martes, 20 de novembro de 2018

A CRÓNICA DA XORNADA DOS ADESTRADORES

Xornada de novembro complicada a nivel de resultados pero hai días así, non sempre se gaña!
Vexamos no detalle que teñen que contarnos os nosos adestradores

Premini
Liga Zonal de Santiago de Compostela

E.B Negreira CBPS 20 - Galogrín 47

Polo coach Jose
Madrugón para xogar no pavillón do Restollal. Non nos prestou, saímos durmidos, encaixamos moitas canastras sen opoñer ningunha resistencia.


Levantando las manos!

No segundo cuarto xa defendemos mellor, o traballo de Hugo é unha garantía, pero faltounos acerto de cara o aro.
O terceiro e cuarto períodos, foron na mesma tónica, mellores defensas e unha canastra sumada.


No pares, sigue, sigue.

No quinto, sen embargo, gran saída a pista de Paula que gracias a boas defensas e roubos de balón colectivos, chegaba con vantaxe ó aro rival e conseguía sumar canastras a nosa conta, xunto con Nico. 
No derradeiro tempo, con Ana enferma (que xogou os séus dous tempos con dor de garganta, co cal demostra o seu compromiso co equipo) volvemos a ter pouco acerto, aínda que foi a estrea do noso Baby Álvaro que ademáis de boas defensas, meteu a súa primeira canastra. 


(de)Formas

Pese a derrota, hai que dicir que se nota o traballo de toda a semana, xa que hoxe fixemos dúas canastras de tres pases buscando o compañeiro mellor situado para tirar e para ser xustos có rival, claramente superior. 


Pausa

Tamén fixemos boas defensas, e incluso, algunha axuda defensiva que seguiremos mellorando. 
Xogaron: Ana, Sophia, Hugo Q, Hugo B, Paula, Álvaro, Carmen, Amaya e Nico.

Brión CBPS 0 - Basketdeza 50
Polo coach Chechu Yáñez

Querido lector desta crónica, non te deixes enganar polo marcador xa que o partido levado a cabo polo equipo de Brión foi sen dúbida un dos mellores da súa historia, por non decir o mellor. 


Na boa dirección

O equipo lalinense non dubidou en ningún momento en xogar as súas mellores cartas e esforzos dende o primeiro momento xa que viu nos nosos rapaces un rival de altura. 


Claroescuros


Sin embargo o noso equipo preferiu xogar a carta da modestia e esperou ata o quinto periodo para anotar a primeira canastra, para xúbilo dos numerosos siareiros que se atopaban na bancada. Non se recorda una celebración tal para a primeira canastra dun equipo. 


Houbo canastras

No ultimo cuarto realizamos un xogo espectacular anotando con facilidade e disfrutando do baloncesto en equipo. Nesta ocasión realizaron una oda ó baloncesto Iria, Lupe, Manuel, Hugo, Noa, Ainhoa, Martiño, Helena, Sofia e Xabi. Equipo, sigamos traballando, mellorando e disfrutando.

Portofino CBPS 33 - Lasalle Inmaculada 34
Polo Coach Tardón Beiro

Emocionante partido o xogado o sábado a mañan polo noso Portofino CBPS no Restollal.


Mirando o aro

Deixando de lado o resultado q non é o importante o q debe preocupar aos rapaces é o paso atrás dado no seu xogo. 


Defense Break

Aumentaronse as imprecisións, os erros de canastas doadas e os despistes en defensa, tarefas a mellorar nos entrenos das vindeiras semanas.


A fuga

Subliñar o debut no banco da cadete Valeria coma coach axudanta. Esperemos que sexa o debut dunha larga carreira!


Xogaron José, Dani, Iago, Óscar, Lucas, Mauro, Iker, Brais e Elba.

Mini Feminino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Rosalía de Castro 26 - Tradigas Procesados Portosín CBPS 34
Polo coach David Suárez

Tocaballe madrugar o Tradigas-procesados Portosin CBPS para enfrontarse o Rosalía cas baixas de Lucía, Julia e con Marcela entre algodóns polo que veu axudar a premini Sofía xogando un moi bo partido.


Buscando sitio

O inicio foi moi igualado con numerosos fallos de cara o aro por ambos equipos. 



Duelos

No 4to periodo unha boa defensa a toda pista permetiu recuperar moitos balóns e acadar un parcial de 0 - 11 que ao final foi definitivo. 

A parada

Xogaron Marcela Xiana Ana Ainhoa Iría Candela Lía e as preminis Sofía e Aitana

Mini Masculino
Liga zonal de Santiago de Compostela
We Robots - Larpeiradas CBPS 44 - Cluny 21
Polo coach Álex

Tocou empezar a liga contra Cluny e non podía ser de mellor maneira. A alta intensidade, tanto en defensa como en ataque, fixo que todas as nosas canastas foran en contraataque. 
O corte

A partir do cuarto período a nosa defensa baixou a media pista e xogamos os ataques en estático, co cal se nos fixo un pouco máis complicado anotar. 


Desbordando
Malia todo, o marcador non perigou e trouxemos a vitoria para casa.


Berridos


Xogaron: ÁLEX, ALEIXO, SAMU, ROI, DANI, LOIS, LUCAS, CELSO e ÁLVARO.

