Imos aló.
INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
PESCADOS BORMAR CBPS - CLUNY
Polo Coach Mozan
Vou comezar polo final. Despois de dúas tempadas con derrotas contundentes e sendo noticia gañar algún partido, acadamos o Título de Campioas da liga regular contra o rival máis forte. Como debe de ser, corenta minutos de intensidade defensiva e ofensiva. Con tesón e traballo diario nos adestramentos e nos partidos. NORABOA!!
Dende a pretempada, ata o día de hoxe, as rapazas do PESCADOS BORMAR CBPS deron un gran salto de calidade deportiva e madurez persoal, no que non só xogan mellor, senón que son quen de asimilar complicadas xogadas e defensas intensas con correccións e axudas, a moitas pulsacións nas que é moi difícil siquiera pensar.
O partido comezou como non podía ser doutro xeito, con Cluny, moi intenso e cada canastra había que traballala moito por parte de ámbolos dous equipos. O primeiro cuarto caeu do lado do equipo da capital con 12 puntos por 10 do PESCADOS BORMAR CBPS.
No segundo cuarto as sonenses, puxeron toda a carne no lume, tódalas xogadoras moi enchufadas e cunha defensa titánica de Noa sobre Nuria, con orde no ataque e velocidade nos contraataques, chegaron ao descanso con nove puntos de vantaxe.
A volta do descanso, non se baixa a intensidade e a vantaxe tamén se ve ampliada. As santiaguesas péchanse ben, pero se non é por percusión ao aro, sacamos balóns o exterior e tamén conseguimos canastras.
Agora con este obxectivo cumplido, temos que volver a concentrarnos, rematar os dous partidos de liga que quedan e loitar polo ascenso a primeira división para redondeala tempada.
VAMOS SON!!!
Xogaron: Cayetana, Antia, María, Mariña apoiou dende o banquiño, Sabela, Martina, Xiana, Noa F. , Andrea e Valeria.
As minis: Carla e Paula.
Aínda que non estiveron neste partido, as minis Noa Iglesias, Cris, Sara e María, tamén teñen parte xa que nos axudaron vindo convocadas con toda a ilusión e gañas.
PARABÉNS!!!
Liga Zonal de Santiago
PACO'S MODA - AD AMES 66 - 80
Polo Coach Mozan
Derrota do equipo infantil que non reflexa o bo traballo dos Paco's Moda CBPS durante os 40 minutos de xogo.
As faltas personais e algunha recaída por lesión condicionaron o final
do partido e o poder competir polo mesmo xa que houbo que afrontar
os tres últimos minutos con so catro xogadores.
En calqueira caso, bos primeiros 17 minutos nos que fumos mandando no marcador e con boas sensacións no xogo.
Lástima
dos tres minutos finais nos que tres erros non provocados en
forma de perdas de balón fixeron que o marcador se igualara ao descanso.
Xa no terceiro cuarto, o partido entrou nun constante intercambio de vantaxes curtas
no marcador para un e outro equipo, hasta o equipo visitante adquiriu unha diferencia
de 10 puntos que semellaba xa definitiva.
No derradeiro cuarto, grazas ao esforxo e á constancia dos xogadores, voltamos ao partido e aínda tivemos algunha esperanza de remontar, esperanza que se truncou coa eliminación por faltas persoais de dous xogadore, o que nos condicionou ao ter que disputar os últimos tres minutos con só catro xogadores.
Buscando despegar de novo |
A seguir traballando para rematar a tempada con boas sensacións de equipo.
Xogaron: Samu, Leo, Lois, Alberto, Manuel, Miguel, Henok e Isma
PELETEIRO - PACO'S MODA CBPS 67 - 57
Polo Coach Mozan
Antes de facer referencia ao que foi o partido propiamente dito, convén contextualizar as circunstancias que rodearon ao mesmo, para poder entender o satisfeitos e fachendosos que estamos dos nosos xogadores infantís do Paco's Moda CBPS.
Enfrentámonos a Peleteiro no seu campo, rival que ocupa a segunda posición na táboa e cunha única derrota acumulada. O equipo Colexial contaba tamén con algunha baixa nas súas filas, aínda que de baixas non imos falar nós...
Relaxación |
Como consecuencia das nosas baixas por lesión e demais, afrontábamos o partido con só sete xogadores; un Mini de primeiro ano, un segundo xogador de Mini de segundo ano recén saído dunha larga lesión, dous xogadores infantís de primeiro ano, un xogador infantil de segundo, outro de segundo ano que empezou esta tempada a xogar a baloncesto e, por último, outro infantil de primeiro que se incorporou ao equipo alá por decembro.
A todo isto hai que sumar que o equipo rematou un partido onte ás 22h e que este partido en Compostela se xogaba ás 10h, con 4 xogando os 40 minutos o día anterior.
