Bueno, empezaron para algúns tan só, o pistoletazo de saída será este fin de semana.
Vexamos que tal lles foi aos 3 equipos que empezaron as súas comepticións.
PREINFANTIL FEMININO
Liga Galega
EXCAVACIÓNS DARÍO/BODEGÓN O PESCADOR CBPS 66 - KFC Culleredo 16
Crónica do adestrador Luis Forés
Hoxe sábado 20 do 10 do 2018 era o día que todo o equipo do
Excavaciones Darío-bodegón O Pescador CBPS estivo agardando dende fai
meses. Hoxe era o debut na liga PRE-INFANTIL FEMENINO, hoxe era o día
donde moitas xogadoras estreábanse nun partido oficial en canastras
grandes, hoxe, era o día e por riba na nosa pista de Portosín.
Minis esparcidas |
Para tan agardado estrea, o rival
que nos deparou o sorteo foi o KFC CULLE, de Culleredo. O partido
comenzou con moitos nervos por parte das xogadoras locais errando
moitas canastras doadas (foi a tónica en todo o partido e algo a
mellorar de cara os próximos partidos), pero a tráves dunha defensa
moi intensa e rápidos contraataques aos poucos foron espertando e
quitándose os medos para acadar un
25 a 6 no final do primeiro periodo.
Inicio de curso |
No segundo período o ritmo alto de
xogo non baixou e a diferencia foi subindo aos poucos ata chegar ao
descanso cunha diferenza de 49 a 13 que as claras mostraba a
diferencia entre os dous equipos.
A escapada |
As visitantes sempre o intentaron,
pero en ningún momento puideron cun equipo local moi enchufado que
pechou o resultado no 3º periodo con un 66-16.
Foi unha primeira victoria nunha
nova categoría que será moi dura. Donde as nosas
xogadoras deberán esforzarse o máximo en cada adestramento para
mellorar e así poder ser cada día máis competitivas.
Enchufadas |
Por agora destacar todo o traballo e
esforzo posto non so neste partido, senón tamén en todolos
adestramentos. Faltan moitas cousas que traballar, pero con moitas
gañas o boa actitude o resultado vai ser moi bo. Ese é o camiño a
seguir.
Parabéns a Sara, Paula Fernández,
Lucía, María, Carla, Iria, Noa, Marta, cris, Paula Castro e Candela
polo esforzo, traballo e bo xogo realizado.
A seguir mellorando!!!
Para a próxima sema toca visitar o
CLB de Villagarcia.
A DALO TODO RAPAZAS!!!
INFANTIL MASCULINO
Liga zonal de Santiago de Compostela
ROSALÍA FEDESA 40 - PACO'S MODA CBPS 59
Crónica do segundo de abordo, Bule
Tocoulle iniciar a tempada ao Paco's Moda CBPS na pista do Pío XII en Compostela fronte a un rival, Rosalía de Castro, que sempre é garantía de competitividade. E mellor ir a esa pista co calorciño deste outono de desfase climático planetario que en pleno inverno, cando a conxelación está garantida.
Os excursionistas |
Este curso preséntase interesante para o grupo dirixido por Mozan. O reto vai ser conseguir atopar a alquimia entre un grupo de xogadores moi verdes, cousas da idade, con outro máis maduro que deberá mostrar intelixenza e compromiso para que o equipo funcione.
Empezando de novo |
A nivel de xogo, este domingo os rapaces mostraron moitas cousas interesantes, especialmente en ataque. Tamén quedaron patentes algúns disfuncionamentos, especialmente na parte defensiva. En actitude, o resultado tamén foi positivo.
Perseguindo un obxetivo |
Que a nivel contable o resultado fóse positivo alegra, como non, pero vai ser igual de importante que o día que sexa negativo. O noso éxito estará no equilibrio. Ese é o noso partido verdadeiro.
Todos a una |
CADETE FEMININO
Liga zonal de Santiago de Compostela
RÓTULOS AGEITOS CBPS 37 - CÍA DE MARÍA 48
Crónico do adestrador axudante, Jose
Primeiro partido da liga para o Rótulos Ageitos CBPS contra o equipo escolar de Compañía. Foi un encontro trabado e cunha puntuación baixa.
As cadetes cabalgan de novo! |
As sonenses, saíron algo durmidas polo madrugón e pouco a pouco fóronse metendo no partido aguantando o resultado a catro puntos das Santiaguesas, nunha diferenza de só catro puntos ao remate da primeira metade.
Triple esperanza |
O tempo de descanso non nos prestou ben e saímos moi despistadas tendo que remar sempre por detrás do equipo visitante. Aínda que moi intermitentes, non deixamos que marcharan no marcador.
Asunto complicado |
Temos que volver a senda do xogado na pretempada, con maior velocidade no movemento do balón e máis compromiso e agresividade na defensa.
Hai que engraxar e poñer a funcionar a maquinaria que tan bos resultados nos dou na pasada tempada.
Chegando tarde |
ÁNIMO SON!
Xogaron: Antia, Mariña, Carla M., Carmen, Sabela Xiana, Noa, Andrea, Valeria, Martina e Rut