MINI MIXTO
Liga Zonal deSantiago de Compostela
Escolas Brión / Negreira / Lousame CBPS 11 - Basquet Ames 44
Polo Coach Mozan

@s rapaces da Escolas Brion-Negreira-Lousame CBPS facían o seu ansiado debut
este sábado pasado, diante do Basquet Ames.


O debut

Moitos nervos para os nosos xogadores e xogadora, que disputaban o primeiro encontro oficial da súa carreira en un bo número de eles. Pero por riba de todo, moitisima ilusión e miradas que reflectian un brillo impresionante.

E así comenzou o encontro frente a un moi bo rival que dende o principio mostrouse moi
superior no xogo, aínda cos nosos foron quen de pasarse o balón entre eles de forma moi
meritoria as veces. 


Buscando o seu

Hai que ter en conta que este equipo trátase dunha mistura de tres escolas diferentes e era a primeira vez que coincidían todos xuntos

E só a inocencia de nenos é capaz de facer cun dos nosos xogadores, ao marcar a súa
primeira canasta, correra por tódala banda cos brazos en alto para celebrar tremenda xesta.


Bandazo

O primeiro paso xa está dado, por diante queda una larga andaina que disfrutaremos todos xuntos.

Xogaron:
Marcos, Ángela, Nicolás, Nacho, Alejandro, Pedro, Daniel, Óscar e Martín.

Preinfantil feminino
Liga Galega
Estudiantes de Lugo 70 - Excavacións Darío-Bodegón O Pescador CBPS 22
Polo Coach Luis Forés

Tarde de domingo onde o equipo ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS visitaba Lugo para enfrontarse ao ESTUDANTES LUGNO LEYMA NATURA, un dos equipos mais duros da categoría  e uns dos favoritos a estar no pódium final.


Ao principio, todo ía ben

O equipo sonense desprazábase con 7 xogadoras dispoñibles mais Lucía, que estaba con problemas de costas e que se esforzou para dar dous minutos de descanso ás súas compañeiras. Pero como na serie "Os problemas crecen", a nós non paran de crecernos. No primeiro cuarto, Carla tras un encontrón tivo que abandonar o partido e ser trasladada ao hospital por un golpe na cabeza. Afortunadamente, só un lategazo cervical pero o equipo notou a súa ausencia, sobretodo a nivel emocional. 

Soas 

O fácil era baixar os brazos e deixar pasar o partido, pero non, este equipo loita e sacrifícase, e as 6 xogadoras que quedaron pelexaron ata esgotar as forzas. Iso fai que tanto adestradores, pais e club estean orgullosos delas.

No relativo ao partido, non tivo moita historia. O Estudantes dominou o encontro con comodidade aumentando a difereza en cada periodo ata o marcador definitivo.


Lucenses dominantes

Polo ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON Ou PESCADOR CBPS xogaron Noa, Paula Castro, Paula Fernandez, Sara, Carla, Candea, Iria e Lucía.

Agora toca descansar e tentar recuperar lesionadas para o seguinte encontro.

MOZAS, podedes estar orgullosas.

Infantil Masculino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Compañía de María 74 - Paco's Moda Garaxe Xuño CBPS 37
Polo Coach Bule

Tocáballe ao Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS visitar a cancha duns dun favoritos da liga, os sempre competitivos rapaces de Compañía de María.

Sen medo


Cando xogas fronte a un rival máis potente, tecnicamente e fisicamente, hai dúas solucións: ou te achicas, e levas unha pana, ou decides que de perdidos ao río, vas xogar como sabes, sen perderlle nunca a cara ao rival.

No primeiro cuarto parecía que o equipo sonense elexira a primeira opción; malas decisións, pouca intensidade e cara de resignación; ameazaba tormenta.

Faladoiro

E nese punto estabamos cando os vistantes decidiron rebelarse, liderados dende a base menos agardada. Os dous seguintes cuartos foron un exercicio de equilibrio interesante, xogándolle de ti a ti ao locais e competindo moi ben.

Tan só o baixón físico do derradeiro cuarto, lóxico cunha rotación tan curta coma a nosa, empeorou os números pero non a sensación de satisfaccción pola loita e entrega dos sonenses. Hai derrotas que son pequenas vitorias.

Miradas

Xogaron: Henok, Manu B., Manu C., Samu, Leo, Jaime, Hugo e Pedro.

Cadete Masculino
Liga Zonal de Santiago de Compostela
Tiendas Pillados - A Nosa Ría CBPS 66 - Compañía de María 47
Polo coach Juan Filgueiras

Encontro disputado na mañá do domingo en Trapa con bastante público e que trouxo outra victoria do cadete Tiendas Pillados/A Nosa Ría CBPS ante un bon Compañía.

En primeiro lugar destacar o traballo de equipo. Todos os xogadores disputaron e mesmo tempo na pista e os cambios non se notaron en ningún momento. Esto indica o nivel de progreso nos adestramentos onde cada vez son de mellor calidade.

O mellor rival ata agora na liga con moita intensidade e superior a nós físicamente. 

O equipo estivo moi ben en defensa, nas transiciòns e por momentos en ataque estático.
Sinalar os erros dende o tiro libre con 20 fallos.

Faltaron ao encontro Denís e Pinaya.
Xogaron : Andres, Abel, Isaac, Isma, Martín, Fran, Noel, Henok e Manu.

E esta foi a mirada dos adestradores sobre a xornada, e así o contamos.