Premini
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Portofino CBPS 68 - Fontiñas 34
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Portofino CBPS 68 - Fontiñas 34
Polo coach Beiro
O equipo empezou moi espeso, con erros en defensa e precipitacións propias do debut para ir pouco a pouco encauzandose e sacando o partido adiante. Acabaronse facendo xogadas en ataque que remataron en canasta tras compartir o balon os 4 xogadores en pista.
En defensa queda moito por mellorar, fomos moitas veces ao bulto en vez de defender cada un o seu pero foi unha boa proba para ser o primeiro partido e os poucos adestramentos todos xuntos.
(vídeo obra de Nacho Fernández)
Gustariame destacar o traballo feito por Luis Otero, o noso fundador, agora de ano de descanso, con Dani, Iago, Jose, Brais e o de Chechu Yañez, agora nun novo proxecto no seu pobo de adopción, con Iker, e Oscar que fai que todo sexa mais facil e tamen o debut de Lucas e Elba recen chegados ao mundo do baloncesto e do baby Mauro. Este sábado o seguinte partido, a seguir mellorando.
ADM Ames 27 - E.B. Concello de Negreira CBPS 29
Por fin chegou o día para os rapaces do E.B. Concello de Negreira CBPS, de volta no pavillón do Restollal (para algúns estreo neste mundo do baloncesto), fronte os nosos veciños de Bertamiráns.
O partido moi igualado nos tres primeiros tempos.
Nos dous seguintes, un tempo para cada equipo deixando o outro con cero puntos no tanteo parcial.
No derradeiro, os negreireses con boas defensas e presionando o saque conseguen darlle a volta o encontro levando a victoria para a outra beira do Tambre.
Moi boa actitude n@s xogadoras/es que comezaron o ano pasado, con grandes melloras en algúns deles. Os que comezaron este ano, apuntan maneiras, con gañas de balón, sen medo a botar, saír e tirar a canastra.
Hay moito que traballar coma, correr separados e non ir todos ao balón en ataque. En defensa estar pendentes do noso par e axudar máis os compañeiros cando escapan os riváis.
Xogaron: Ana, Sophia, Miguel, H. Barbeira, H. Quintáns, Paula, Álvaro, Carmen, Amaya e Nico
Inmaculada 58 - Baloncesto Brión CBPS 10
sen crónica.
sen crónica.
Mini Feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Tradigas Procesados Portosín CBPS 31 - Fontiñas 40
Primeiro partido da tempada para o Tradigas Procesados Portosín CBPS e tamén para varias das suas xogadoras que pese empezar algo nerviosas foron asentándose e ata conseguiron anotar.
O partido non foi bo aínda que tuvo momentos de bo xogo, sobre todo na defensa onde conseguiron que as suas rivais non pasarán do medio campo nos 8" en varias ocasións.
De cara o aro non estivemos moi afortunados e non conseguiamos anotar as numerosas xogadas nas que tíñamos vantaxes.
O resultado foi CBPS 31 Fontiñas 40 aínda que as de Fontiñas non se presentaron co mínimo de xogadoras necesarias o cal nos da a vitoria.
Xogaron Lucía Marcela Candela Ana Julia Iría Lia Ainhoa Xiana e a premini Aitana.
Preinfantil feminino
Liga Galega
Excavacións Darío-Bodegón O Pescador CBPS 41 - BBCA 59
Liga Galega
Excavacións Darío-Bodegón O Pescador CBPS 41 - BBCA 59
Polo coach Luis Forès
Partido
xogado nesta tarde de sábado de outono en Portosin onde o tempo
deunos un pequeno respiro. As locais do Excavacións Darío-Bodegón O Pescador CBPS chegaban cheas de baixas e con xogadoras tocadas ante un
rival moi complicado que se espera que este entre os 4 primeiros
clasificados en liga ao final de tempada. Isto non foi problema para
nosas loitadoras, que se deixaron a alma na pista e demostraron que
poden competir con calquera equipo.
