompañar, os barbanzanos foron ampliando o marcador hasta deixalo pechado a mediados do cuarto periodo. Aínda así, os minutos finais deixaron grandes xogadas, especialmente algunha saída da pizarra de Mozan, como para lembrarlle ao banquillo visitante que as pupilas aínda teñen cousas que aprender do mestre.
Xogaron: Jaime, Abel, Álvaro, Unai, Miguel, Pablo e Jaime.
Cadete Feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Lobos preparados |
Expectación |
Na pista, ao igual que na vida real, o factor determinante foi a gasolina. Mentres o depósito estaba surtido, os Lobos de Brión xogaron grandes minutos e compensaban o seu déficit físico e de rotación con colocación, osadía e xogadas de calidade. Chegouse ao descanso cun 38-23 que recompensaba o esforzo dos visitantes.
Escapada |
No descanso houbo alfonsitada no vestuario local e os laranxa saíron coméndose a pista. Entre que xa as forzas fraqueaban e que o acerto deixou de acompañar, os barbanzanos foron ampliando o marcador hasta deixalo pechado a mediados do cuarto periodo. Aínda así, os minutos finais deixaron grandes xogadas, especialmente algunha saída da pizarra de Mozan, como para lembrarlle ao banquillo visitante que as pupilas aínda teñen cousas que aprender do mestre.
New Kids in the Court |
Xogaron: Jaime, Abel, Álvaro, Unai, Miguel, Pablo e Jaime.
Cadete Feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
CB Noia 50 - Rótulos Ageitos CBPS 97
Polo Coach Jose
Derby no Alonso Rodríguez a hora da siesta. Como suele suceder nestes encontros, os dous equipos moi motivados e os nervios a flor de piel.
Na primeira metade, o Rótulos Ageitos CBPS saiu durmido na defensa, facendo que as noiesas se viñeran arriba e conseguiran moitos puntos desbordando por velocidade.
O noso ataque, aínda que moi precipitado permitiunos chegar por diante o descanso, pero coa sensación de que non dominábamos de acordo a superioridade das nosas xogadoras.
Tralo descanso, organizamos a defensa e con máis presión e implicación nas axudas das compañeiras rompemos o encontro convinando rápidos contraataques e xogadas en estático nas que movíamos ben a defensa conseguindo abrir hocos na zona noiesa.
No derradeiro cuarto, máis relaxadas, as do Rótulos Ageitos CBPS baixaron a intensidade e sumando as faltas cometidas volvemos a ter unha baixa anotación.
Temos que ser máis constantes e non xogar por rachas, implicarnos dende o primeiro momento na defensa xa que contra equipos máis físicos estes erros son irrecuperables.
Xogaron: Carla O., Antia, Mariña, Sabela, Martina, Xiana, Noa, Carmen, Andrea, Valeria.
Carla M. lesionada dende o partido anterior, esperando resultados e que non sexa nada grave para contar con ela canto antes.