Que corran eles |
E imos seguir sumando, de estos xogadores dous xogaron ademais co cadete que seguiu onte a noite o partido infantil, estando en pista uns 20/25 minutos.
En resumo; 6 xogadores xogaron en menos de 48 horas dous partidos, 4 deses corenta minutos cada partido e dos destes 20 minutos máis co equipo cadete.
Pois con todo eses condicionantes, durante os dous primeiros cuartos fomos capaces de xogar a un nivel excelente, certo que máis en ataque que en defensa, con magníficos contraataques repetidos varias veces. Tamén estivemos cunha claridade de ideas meridian no xogo 5x5, pasando moi ben o balón aos xogadores que se movían perfectamente sen el.
Buscando tregua |
Así transcurriu máis ou menos o terceiro cuarto e xa no derradeiro, cando o Peleteiro adquiriu unha vantaxe de dez puntos que semellaba pechar o encontro a falta de 4 minutos, o Paco's Moda CBPS volveu a meterlle o medo no corpo aos locais, sacando forzas de non se sabe ben onde, anotando en 3 magníficos ataques seguidos.
Ao final non pudo ser e derrota por dez puntos.
Dándoo todo |
Ben sabedes que este que escribe non é moi dado ao eloxio, pero no momento de escribir esta crónica, quizáis por falta de costume en eloxiar, non son capaz de atopar as verbas que definan na súa xusta medida o que sinto nestes momentos.
- Teño unha crónica que non o vas crer... |
PD: Seguireime enfadando con eles cando non escoiten ou non fagan e esixíndolles hasta que lles doa a cabeza de tanto oírme, e os ollos de tanto verme.
Xogaron: Leo, Samu, Manuel, Henok, Isma, Miguel e Gael.
CADETE FEMININO
Liga Zonal de Santiago
SANTA BAIA - RÓTULOS AGEITOS CBPS 70 - 52
Polo Coach Jose
Partido aprazado pola viaxe a terras Salmantinas, que se nos fixo algo longo.
Pese a diferenza no marcador final, o RÓTULOS AGEITOS CBPS xogou un partido de ti a ti as de Boiro, que coma sempre se encomendaron a súa xogadora número sete, Valeria.
Nesta ocasión, as xogadoras do RÓTULOS AGEITOS CBPS, mantiveron a igualdade durante os primeiros tres cuartos, xa que no comezo do derradeiro tempo a diferenza era só de dez puntos e a sensación de que debería ser menor ou estar por enriba. As desconexións en defensa durante todo o partido lastraron o noso xogo, pero ó final unhas malas decisións en ataque permitiron que as de Santa Baia se escaparan ata os dezaoito puntos que para nada indican o nivel das nosas xogadoras.
Hai que seguir traballando. Vamos Son!
Xogaron: Melanie, Anahí, Sara P. , Carla, Carmen, Rut e Sara M. As infantís: Sabela, Andrea e Valeria.
Polo Coach Jose
Tralo partido do venres en Boiro, tocaba madrugar o sábado para xogar na capital contra as colexialas do Peleteiro.
As santiaguesas plantexaron unha defensa presionante 2c1 que nos costou superar, pero mediante pases e axudas fomos quén de superala e chegar a canastra contraria. Unha vez alí, pese a intentalo, non eramos o suficientemente duras para entrar e anotar. Tamén erramos moitos tiros exteriores.
Pese a que no último cuarto nos pecharon o marcador, o RÓTULOS AGEITOS CBPS seguiu xogando e traballando para mellorar no xogo colectivo e individual, no que se aprecian melloras en tódalas xogadoras. Tamén nas infantís que viñeron a axudar o equipo, aportando canastras e subindo o balón sen ningún medo.
Ánimo rapazas a seguir adestrando.
Xogaron: Melanie, Anahí, Sara P. , Carla, Carmen, Rut e Sara M. As infantís: Martina, Xiana e Noa.
Liga Zonal de Santiago
A NOSA RÍA CBPS - CB POBRA 41 - 66
Partido polo 7º posto cun rival co que A NOSA RÍA CBPS xa se enfrontou 2 veces na liga con resultado favorable.
Sorte esquiva |
Desta vez a superioridade física dos da Pobra foi determinante, xa que lles permitiu dominar nos dous aros, no campo de ataque collendo numerosos rebotes ofensivos e en campo propio cunha defensa individual flotante co cal non eramos capaces de penetrar.
Arrebolando |
Só conseguimos manternos no partido co acerto na liña de 3 puntos. A defensa non foi a doutros partidos e a diferenza final de 25 puntos reflexa que foi o peor partido desta liga.
Isolado |
Agora queda demostrar o sábado que o da Pobra só foi un mal día e que o A NOSA RÍA CBPS ten máis baloncesto que o mostrado esta semana.
Xogaron: Denis, Andrés, Manu, Isma, Martín, Roi, Abel e Iván.
E esta foi a nosa visión sobre a xornada, e así a contamos |