XUVENIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
CB AMES - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 50 - 66
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - CB RIBEIRA 106 - 34
Polos Coachs Juan Filgueiras e Bule
|
Lenda CBPS, Alfonso, Porto do Son |
Rematou a liga e, a unha xornada do final, o Fisioterapia Cinesia CBPS acadou o seu preciado obxetivo, o título de liga.
|
Non-miro-á-canastra Iago, Ribeira. |
|
Ghetto Boy David, Ribeira |
Este título ven coroar unha excelente tempada dos homes de Filgueiras e Bule, que empezara alá en setembro en Cambados e que aínda non rematou de todo.
|
Microondas Bouzán, Porto do Son |
|
ZumbaTres Asier, Noia |
No medio, o crecemento dun grupo humán tanto en xogo como a nivel persoal. Rapaces que, estando moitos nun momento importante das súa vida escolar, souberon combinar adestramentos e partidos, doblando co senior en moitas ocasións, para progresar en cada momento. Nese sacrificio e compromiso está a súa verdadeira vitoria.
|
Materialismo-diálectico Castelao, Porto do Son |
|
Monolito Javi, Pobra Do Caramiñal |
Como equipo, esta selección de rapaces do Barbanza demostrou que xuntos, son un equipo competitivo que non lle teme a ninguén. Rapaces do Son, de Ribeira, de Noia e de Pobra, unidos pola mesma paixón e competindo. Seguramente sexa este un equipo pioneiro neste aspecto que marque un camiño a seguir para os que estamos neste mundillo na comarca.
|
Penetrator Toño, Ribeira |
|
Ferrote Ianis, Miñortos |
Cumpre rendir unha pequena homenaxe aos nosos rivais de Compañía, os dous Rosalía, Ames, Obradoiro, Ribeira, Lalín e Noia, con dous derbis de ambiente espectacular, que non regalaron nada e que forzaron este equipo estar sempre alerta e consciente de que sen traballo non se acadan obxectivos. E en especial a Peleteiro, único equipo capaz de vencernos e que nos tivo en vilo hasta a penúltima xornada.
|
Hai-Rali Adrián, Portosín |
|
Difuminao Pinaya |
Agora nos queda por facernos cun bombón, a fase de ascenso, ante os potentes Basquet Coruña, Cidade de Lugo e Gabadi Basket Ferrol. Como premio, non está mal. Seguimos xogando.
|
Seguimos co mambo |