venres, 2 de novembro de 2018

A Xornada do CBPS

Este cronista despistouse pero non imos rematar a semana sen compartir convosco cales foron as sensacións dos partidos do fin de semana pasada, que máis de un tivo rasgos de Halloween.

PREINFANTIL FEMININO
Liga galega
CLB - Excavaciones Darío/Bodegón O Pescador 69 - 43
Polo coach Luis Forès

Tocoulle ao equipo preinfantil do EXCAVACIONES DARIO/BODEGON O PESCADOR CBPS desprazarse a Villagarcia para enfrontarse ao PASTELERIAS YOLI CLB.

Hasta ese momento to ía ben


Presumiase un encontro duro, e así foi. As nosas saíron durmidas, quizais pola hora (10 da mañá) pero sobretodo pola intensidade coa que saíu o equipo local que os levou a dominar no marcador cun 11 a 2 que obrigou a un tempo morto visitante. Tras ese tempo morto as cousas cambiaron e as sonenses foron máis directas ao aro e defenderon mellor, igualando así o marcador e finalizar o período con empate a 18.
O comenzo do 2º período foi un calco ao acontecido no inicio do partido.;perdas de balón moi doadas, erros defensivos e vantaxe para as locais ata un 37-25 ao descanso e 20 minutos por xogar.
“A can fraco todo son pulgas”. Cando se pensaba en remontar o partido apareceron os problemas físicos. 1º Noa tivo que abandonar o partido por problemas nun xeonllo e posteriormente Marta por problemas no aquiles, e se a iso sumámoslle as faltas persoais, difícil a tarefa a de remontar.
As nosas pelexaron ata o final, pero foi imposible competir cun equipo superior fisica e tecnicamente que nos penalizou en todos os nosos erros defensivos.
Felicitar ao equipo local pola vitoria e ás nosas nenas polo traballo e sacrificio realizado. Toca seguir adestrando duro para mellorar e corrixir os erros deste partido. Con traballo e gañas o equipo mellorará.


Fríos
Xogaron polo ESCAVACIÓNS DARIO BODEGON O PESCADOR CBPS:
Carla, Paula C., Paula F., Marta, Sara, María, Candea, Iria, Lucía e Noa. Segue de baixa Cris que acompañou ás súas compañeiras.
O próximo partido será contra o BBCA de Ferrol, dentro de dúas semanas.


ANIMO MOZAS, A SEGUIR TRABALLANDO PARA SER MAÑAN MELLORES QUE HOXE!

INFANTIL FEMININO
Liga Zonal
Pescados Bormar CBPS - ADM Peleteiro C 61-37
Polo coach Mozan

Xornada de debut para catro novas xogadoras do Pescados Bormar CBPS que vIron cumprido o seu soño de xogar un partido de competición oficial do seu deporte preferido; así que Raquel, María, Lara e Nuria, benvidas a este maravilloso mundo.


Un mundo por diante
E para debutar estiveron perfectamente escoltadas e axudadas polas nosas infantís de segundo año, xunto coas dúas infantís máis de primeiro ano e cunha selección duas xogadoras de mini basket que confoaron este equipo.
E para debutar un bo rival, o Peleteiro de Santiago que non permitía que as nosas xogadoras se relaxaran o máis mínimo, castigando sistematicamente os erros das nosas.
Malia esta dura oposición, as locais tomaron dende o principio o mando do marcador para non soltalo nunca. Co paso dos minutos, e coa aparición do cansancio no lado das compostelás, a vantaxa foi crecendo ata eses 24 puntos de marxe final.
Bo debut e unha boa experiencia para as nosas debutantes, e moi bos intres de xogo do resto das súas compañeiras, que estiveron moi pendientes de axudalas tanto en ataque coma en defensa.
Pasarémolo ben durante a tempada, non hai lugar a dúbida.


Feminismo
Xogaron: Lucia, Candela, Noa, Paula, Raquel, Maria, Lara, Noa e Xiana.

INFANTIL MASCULINO
2da División Liga zonal de Compostela
Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS - Basquet Ames 55-72

Polo segundo Bule

Gran encontro entre o Paco's Moda/Garaxe Xuño CBPS fronte a un dos favoritos da liga, o Basquet Ames xogando en Trapa co bo ambiente nas gradas.

