XUVENIL MASCULINO
FISIOTERAPIA CINESIAS CBPS - COMPAÑÍA DE MARÍA 55-52
Polo segundo Bule
Partido trampa o xogado polo líder da categoría, o Fisioterapia Cinesia CBPS que casi gasta a súa rede de seguridade que ten con respecto a Peleteiro nunha mañá apática e fría.
Estaba a cousa seria |
Nun principio, a baixa do capitán Fernán por gripe era un contratempo pero nada insolventable. Cando aos 5 minutos Toño se resentía do seu maldito xeonllo e tiña que abandonar a cancha para non volver, xa, o asunto complicábase.
Buscando distancia |
Cando moi cedo no terceiro cuarto tanto Javi coma Asier recibían a súa cuarta falta (con que facilidade se lles pita ca de paos que reciben en toda impunidade), cheiraba a can.
O partido foi ao ritmo que quixeron os santiagueses, e, dende a seriedade que sempre lles caracteriza e enrachados dende 6'75, complicaron moi moito as cousas a un equipo sonense que tivo que pór toda a carne no asador para non saír derrotado.
Buscando respostas |
Haberá que estar máis atentos, aínda quedan que pasar 5 etapas para chegar a meta, algunhas delas con portos de categoría.
Honor ao vencido |
Xogaron: Toño, David, Castelao, Iago, Javi, Asier, Ianis, Alfonso, Ageitos e Pinaya.
SENIOR MASCULINO
COMPAÑÍA DE MARÍA - TIENDAS PILLADOS CBPS 63-47
Polo Coach Bule
Partido xogado en domingo con moitas baixas por parte dos seniors. Grazas ao reforzo dos xuveniles Asier, Iago e Castelao, e o compromiso de Pablo, Serxo, os Baloko, David e Mario, o Tiendas Pillados CBPS competiu todo o partido fronte un equipo que ten a xuventude por virtude.
Cando calculas canto aforras do churrasco |
O equipo sonense fixo moitas cousas ben pero dous atascos importante, un no segundo cuarto e outro no final do partido decidiron un encontro moito máis disustado do que reflexa o marcador.
A carne de angus quedará para outra ocasión (pero se comerá).