luns, 19 de marzo de 2018

A Xornada das escolas

Nova xornada para algúns dos equipos d@s maís peques do club.
Vexamos que tal lles foi, brevemente.

PREMINI
Liga zonal de Santiago
RESTAURANTE PORTOFINO CBPS - EDM MIXTO AMES MILLADOIRO 63 - 51
Polo Coach Parco en palabras David

A calma antes do barullo


Partidazo do RESTAURANTE PORTOFINO CBPS vencendo ó líder e remontando a diferenza do partido de ida cun gran xogo e con todos os rapaces aportando tanto en ataque como en defensa. 

Quentando motores


Sin dúbida Lucky tenos ben enseñados.  

A verr, adultos, cortade o rollo e soltade o balón.

Participaron no encontro e anotaron: Brais, Iago, Julia, Dani F., Daniela, Álex e Alexo.

MINI FEMININO
Liga Galega
UNIVERSITARIO FERROL - BODEÓN O PESCADOR/EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS 24 - 74
Polo Coach Beiro
 
As xogadoras do BODEÓN O PESCADOR/EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS van a máis e continúan a sua progresión dende o principio de tempada-

A Toma de Ferrol
 
Dende o primeiro cuarto as sonenses dominaron o partido cunha defensa presionante a toda pista, que facilitou moitos roubos de balón que deron lugar a canastras sinxelas. 

Mística

Esta intensidade defensiva mantívose polas 11 xogadoras do BODEÓN O PESCADOR/EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS que pisaron a pista ferrolana, facilitando que minuto a minuto a diferenza no marcador se ampliase. 

Pese a todo, Ferrol existe

Xogaron: Paula Castro, Paula Fdez., Marta, Noa Iglesias, Cristina, Sara, María, Iria, Isabela, Lucía e Carla. Candela foi baixa pero estivo acompañando ao seu equipo nesta viaxe a Ferrol.

MINI MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
ALUMINIOS BORO CBPS - CLUNY 54 - 39
Polo Coach Álex

Buscando colega libre


Este finde tocou madrugar, ás 9 da mañan andaba o ALUMINIOS BORO CBPS por terras santiaguesas. O cal non nos fixo salir a pista durmidos, o revés, dominamos o partido de principio a fin, puidendo repartir minutos entre todos os xogadores por igual.


Espertos e activos
 Algo que seguro nos influiu foi xogar no mesmo tamaño de pista no que entrenamos.

Traballo ben feito
 Xogaron: Samu, Leo, Celso, Roi, Álvaro, Manu, Pablo, Hugo e Jaime.