mércores, 18 de abril de 2018

A Xornada das escolas

Xornada de moito baloncesto para @s máis peques, salvo para a eB Concello de Lousame CBPS e o Aluminios Boro CBPS que descansaban.
Vexamos que tal lles foi.


PREMINI
Liga Zonal de Santiago
WE ROBOTS CBPS - A ESTRADA 48 - 28

WE ROBOTS CBPS continúa co seu proceso de mellora e vence con claridade a un rival co que perdera no partido de ida. 


Ritual

O comezo foi algo igualado, con varios erros sinxelos por parte dos sonenses, pero foi a partires do segundo cuarto cando os nosos nenos colleron distancia no marcador. Todo isto non fai máis que amosar que este equipo crece día a día e que estamos a formar a base de brillantes equipos no futuro.





Aquí falta algo


Os 10 xogadores fixeron un gran traballo e despregaron moitos dos recursos traballados nos adestramentos, como Marcela e Xiana na defensa, Lía e Óscar nas entradas a canastra, Lois e Iker no bote a toda pista, Lucas e Aitana nos rebotes e Martiño e Brais nos pases.

Correndo polo espazo

No próximo partido enfrontámonos ao Portofino cbps no derbi, onde trataremos de gañar o partido perdido na ida.

RESTAURANTE PORTOFINO - SAN PELAYO 50 - 26
Polo Coach Luky

Partido moi embarullado e confuso, facendo cousas moi interesantes por momentos e con despistes en defensa en outros

Desembarrullando. Ou non.


Por outra parte, notoria mellora na saída en contraataque, finalizados con entradas sin bote de alta dificultades técnica.

Respecto o ataque en estático, penalizamos con demasiados pases de globo e falta de enerxía á hora de executar estas accións.


Miradas


Debemos correxir tamén os segundos ataques despois do rebote ofensivo, demasiado precipitados ás veces, así como a toma de decisións en accións de tiro, cando a mellor opción é o pase.

Detalles de xogo

Polo demáis, os rapac@s melloran TODOS e estan súper enganchados, que é o gran obxectivo, que disfruten e se divirtan compartindo estos momentos cos compañeir@s.

Xogaron: Daniela, Julia, Brais, José, Dani Ribeira, Dani Nebra, Iago, Alex e Alexo.

ED CONCELLO DE LOUSAME CBPS - O GRUPO A 29 - 12
Liga Xogade Barbanza
Polo Coach Bule



A chapiña

 

Primeiro partido da segunda fase para a ED Concello de Lousame CBPS fronte a un rival do Grupo que xa venceran na primeira fase, pese á superioridade física dos ribeirenses.

Mini chof

Sobre o partido, pouco que dicir, salvo que estamos aquí para xogar e divertirnos e, aínda que gañar sexa sempre un pracer, nunca imos renunciar a formar xogadores de baloncesto en arras de asegurar un resultado. Nunca.

Contrastes


Quero agradecerlles a Pedro, Nico, Alexo, Alejandro, Dani F., Dani Boo, Luis, James e Diego que intentasen xogar ao baloncesto en todo momento. Visto o visto, esa foi a nosa gran vitoria.


MINI FEMININO
Liga Galega
BODEGÓN O PESCADOR/EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS - BASQUET CORUÑA 26 - 32


Frouxo partido o disputado polo Bodegón O Pescador / Excavacións Darío CBPS na tarde do sábado no pavillón David Vidal, con constantes erros en moitas situacións do partido.


Atasco na zona


Ao contrario do partido disputado en Riazor, as sonenses non conseguiron en ningún momento atacar a pechada zona coruñesa, tropezando unha e outra vez na súa muralla. 

Buscando puntos


Aínda así as sonenses loitaron en todo momento e non lle perderon a cara ao partido ata que sonou a bociña.


Hai cousas máis importantes que os números

Xogaron: Marta, Sara, Paula Fdez., Lucía, María, Iria, Isabela, Noa, Cristina, Candela Carla e Paula Castro.

E así foi a nosa visión sobre a xornada, e así a contamos