xoves, 26 de abril de 2018

A CRÓNICA D@S MEDIAN@S

INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
CB BOIRO - PESCADOS BORMAR CBPS 11-61

Un pasiño máis, un partido menos para a loita polo ascenso. O PESCADOS BORMAR CBPS  saíu á cancha con intensidade e sen dar tregua ás boirenses facendo unha primeira metade de encontro cunha vantaxe moi clara.


Xubiladas mirando unha obra, alegoría

Co marcador tan favorable, saíron as xogadoras menos habituáis pero xogando coa mesma intensidade (tanto en defensa como en ataque) facendo xogadas para que finalizase esta ou aquela, todas traballando en equipo, aportando e buscando que todo o equipo anotara.


Rebote axitado

No terceiro cuarto o PESCADOS BORMAR CBPS pecha o contador cunha tripla de Andrea, pero sen baixar no ritmo de xogo.

Vamos Son, queda outro e a desfrutar da loita polo ascenso!


Un pasiño máis, por Noa-

E un recordo e todo o apoio do equipo para a mini Noa Iglesias e a familia.

Xogaron: Cayetana, Antia, María, Mariña apoiou dende o banquiño, Sabela, Martina, Xiana, Noa F. , Andrea e Valeria. A mini: Carla.

INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
PACO´S MODA CBPS - COMPAÑÍA DE MARÍA 46-74

Ó mal tempo boa cara, e iso foi o que deben pensar os xogadores e técnicos do PACO´S MODA CBPS esta tempada. 


23 ao cadrado, 529

Unha vez máis había que enfrontarse ó líder invicto da categoría con baixas no equipo e recurrindo a tres xogadores do equipo mini basket, ós que lles damos as grazas porque nese mesmo día tiñan outro partido e aínda así viñeron a axudarnos.


Charla de oficina

O partido non tivo moita historia e xa dende un principio o equipo de Compañía dominou en todos os aspectos do xogo.

En calquera caso, o PACO´S MODA CBPS nunca deixa de loitar ni de intentar levar a cabo o que se lles demanda dende o banquiño. E así fomos capaces de encadear algunha que outra acción moi ben xogada, tanto no medio como en todo o campo.

The Wild Bunch

Xogaron: Leo, Samu, Pablo, Manuel, Henok, Gael, Isma e Lois. 


CADETE MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
CB A POBRA - A NOSA RÍA CBPS 69-47

Partido de volta do A NOSA RÍA CBPS da eliminatoria polo 7 posto e guión como na ida.

Polos aires

Os da Pobra cerrados dentro da zona e permitindo mover o balón con moita facilidade e tirar sen oposición. En campo de ataque conseguindo os puntos con balóns interiores e collendo numerosos rebotes en ataque debido a sua superioridade física.

Intentar, intentouse


Nos primeiros 20 min A NOSA RÍA CBPS mantívose no partido gracias o acerto no tiro de 3 puntos e chegamos ó descanso un punto abaixo. Nos seguintes 20 min o acerto no tiro baixou e pouco a pouco a diferenza foi aumentando. 

Aínda que o marcador señala 20 puntos de diferencia o xogo do equipo así como a actitude foron boas e solo o condicionante físico marcou a diferencia. 


Banda de cadetes

 Xogaron: Denis, Andrés, Adrián, Isaac, Martín, Roi, Abel e Iván.

E así foi a nosas mirada sobre a xornada, e así a contamos.