XUVENIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
CB NOIA - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 44 - 93
Polo Rompesillas Bule
Un derbi sempre é un derbi, aínda que sexa entre un equipo noiés que só gañou un `partido e un equipo Fisioterapia Cinesia CBPS que só perdeu un e que está a unha vitoria de proclamarse campión de liga.
A pelota manda |
A partires desa premisa, e cun ambiente das grandes citas, con notable presencia sonense, o partido durou 10 minutos, o tempo dun cuarto.
Durou o que lle durou a apatía aos visitantes, que na súa maioría xa xogaran á mañá co senior.
Tras ese arranque dubitativo, a maquinaria se puxo en marcha e xa non houbo suspense. Pese a burlas fóra de lugar e algún que outro desgradábel insulto, o máis salientable, aparte da vantaxe que ía medrando, foi unha silla rota.
Aguantou o que aguantou |
Total, partido con máis ruido que chicha, só queda rematar a primeira parte do traballo empezado alá por setembro.
Xogaron: Fernán, Caste, Iago, Javi Varela, Asier, David, Alfonso, Iago, Adri Agitos e Iannis.
SENIOR MASCULINO
3eira división da Liga Zonal de Santiago
TIENDAS PILLADOS CBPS - CB ARZÚA 59 - 67
Polo Coach Bule
Rematou unha tempada frustrante en todolos aspectos, deportivos e humanos. Grazas aos xuves por sacar adiante este final de tempada e aos que estiveron ata o final. Para vós, o meu eterno agradecmento.
Xogaron: Serxo, Baloko jr, Baloko sr, Brais, Fernán, Caste, Iago, Javi Varela, Asier, David, Alfonso, Iago