xoves, 1 de marzo de 2018

A xornada das Escolas

Mentres o mini feminino O Pescador-Excavacións Darío CBPS descansaba, xornada completita para o resto de equipos das escolas do CBPS. Vexamos que tal lles foi.


PREMINI
Liga zonal de Santiago


Portofino CBPS - Milladoiro 58-22
Carta de Amor aos premini de Coach Luky

Permitídeme que vos dea a noraboa pola delicia de fill@s que tedes.

Mimá, Luky ponse romántico

A veces, o máis difícil de adestrar é a atitude, e os mamarrachos estos lévana de serie, defenden a toda pista, pelexan cada bóla como se fóse a última e non baixan os brazos nunca. 

A defensa pinza

Ademáis xogan con ledicia e dá gusto velos. Todos melloran, todos acertan e todos se equivocan, todos coma equipo, ata o de agora, nunca oín unha queixa, un pero, un é que...

Esperando a bóla

Hoxe fun feliz vendo a Julia tirada polo chan como unha jabata, a José facendo un coast to coast, dando pases e reboteando e a Brais, jolín como pelexa e defende, non quixera encontrarmo nun callexón escuro con esa mirada de tigre que pon na pista.

Dominando
O dito, noraboa a todos os nen@s porque os obxetivos, que compartan, que se sacrifiquen polos compañeiros, e, sobre todo, que se divirtan, penso que os imos cumprindo pasiño a pasiño.

A Deportividade


Xogaron: Alex, Jose, Julia, Daniela, Dani Riveira, Dani Nebra, Brais, Alexo e Iago

We Robots CBPS - EB Ames 40-70
Polo Coach que ve a vida pasar Chechu  
Partidazo o xogado polo We Robots CBPS este sábado ben cedo no Restollal. 

Descifrando ao ferrolano

Enfronte atopámonos a un dos mellores equipos da liga pero pese a non comezar do mellor xeito posible, os sonenses foron quen de ir despertando o bo xogo e as intensidade a medida que avanzaba o encontro.


Dous mitos en acción


Así, o público puido disfrutar de grandes xogadas levadas a cabo polos nosos nenos e unha intensidade defensiva poucas veces vista.

Pelexa, toda.
 
As canastras de Lía e Lucas, a defensa de Marcela e Martiño, os pases de Óscar e Aitana e o dribbling de Jamie e Brais foron un disfrute para este vello adestrador.

Ao final, escaparon.


Xogaron: Lía, Marcela, Lucas, Martiño, Óscar, Aitana, Jamie e Brais


ED Concello de Negreira CBPS - LaSalle 28-33
Polo Coach didáctico Jose

Partido moi igualado, onde se poido apreciar a melloría dos dous equipos.


Rezos e risas.


En canto ós xogadores do ED Concello de Negreira CBPS , a maioría é moi clara no ataque, con saídas de balón con bote fora do corpo, ca cabeza levantada e pases os compañeiros que corren diante do balón e facendo xogar a todo o equipo. 


Buscando a luz

Outra cousa é a defensa, temos que mellorar en defender o balón aínda que non sea o xogador ao que me toca. Si me superan, recuperar a posición correndo e non quedar quietos en campo contrario.

Outra cousa na que temos que mellorar é na actitude, respetar os riváis e adestradores. Non todo vale neste xogo.


Miradas paternais

En xeral foi un gran partido, no que @s nen@s loitaron de principio o fin. Seguiremos traballando para mellorar.

Xogaron: H. Barbeira, Nico, H. Quintáns, Paula, Ana, Miguel, Carmen e Nacho, ausencia de Íñigo por enfermidade.

Liga Xogade
CB Cee - EB Concello de Lousame CBPS 45-5


Partido de fin de fase para unha EB Lousame CBPS que se presentaba en Cee con algunha ausencia importante.

Alturas
Nestas circunstancias, os máis pequenos disfrutaron de moitos minutos de xogo que aproveitaron para probar o entrenado e divertirse.


Loita
 
Unha vez rematada a xornada, confirmouse que a EB Concello de Lousame CBPS meteuse no cuarteto final polo título ao rematar segundos da liga. Non está mal para un equipo con rapaces que levan uns meses tan só adicándose a este deporte.


Grandes espazos


Noraboa rapaces!

Xogo colectivo



MINI MASCULINO
Aluminios Boro CBPS - EB Ames 28-27

Polo Coach Invader Álex

Cantas veces desexamos estar durmindo ás 12:00 da mañán. Pois así empezamos o partido o Aluminios Boro CBPS contra Ames, con 0 puntos en dous cuartos. 

Ronda de dormidos

No tercer cuarto tocou despertar, con presión a toda pista fixemos un parcial 12 - 0, o cal nos meteu no partido. O resto dos cuartos foron moi igualados, acabando cunha ventaxa de 1 punto.

Coach Total

Os rapaces souberon recompoñerse a un mal inicio e nunca deron o partido por perdido. 




A Remuntada

Xogaron: Samu, Alex, Celso, Álvaro, Roi, Manu, Pablo, Jaime e Hugo. Xogador número 10 Leo, gracias por todo o apoio ao teu equipo. Eres un gran compañeiro.


Aluminios Boro CBPS - Obradoiro CAB 23-45
Polo Coach Bis Repetitae Álex

O revés do partido do sábado, comezamos o partido con forza, sacando vantaxe no primeiro cuarto.

Empezouse guai

Con todo, fallos coma os saques de fondo e a dificultade de subir o balón cunha forte presión fixeron que perderamos esa vantaxe e este partido.

Na vitoria e na derrota

Xogaron: Samu, Celso, Álex, Álvaro, Roi, Manu, Pablo, Jaime e Hugo.

 
E así foi a nosa visión sobre a xornada, e así o contamos.