Neste fin de semana #EnNegro, @s rapazas e rapaces do CBPS seguiron participando á cousa máis importante das menos importantes; o baloncesto.
Vexamos como lles foi, segundo a pluma dos seus adestradores.
Premini
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Vexamos como lles foi, segundo a pluma dos seus adestradores.
Premini
Liga Zonal de Santiago de Compostela
E.B Negreira CBPS 24 - La Sallle 47
Polo Coach Jose
Hoxe a E.B Negreira CBPS xogamos contra os escolares de La Salle, un equipo físico que levou a victoria de forma clara.
![]() |
Escapada |
Pola nosa parte, non estivemos acertados de cara o aro, fallando moitas canastras pola precipitación. Só vencemos no quinto tempo, pero no foi suficiente para achegarnos no marcador, así que no sexto tódos os xogadores foron premiados con minutos extra.
![]() |
Elevación |
Ana baixa por enfermidade e Sophia por unha viaxe
Brión CBPS 42 - La Salle Mixto 36
Polo coach Chechu
Son case 33 anos os que levo vencellado ao deporte da canastra e podo decir que o sábado foi un dos partidos dos que máis disfrutei. Ver aos meus pequechos loitar, esforzarse, mellorar, sorrir... Non ten prezo.
![]() |
Frenando |
O partido foi moi igualado en todo momento, con grandes momentos dos nosos xogadores onde xa comezan a coñecer como funciona este deporte. Foron necesarias dúas prórrogas para desfacer o empate pero ao final a victoria viaxou a Brión, para ledicia de siareiros, pais e adestrador.
![]() |
Parole, parole, parole |
Noraboa a Ainhoa R. e Ainhoa I., a Hugo e a Xabi, a Sofía e Martiño, a Dani e Jeni e tamén Noa e Iria por ser unhas e uns megacracks do basquet.
Basketdeza 69 - Restaurante Portofino CBPS 27
Polo cervantino Javi Beiro
![]() |
- Vou escribir unha crónica que nin Cervantes! |
Terceiro partido de liga para os rapaces do Restaurante Portofino CBPS adestrados por Javier e Valeria. O partido comenzou igualado nos tres, catro primeiros minutos do cuarto inicial, os sonenses respondían de forma axeitada a superioridade física dos lalinenses que non técnica. Foron os propios erros dos xogadores do equipo da costa o que os levou a permitir que os do Deza se escaparan no marcador tras varias perdas de balón ou despistes varios na defensa.
![]() |
Cabizbaixos |
A partir de aí, repetiuse esa tónica no encontro que fixo que o despegue no marcador por parte do Basketdeza continuase ata que no quinto e sexto periodo os xogadores do restaurante Portofino CBPS recuperaron a calma e foron quen de encadenar boas defensas con xogadas combinativas en ataque sendo estes dous periodos mais igualados.
![]() |
O sonriso do chof |
Xogaron: Dani, Oscar, Iago, José, Lucas, Iker, Mauro, Brais e Elba. Os irmáns James e Sophie Hall siguen de baixa por temas burocráticos.
Mini Feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Liga Zonal de Santiago de Compostela
A Estrada 22 - Tradigas-procesados Portosin CBPS 52
Polo Coach David Suárez
Bo partido do Tradigas-procesados Portosín que cunha gran defensa fíxose co dominio do partido dende o primeiro periodo, aínda que no marcador costou algo máis debido á gran cantidade de erros de cara o aro.
Bo partido do Tradigas-procesados Portosín que cunha gran defensa fíxose co dominio do partido dende o primeiro periodo, aínda que no marcador costou algo máis debido á gran cantidade de erros de cara o aro.
![]() |
Superioridade |
![]() |
- Escribir non é o meu |
Xogaron: Xiana, Lía, Aitana, Ainhoa, Ana, Lucía, Julia, Iría, Marcela e Candela
Mini Masculino
Liga zonal de Santiago de Compostela
Liga zonal de Santiago de Compostela
We Robots-Larpeiradas CBPS 36 Galogrín 24
Polo coach Álex
Nesta xornada tocounos ao We Robots-Larpeiradas CBPS enfrentarnos contra o equipo Galogrín.
Nesta xornada tocounos ao We Robots-Larpeiradas CBPS enfrentarnos contra o equipo Galogrín.
Foi un partido moi igualado, ata que no último tempo conseguimos irnos no marcador ata acadar unha distancia de 10 puntos.
Semana a semana seguimos traballando para mellorar.
Xogaron: Alex, Samu, Celso, Lucas, Dani, Álvaro, Lois, Roi e Alexo.
![]() |
Unionismo |
Xogaron: Alex, Samu, Celso, Lucas, Dani, Álvaro, Lois, Roi e Alexo.
Escolas Brión/Negreira/Lousame CBPS 9 - La Salle 49
Polo coach Mozan
Segundo partido do Escolas Brión/Negreira/Lousame CBPS nesta nova singladura dos nosos nenos e nenas, que xogan por
primeira vez una competición oficial. Nervos igual que aconteceu na
derradeira semana, e tamen moita ilusión por voltar a xogar.