Mentres
o físico aguantou, as nosas dominaron o marcador cun xogo moi
directo onde todas e cada unha das xogadoras achegaba o seu granito
de area. Mostra disto é o resultado ao final do 1º periodo onde se
chegou cun 17 a 9 favorable ás nosas mozas.
O
2º cuarto foi un momento chave do partido. As nosas empezaron a
esgotarse e iso fixo que as visitantes apertasen máis en defensa
facendo un parcial de 2 a 19. Parecía que o partido se ía romper
totalmente, pero as nosas xogadoras do Excavacións Darío-Bodegón O Pescador CBPS sacaron todo o que tiñan dentro para gañar o 3º período
e achegarse no marcador a só 6 puntos de diferenza (32-38) e todo un
periodo por xogarse.
No
último tempo máis lesións, e algunha eliminada por faltas
lastrou a remontada e fixo que o bo equipo do BBCA se escapase
definitivamente no marcador e a victoria marchase para Ferrol por 41
a 59.
Hoxe
podemos sacar moitas cousas en limpo.
1º
como equipo podemos competir con calquera rival.
2º
o sacrificio das nosas nenas é para quitarse o sombreiro. Non renderse
ten que ser nosa marca
3º
Os adestradores estamos moi ORGULLOSOS de vós (aínda que ás veces
non o pareza) e os pais tamén o están.
Poderíase
falar tambien da arbitraxe, pero mellor deixalo de lado porque
senón...... Aínda que si vou facer un apuntamento, en liga galega
fai falta máis dun árbitro.
(vídeo obra de Nacho Fernández)
Hoxe
xogaron: CARLA, CANDELA, MARTA, SARA, MARIA, PAULA F., PAULA C. e
IRIA. Tamen apoiaron ás súas compañeiras NOA, CRIS E LUCIA que
estaban lesionadas.
PARABÉN
MOZAS!! A SEGUIR TRABALLANDO PARA MELLORAR DÍA A DÍA.
Infantil feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Peleteiro B 13 - Pescados Bormar CBPS 63
Segundo partido do noso equipo infantil femienino Pescados Bormar CBPS disputado en Santiago, e en onde a mistura de xogadoras de “vella xeneración” e xogadoras de “nova xeneracion” esta a dar unos resultados excelentes, moito mas alá do que di o marcador final.
As “veteranas” coidan das novas en todo momento axudándolles en un sinfín de aspectos do xogo, e as novas cada minuto de xogo se van mostrando máis atrevidas á hora de facer cousas.
Suliñar tamen o debut de Marcela xogadora do equipo de Mini que en todo momento
mostrouse atenta e sabendo perfectamente o que tiña que facer.
Aínda que quen xogaba por primeira vez un encontro oficial foi Nuria, que se perdera o debut a semana pasada por una inoportuna lesión. A súa faciana ao remate do partido reflictía que mal non o pasou.
O encontro foi dominado polo noso equipo dende o primeiro minuto, gracias a unha moi boa defensa colectiva e rápidas accións de contrataque.
Agora toca seguir traballando con ese fogo nos ollos que teñen as nosas xogadoras en cada adestramento e en cada partido, e que tamén se reflexa nos nosos adestradores Mozan e Bule que disfrutan coma a elas en todo momento.
Bendita “inocencia”. Non a perdades nunca raparigas.
Xogaron: Marcela, Candela, Raquel, Maria, Lara, Nuria,Paula, Carla, Xiana e Noa,
Infantil Masculino
Liga zonal de Santiago de Compostela
Liga zonal de Santiago de Compostela
Paco's Moda-Garaxe Xuño CBPS 79 - Disteva Rianxo 67
Partido de alternativos o xogado este domingo mañá na pista do Santa Irene sonense. Os rapaces do Paco's Moda-Garaxe Xuño CBPS segue a buscar o seu equilibrio entre momentos de dominio e xestión de momentos febles.
A nivel contable, o partido discurreu con altibaixos, vantaxes moi amplas con momentos onde o marcador se ía apretando, sen baixar dos 10 puntos de marxe para os nosos, iso si. É o que ten esa búsqueda dun equilibrio, que é inestábel.