A nivel de marcador, tras unha gran primeira parte onde chegaron a ter hasta 8 puntos de vantaxe (28-25 ao descanso), o equipo local acusou un baixón físico que aproveitaron os amenses para, primeiro, darlle a volta o electrónico e, segundo pasando os minutos, aumentar a vantaxe hasta os 18 puntos finais.

En termos de xogo, o noso equipo segue a buscar ese equilibrio entre xogadores experimentados e xogadores aínda por facer. Se na primeira parte esa fráxil alquimia funcionou máis que ben, na segunda parte, por mor do baixón xa sinalado, pero tamén pola angustia que provoca verse por debaixo no marcador, especialmente en defensa, onde o equipo sufriu máis da conta.

Pero isto non é máis que o principio, así que seguimos o noso camiño.

Masculismo
Xogaron: Henok, Manu C., Manu B., Jaime, Pablo, Hugo, Leo, Samu e Franco. 


3eira División Liga Zonal de Compostela
Brión CBPS - CB Ribeira 31-60

Polo Coach Mozan


Chegou o día, e o que hasta fai pouco tempo era só un esbozo dun novo proxecto das mentes inquietas dos directivos do CB. Porto Do Son, viu a luz.

O CB Brion CBPS disputou o seu primeiro partido oficial coma club, e seguro que serán moitisimos máis, ca disputa de un partido de categoría infantil frente o Club Baloncesto Riveira. E debutaron na súa cancha para que a ledicia fose maior aínda.

O resultado é o de menos, triunfo do equipo visitante 31 a 63, nun encontro que foi o primeiro partido oficial dos nosos xogadores.

E as sensacións foro francamente boas, e así una vez ían transcurrindo os minutos, cada vez os nosos solventaban os problemas na pista con máis determinación e claridade de ideas.

A seguir adestrando coa mesma paixón ca co están a facer, deixándose ensiñar e disfrutado do proceso.

Hai chicos novos na cidade

Xogaron: Miguel, Pablo, Abel, Álvaro, Mario, Carlos, Mateo, Jaime e Unai.
CADETE FEMININO
Liga Zonal de Compostela
Rosalía Pío XII - Rótulos Ageitos CBPS 58-22
Polo coach Jose

Día e partido frío en Santiago. Frío coma as nosas xogadoras do Rótulos Ageitos CBPS que hoxe non conseguiron entrar no partido coma indican as faltas cometidas durante o encontro, doce en total entre as dez xogadoras, oito delas repartidas entre as de sempre, Xiana e Andrea. 


Inmensidade

As santiaguesas saíron moi enchufadas no primeiro cuarto e as sonenses non conseguiron facelo no seu xogo salvo en contadas ocasións nas que as precipitacións e a mala colocación frente a canastra, evitaron sumar no electrónico.

Hai que seguir traballando e perseverando para mellorar. 


Escoitar para aprender

Xogaron: Antía, Mariña C., Carla, Sabela, Mariña Calo, Martina, Xiana, Carmen, Noa, Andrea, Rut, Valeria(lesionada)


CADETE MASCULINO
Liga zonal de Compostela
A Nosa Ría CBPS - San Pelayo Mixto 92 - 14

Polo segundo, Bule

Tras o punto de desilusión da previa da Liga Galega, debutaba o Parrillada A Nosa Ría CBPS a liga regular zonal.

O rival era o San Pelayo na súa vertente mixta. Este equipo demostrou o ano pasado en infantil que está capacitado para competir contra calqueira. Pero o noso equipo é un conxunto que fisicamente era superior e que viña con ese plus de competición que aporta empezar a xogar xa en setembro.

Superioridade

Non houbo suspense e o encontro serviu para traballar aspectos individuais e tácticos. Tan só o terceiro cuarto estivo igualado por mor da deixadez dos nosos que empezaron moi apáticos e caóticos en ataque. E o xogo haino que respectar sempre. Unha vez correxida esa falta de atitude, os locais remataron ben o encontro. Domingo, en Trapa ás 19h contra Peleteiro xa será outro asunto.

O solitario

Xogaron: Fran, Martín, Noel, Isma, Isaac, Abel, Pinaya, Andrés e Franco. Por papeleo non poido xogar Denís aínda.

E esta foi a nosa mirada sobre a xornada e así a contamos