Fase de ascenso da Liga Galega
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS- CIDADE DE LUGO 64-59
Primeiro partido da fase de ascenso do FISIOTERAPIA CINESIA CBPS fronte ao mellor equipo zonal lucense, o Cidade de Lugo.
O partido foi o esperado, tenso e competido.
Parece zona e non o é. |
Dende o minuto un viuse que este é outro mundo e que cada posesión era importante. Liderados por un Bouzán enchufadísimo, especialmente no segundo cuarto, o equipo local subiu o nivel para chegar ao descanso 3 puntos por riba, 33-30.
O terceiro cuarto foi un exercicio coral perfecto, con Toño, Javi, Alfonso,e Asier collendo o relevo en ataque, ben apoiados por un Castelao preciso nas dúas partes da cancha. Todo aquel que entraba en pista dábao todo, e con esta suma de individualidades solidarias, como a de Iago, David ou Ianis, a vantaxe subeu hasta 9 puntos, 52-43.
Interiorismo |
Pero se algo caracteriza aos equipos lucenses é que nunca se renden. Grazas a unha gran variedade táctica, especialmente en defensa, os visitantes foron recurtando a diferenza pero sen nunca baixar dos 5 puntos que á postre resultarían definitivos (64-59).
A lenda da vida no espazo exterior |
Era importante para o FISIOTERAPIA CINESIA CBPS empezar esta fase con bo pé, especialmente ao xogar en casa. Misión cumprida con creces. Agora toca pensar no próximo compromiso en Ferrol, ante un dos favoritos ao ascenso, no que será outra historia.
Xogaron: Fernán, Caste, Toño, Javi, Asier, David, Iago, Alfonso e Ianis.
E esta foi a nosa mirada imberbe sobre a xornada, e así o contamos |