O coach Mozan insistiu todo o encontro en que todos deben tomar riscos e ser osados de cara a canastra. Pero, ao mesmo tempo, esa necesidade de protagonismo indivual dentro dun marco colectivo ten que acompañada de paciencia para que as cousas ocorran cando teñen que ocorrer. E no control desa impaciencia estamos, aínda que houbo minutos de gran xogo por parte de xogadores habitualmente menos protagonistas. Neste aspecto, damos o partido por bó.
Toca seguir adestrando e mellorando, especialmente en defensa, onde seguimos a despistarnos de máis.
Xogaron: Samu, Henok, Manu C., Manu B., Pablo, Jaime, Leo e Hugo.
CB Santa Baia 67 - Lobos de Brion CBPS 17
Polo coach Mozan
Derrota do noso equipo Lobos de Brion CBPS frente a un rival claramente chamado a ser uno dos galos da competición.
Dende o principio de xogo os xogadores Boirenses foron amos e señores dos dous taboeiros o que lles permitiu correr en veloces contraataques e anotar canastras doadas, asi como dispor dun sinfín de segundos e terceiros tiros ata conquerir a canasta.
Os nosos xogadores, en un numero moi curto, sete en total, foron quen de non desanimarse en ningún momento e seguir atentos a facer as cousas que máis e millor dominamos.
E moi salientable a gran predisposición que teñen entre todos eles para pasarse o balón con moitisima xenerosidade e altruismo, e as canastas que acadamos viñan case que todas precedidas dun o dous pases excelentes.
A seguir traballando coa mesma paixón ca mostrada ata o momento e a seguir medrando cada día un pouco máis.
Xogaron: Mateo, Carlos, Miguel, Pablo, Alvaro, Jaime e Abel.
Cadete Feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
CB Santa Baia 15 - Rótulos Ageitos CBPS 81
Liga Zonal de Santiago de Compostela
CB Santa Baia 15 - Rótulos Ageitos CBPS 81
Polo coach Jose
En defensa, máis activas, roubando moitos balóns para rápidas transicións e conseguindo sinxelas canastras soas baixo o aro.
Hoxe aportaron tódalas xogadoras en defensa, traducíndose en que puntuaron as dez alomenos dúas canastras.
Esta é a senda a seguir, máis velocidade no xogo con balón e máis actividade defensiva.
Vamos Son!
Mencionar a gran actitude das Boirenses, que xogaron con garra todo o partido, sen perderlle a cara ata o último segundo. Bravo!
Por último un saudo a nosa compañeira Rut Mei, que quixo poñer fin a súa etapa no noso clube. Desexámoste que che vaia ben no que emprendas.
Xogaron: Antía, Mariña, Carla, Sabela, Martina, Xiana, Carmen, Noa, Andrea e Valeria
Cadete Masculino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
CB Noia 13 - Tiendas Pillados- A Nosa Ría CBPS 126
Liga Zonal de Santiago de Compostela
CB Noia 13 - Tiendas Pillados- A Nosa Ría CBPS 126
Polo coach Juan Filgueiras
Nova victoria do Tiendas Pillados - A Nosa Ria CBPS no derbi ante o Noia.
Os nosos rapaces foron moi superiores de inicio a fin superando con facilidade e relaxándose en moitas facetas do xogofronte a un rival que, a diferenza dos anteriores rivais, non ofreceu moita oposiciòn.
13 a 126 un resultado que puido ser moito máis amplio se os nosos se empleasen a fondo.
O equipo aproveitou para traballar rotaciòns complexas en defensa o que facilitaba que os noieses chegasen a canastra.
En ataque o equipo traballou aspectos tácticos nos que debemos mellorar.
Toca seguir adestrar pola semana para mellorar e afrontar o seguinte encontro.
Resaltar o apoio da grada que pese a xogare en Noia unha grandisima maioria do público era sonense gañando tamén nese aspecto por goleada.