![]() |
Explicación |
Moi pouco a pouco os xogadores vanse colocándose millor na pista e coñocendo e identificando os básicos, tanto do regulamento, coma das dimensións da pista e a forma de ubicarse na mesma.
O que si teñen perfectamente
grabado a lume é que este é un xogo de colaboración e coperación, e
así móstranse bastante xenerosos á hora de compartir o balón entre
eles.
O marcador final reflexa a
superioridade do noso rival, que amosouse coma un equipo ben
traballado, onde tamén os seus componentes son quen de pasarse entre
eles o balón moi rápido.
O millor de todo e que xa no
vestiario os nosos xogadores e xogadoras xa estaban
preguntando a hora e máis o pavillón do seguinte partido.
preguntando a hora e máis o pavillón do seguinte partido.
Ninguén va ser quen de desanimarlos
…
Infantil Feminino
Liga Zonal de santiago de Compostela
Liga Zonal de santiago de Compostela
Pescados Bormar CBPS 58 - LaSalle 08
Polo coach Mozan
Pouco e muito ten que comentar o partido xogado polo Pescados Bormar CBPS este domingo ás 10 da maña.
![]() |
As veteranas abriron o baile |
Pouco porque dende o punto de vista do xogo e do resultado as nosas amosárosen moi superiores a un rival que se ve ben traballado e que amosa diferentes cousas no terreo de xogo.
E muito que comentar porque o
partido en si foi un acto de COMPROMISO modélico por parte das tres
xogadoras do equipo preinfantil convocadas e tamén por
as dúas xogadoras veteranas do equipo.
Toca explicarse, as primeiras porque
as 12 da maña tiñan en Santiago de Compostela un Ceti, e as 09/30
xa estaban quentando co equipo. A ninguén se lle escapa que aos cetis as
xogadoras gustalles acudir nas millores condicións físicas posibles
para una vez ali poder demostrar o seu verdadeiro potencial. Pero o
club é o club e as súas compañeiras están por diante de calqueira cousa, e así, sin regatear o máis mínimo esforzo, xogaron 20 minutos
para acadar unha vantaxe que lle permitisen ás nosas novas xogadoras xogar e curtirse sen preocuparse polo marcador. E as dúas “veteranas” do
equipo non ían a ser menos e así xogaron ambas tocadas fisicamente. Foi moi
simpático ver como cada unha delas viñeron comentar, en
segreto, ca outra estaba mancada.
![]() |
As novas sumaron (incluso lesionadas) |
Tamén hai que salientar o debút da xogadora do equipo de Minibasquet Xiana, que foi quen de anotar unha canastra moi celebrada polos alí presentes.
![]() |
As minis apoiaron |
En fin o partido DO COMPROMISO. Iso tense ou non se ten. Non cambiades nunca, raparigas.
Xogaron: Xiana, Iria, Candela, Maria, Raquel,
Nuria, Paula, Noa, Candela, Noa e Xiana.
Infantil Masculino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Brión CBPS 16 - CB Outes 67
Polo coach Mozan
O remate do encontro o adestrador do Brión CBPS amosábase moi satisfeito co atrevimiento mostrado polos seus xogadores á hora de intentar facer cousas sobre a pista. Pese a ser o terceiro partido que xogan na súa vida, a diferenza con respecto ao primeiro e segundo encontro foi precisamente esa, a decisión á hora de facer cousas. A idea é a de “equivocarse “ e cometer fallos por un exceso de gañas de botar o balón o chan, de pasalo e, obviamente, de lanzalo a canastra.
![]() |
Buscando oco |
O partido non tivo historia alguna frente a un moi bo CB Serra De Outes que, con rápidas contras, anotaba moi doadamente na nosa canastra e que tamén mostrábase moi solido na súa defensa individual, presionando moi ben o balón e anticipándose aos pases.
![]() |
Tapando ocos |
E o millor de todo é que, rematado o encontro, a lectura que fixeron os nosos xoves xogadores é que hai que empezar xa a deixar de ter medo os contactos físicos e temos que empezar a ser valentes á hora por, exemplo, de colocarnos diante dun atacante que avanza correndo cara a canastra.
![]() |
Escapar non é doado |
Cadete Feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Rótulos Ageitos CBPS 80 - Elidente Rianxo 25
Polo delegado que non delgado Bule
![]() |
Novo salto |
![]() |
Movimentos |
![]() |
Zona completa |
Sobre o partido, pouco que comentar. Unhas comprometidas xogadoras do Rótulos Ageitos CBPS foron moi superiores, e iso que contaban con algunha baixa como a de Mariña ou Xiana, á que se engadiu o nocello de Carla no terceiro cuarto.
Enfronte, o equipo rival non foi quen de contrarrestar ás locais pese a unha lamentable zona 2-3 os 40 minutos, vestixio resultadista doutra época onde o resultado primaba. Hai maneiras de perder ou gañar pero a formación de xogadores debería ser innegociable. Xogar ao hipotético fallo non é unha delas. Unha mágoa ver estas cousas en 2018.
![]() |
Total pa que |
Total, nova etapa, novas sensacións e novo rumbo. Pero será a tripulación quen decida a que porto quere chegar.
Xogaron: Carmen, Carla, Andrea, Noa, Antía, Sabela, Martina e Valeria.
![]() |
E esta foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos |