mércores, 14 de marzo de 2018

Crónica da xornada das escolas, median@s e senior

Xornada particular, con só 4 partidos para os equipos do club por mor da viaxe da sección feminina a Salamanca.
Imos co resumo deste finde particular.

PREMINI
Liga Zonal de Santiago
WE ROBOTS CBPS - GALOGRÍN 32 - 35
Polo Coach cada vez máis vello pero cada vez máis sabio Chechu


Comezo polo final: perder así mola. Perder de 3 contra un dos mellores equipos despois de ir gañando todo o partido e anotar 0 puntos no último cuarto podería fastidiar a calquera, máis eu saín moi feliz do pavillón e así quixen que se sentiran os nenos. 

Repartindo tarefas

Felices porque hai 3 meses perdemos de moito contra este mesmo equipo. Felices porque o esforzo e as ganas veñen de serie e cada día amosan que son mellores xogadores. 

Gañando metros

Calquera pode gañar un partido, nós perdemos cun estilo moi do Son.

Coach fachendoso dos seus

Xogaron: Lía, Óscar, Marcela, Lucas, Xiana, Brais, Lois, Martiño e Iker.

INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
PESCADOS BORMAR CBPS - CB NOIA 75 - 25
Polo Coach Jose

Volta do derbi, na casa, despois da charla do partido anterior, o PESCADOS BORMAR CBPS saíu con outra mentalidade a cancha do David Vidal. 


Unión

Un primeiro cuarto moi enchufadas, cunha gran presión defensiva que descoloca as noiesas. 
A presión non decaeu en todo o partido e daba igual quen saíra á pista. Todas as xogadoras estaban implicadas e aportaban ao xogo colectivo, incluso as menos habituais, que cada vez se ve máis a súa melloría.


Loitando

As noiesas cunha defensa moi "intensa" fóronse apagando a medida que o PESCADOS BORMAR CBPS iba sumando no marcador e non deixándose arrastrar pola rudeza do seu xogo. 


Disparando

No derradeiro cuarto cerrámolo marcador cun 75 a 25 e rápido a ducha para facela maleta e viaxar a Salamanca para desfrutar e aprender do Perfumerías Avenida, actuais campeonas da liga feminina de 1ª División. 


Culminando
Seguide así e a desfrutar da viaxe. 

Xogaron: Cayetana, María, Antia, Mariña, Sabela, Martina, Xiana, Noa, Andrea e Valeria.
As minis: Carla e Noa.

CADETE MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
A NOSA RÍA CBPS - INSTITUTO ROSALÍA 68 - 34
Polo Coach David

Despedía a liga regular o PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS en Trapa e saíron a pola victoria dende o min 1.

Intensidade

Unha forte presión a toda pista permitía despegarnos 35 - 10 antes do final do descanso.  Nos minutos seguintes os de Rosalia apretaron as liñas de pase, unido a relaxación do resultado deron fruto a varias perdidas.

Elevacións
 
Tras un tempo morto para poñer as pilas, o PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS empezou a castigar a dureza nas liñas de pase con portas atrás que baixaron a presión visitante e permitiron unha moi cómoda victoria.

Dominando

Xogaron: Noel, Andrés, Adrián, Isaac, Pinaya, Isma, Roi, Abel, Iván e debutou o infantil de primeiro ano Manuel que fixo un partidazo.

SENIOR MASCULINO
3eira Zonal de Santiago
AD FONTIÑAS - TIENDAS PILLADOS CBPS 66 - 56
Polo Coach Bule

Partido que dominamos case 35 minutos hasta que se nos acabaron as ideas. Só podo agredecer o esforzo de todos, especialmente dos xuveniles que acudiron masivamente á convocatoria. Moitas grazas, rapaces.


Buscando ideas

Xogaron: David, Caste, Iago, Alfonso, Toño, Baloko jr, Serxo, Asier e Ianis.

E así foi a nosa mirada sobre esta mini xornada, e así a contamos