PESCADOS BORMAR CBPS - PELETEIRO 61 - 31
Polos Coachs Mozan e Jose
Invictus |
Finaliza a liga regular do Pescados Bormar CBPS, é hora de facer balance da tempada.
Unha tempada que comenzou coa disputa dunha fase de ascenso na que apenas competimos cos rivais de turno, pese a que o equipo melloraba cada semana as súas prestacións.
Houbo que pasar frío |
Mentres transcorría o ano e melloraba o coñecimento recíproco entre xogadoras e o novo adestrador, fumos capaces de dar coa tecla axeitada nos adestramentos, por ambas partes, que nos permitiu que as xogadoras fosen aumentado a súa bagaxe técnica, para beneficio do equipo.
Aquí, mellorando a técnica da rosca... |
Unha proba de todo isto podería ser a imbatibilidade na liga, aínda que penso que os resultados así sen máis nunca foron unha boa vara de medir. A franca melloría en técnica e táctica individual do xogo, así coma os hábitos de entrenamento que fumos adquiriendo é o que máis nos satisface.
Houbo que sudar |
Froito de todo isto, fumos capaces de rematar xogando francamente ben durante moito tempo, especialemente nos derradeiros dez partidos, admeais de ir sumando cada vez máis xogadoras á causa.
Recollendo froitos |
O gran hándicap do equipo radica en que nunca poderon estar presentes a totalidade das xogadores nas tres sesións semanais de adestramento que realizaban. Iso se notano funcionamento como equipo, causando un trastorno á hora de deseñar as tarefas así como os seus obxectivos, no sentido de que tíñamos que tripitir estas tarefas e obxectivos cada sesión para que todalas xogadores as coñeceran e dominaran.
Será por explicacións |
Tendo en conta todo isto, e algunha que outra lesión, como sempre inoportunas, o balance que facemos da tempada é satisfactorio con creces, dada a evolución das xogadoras na súa totalidade, e do xogo que o equipo conseguiu realizar, basado nun contrataque básico pero efectivo e nun estilo de xogo onde o obxectivo fundamental foi que, a partir dunha mínima orde, as xogadoras puideran expresarse na pista en situacións de un contra un principalmente, e en situacións de tres contra tres.
O ataque perfecto |
Defensivamente, tamén fumos capaces de acadar un bo nivel na defensa de saltar e trocar en todo campo, facendo así que o equipo estivese dende o primeiro segundo defensivo tratando de provocar o erro das rivais.
Trae paquí |
Agora toca xogar unha fase de ascenso que se presenta realmente difícil e complicada pero que será, con toda seguridade, un ensido maiúsculo para todas e todos, co obxectivo claro de desfrutala como o merecemos sen que un exceso de ambición mal entendido produza un efecto totalmente contrario ao desexado.
Agora, con calma |
XOGARON AO LONGO DA TEMPADA: SABELA, NOA, XIANA, VALERIA, CAYETANA, ANTÍA, MARÍA, ANDREA, VALERIA, MARIÑA E MARTINA.
TAMÉN PARTICIPARON AS MINIS: CARLA, PAULA, NOA, SARA, MARTA, CRISTINA E MARÍA.
E así foi a nosa visión sobre a liga das infas, e así a contamos. |