martes, 10 de abril de 2018

A Xornada d@s median@s

As chicas infantiles seguen imparables cara o título mentres os homiños sufriron desta volta. Vexamos en detalle que pasou.

INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
CB RIBEIRA - PESCADOS BORMAR CBPS 6 - 57
Polo Coach Mozan

Partido xogado no pavillón de Palmeira, cancha que se lles dá ben ó PESCADOS BORMAR CBPS

Big Brother is watching you


 Defensas intensas e contraataques moi rápidos no que quedaba patente o poderío físico do equipo visitante, que lograba unha diferenza folgada dende o inicio do encontro. 

 No segundo cuarto seguimos na mesma liña traballando a rapidez nas transicións defensa-ataque. Na volta do descanso marcador pechado pero defensa intensa, igual que na primeira parte. Eso sí, en media cancha como manda o regulamento. 


Traballo ben feito


No último cuarto non baixa a intensidade e traballamos situacións de ataque estático de cara ó seguinte partido contra Cluny. Si xogamos igual que os últimos partidos, con ritmo, bos cortes e bos pases, teremos un partido bonito.

Tres anos, disque...


 Xogaron: Antia, Mariña, Sabela, Martina, Xiana, Noa F. , Andrea e Valeria. As minis: Carla, Noa I., Cristina e Sara

INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
OBRADOIRO CAB - PACO'S MODA CBPS67 - 59
Polo Coach Mozan


GREEN PRIDE

Elixindo parelle de baile

Cando o teu equipo afronta un partido cheo de baixas, por diferentes circunstancias, fronte a un rival da canteira dun clube da ACB, parece que todos os astros están na túa contra. Pero cando o PACO´S MODA CBPS logra xogar e dominar durante 37 minutos ó rival no marcador, e moitas veces tamén no xogo, non cabe outra que decir ORGULLO VERDE!!!!!!

Saltando por riba de montañas

Porque así foi o encontro. Só a eliminación por faltas dalgún dos nosos xogadores e o extremo agotamento de outros que xogaron os 40 minutos fixeron que nos 3 minutos finais o PACO´S MODA CBPS errase varias canastras moi sinxelas e tomásemos algunha que outra decisión equivocada e precipitada, que nos condeou á "derrota" 

Liderar é axudar

"Derrota" porque a nosa gran victoria foi ver como os xogadores do Obradoiro celebraban a victoria como se gañasen o campionato.

 Xogaron:  Pablo, Manuel, Hugo, Lois, Gael, Henok, Isma e Miguel.



CADETE MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS - PELETEIRO B 63 - 51
Polo Coach David Suárez

O partido empezaba cos santiagueses máis metidos no partido e conseguindo as primeiras vantaxes sobre o PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS

No Look pass

Pouco a pouco a defensa a todo campo empezaba a dar o seus froitos e lográbamos moitos contraataques, aínda que o acerto era escaso pola precipitación e malas finalizacións. Aínda así chegábamos ó descanso cunha insuficiente vantaxe de 4 puntos. 

Atacando

O paso polos vestiarios sentoulle mal ó PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS que desapareceu en ataque, o que fixo moi complicado presionar e acabamos 3 puntos abaixo o periodo. Pero aínda non estaba todo dito e un inicio espectacular con 8 puntos en 1.30 volvía facer posible darlle a volta a eliminatoria e que os locais estiveran máis agresivos na defensa ata chegar a 2 min do final con 11 puntos de vantaxe.

 
Zona prohíbida


Ca eliminatoria máis preto que nunca arriesgamos nunha presión a toda pista que nos permitiría culminar a remontada pero un par de fallos defensivos foron castigados con canastras doadas dos santiagueses que non lles chegaron para remontar o partido, pero si a eliminatoria.

Intentaloa fondo sempre é unha vitoria


Xogaron: Denis, Andrés, Adrián, Isaac, Isma, Martín, Roi, Abel e Iván.