xoves, 1 de marzo de 2018

A xornada d@s Median@s

INFANTIL MASCULINO
Paco's Moda CBPS - LaSalle 73-22


Triunfo folgado do Paco´s Moda CBPS, cuxo cabalo de batalla durante os 40 minutos foi  o de ser capaces de xogar con regularidade durante os diferentes tramos do partido.

Perspectiva

Difícilmente eramos capaces de encadear boas defensas ou bos ataques. Ás veces parece que por ter dúas boas defensas/ataques xa temos licencia para desconectar do xogo durante un par de minutos. Hai que priorizar os obxetivos de cada momento, á marxe de cal sexa o resultado.

Sempre esperando por eles

O mellor do Paco´s Moda CBPS foi que no último cuarto foi quen de encadear varias e moi boas accions, con situacións de cortes a canastra que facía tempo que habíamos deixado de facer, para poder traballar sobre outros aspectos do xogo.

Unha unión máis

Xogaron: Samuel, Manuel, Henok, Gael, Isma, Noel e Miguel.

CADETE FEMININO
Rótulos Ageitos CBPS - LaSalle 53-42

Partido cedo e cunha xeada blanca, no que ó Rótulos Ageitos CBPS lle costou arrincar os puntos do conxelado marcador negreirés.


Sé Lo Que Hicisteis En El Último Calentamiento.

Primeiro cuarto trabado de ataques premeditados e présas que facían fallar canastras sinxelas e soas contra a táboa. Tampouco as defensas eran moita cousa e permitiron as colexialas marchar con vantaxe no fin do tempo regulamentario.

No segundo, parece que se desconxelaron as gañas e as ideas do Rótulos Ageitos CBPS, traballando ben as defensas templando as entradas, que comezaron a sumar. Ao descanso a desventaxa só era de dous puntos.


Sé Lo Que Hicisteis En La Última Charla Prepartido

No descanso, as rapazas, tomaron aire e conciencia de que o partido aínda que trabado, podía decantarse ó noso favor. Saíndo á pista ca idea de que defender para provocar as perdas de balón das da Salle sería a clave, e cun traballo de grupo incrible, déronlle a volta ao partido sacando unha vantaxe de seis puntos no remate do cuarto.

 No derradeiro período, seguimos ca presión sobre o bote das xogadoras rivais, ampliando a vantaxe que nos fixo relaxarnos en defensa nalgúns ataques rivais, concedendo puntos que non deberían ter anotado.


Sé Lo Que Hicisteis En El Último Tiempo Muerto.

Aínda así, un partido de menos a máis que en ningún momento lle perderon a cara, pese ós erros cometidos e perdas de balón, decepcións que outrora nos borraría do partido, hoxe coa suma de todas as xogadoras sacaron o partido adiante, ata a vitoria. Un exercicio de madurez que servirá para creer que se pode ir a máis.

 Bo traballo!

Sabemos que sodes un equipazo!

Xogaron: Elba, Melanie, Anahí, Sara P., Carla, Carmen, Rut, Sara M., Mariña, Sabela, Andrea e Valeria. Agradecer a disposición de Martina que ata onte a unha hora moi tarde cando se confirmou a asistencia de tódalas cadetes e houbo que desconvocala.

E así foi como vimos a xornada, e así a contamos.