xoves, 8 de marzo de 2018

A xornada d@s median@s e un maior


INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
LASALLE PROYDE - PESCADOS BORMAR CBPS 53 - 62
Polo Coach Jose

Partido de máis a menos. Das risas ós choros.

Todo comezaba ben, moi animadas as do PESCADOS BORMAR CBPS na chegada ó pavillón, moi bo rollo no vestiario. 15 minutos de locura...Paso a concentración, aclaracións de táctica de última hora...

Charla para empezar

Comezo de partido. Encontro intenso, moi igualado, axustamos defensas, presionamos liñas de pase, roubamos ...8-19 no final do primeiro tempo (moito máis apretado do que indicaba o marcador).

Tivemos o balón

Comeza o segundo cuarto, este si, para enmarcar. Moi atentas en defensa, xogando moi ben o sistema (salvo algún despiste), contraataques, xogo sin balón...
12-28


Tívono o árbitro


Volvemos do descanso e empezamos a relaxarnos, xa non acabamos as xogadas do sistema, non defendemos a saída de balón, si nos desbordan, non recuperamos, non estamos nas liñas de pase... 
Elas seguen ó seu, sen tirar a toalla, xogando as súas cartas. Perdemos o terceiro cuarto e a Carla por faltas. 


Tívono LaSalle

Comeza o cuarto, a vantaxe do PESCADOS BORMAR CBPS era grande, seguimos relaxadas en defensa e no ataque. Non pensamos o sistema, non se sabe ou parece olvidado. Xogadas precipitadas, a pesar das malas defensas conseguimos roubar balóns pero non temos as ideas claras e non xogamos a nada debaixo da canasta. Perdemos a Andrea por faltas. Xa non defende ninguén, xa non se rebotea. Corremos pola cancha detrás do balón. Somos espectadoras de luxo. Agora son elas as que contraatacan e anotan. Perdemos o cuarto 21-15.

De ter unha vantaxe de 27 puntos, o remátalo encontro, quedou en 9 e gracias! 
Xornada para a reflexión. Non podemos dar o partido por gañado ata o pitido final. Hai que defender ata o último segundo. Non nos podemos desconcentrar e marchar do partido, si a grada presiona (sexa a nosa ou a rival), seguimos o noso traballo. Facer o que mandou o adestrador no vestiario ou no banquiño e non xogar sin sentido.  Se teño catro faltas, non podo xogar sen pensar e deixar as compañeiras de equipo sen a miña axuda e alentando a moral rival. 

Islote sonense

Se cada unha coas súas teimas e os seus erros é capaz de sacar as conclusión acertadas e non volver caer nos memos erros pois non foi mala cousa, de todo se aprende. 

Noraboa as Santiaguesas perdendo con moita desvantaxe, non deron o partido por perdido e nos apretaron as tuercas ata ver as nosas debilidades. 

 Xogaron: Antia, Mariña, Sabela, Martina, Xiana, Noa, Andrea e Valeria. As minis: Carla, Noa e Paula.

INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
PACO'S MODA CBPS - CB POBRA DO CARAMIÑAL 88 - 40
Polo Coach David

Dende un comezo o PACO'S MODA CBPS impuxo un xogo extremadamente veloz, que o equipo da Pobra foi incapaz de seguir. Así as diferenzas no marcador eran cada vez maiores.

A toda pista


Cando o equipo non lograbar anotar no contraataque, o xogo no medio campo cada vez resultaba máis fluído e executábase con moita maior claridade de ideas.

Velocidade

Así, por exemplo, PACO'S MODA CBPS soubo castigar perfectamente ó rival con diferentes accións de cortes e de portas atrás.

Sáltame que xa a mete Isma


O que si temos que traballar son as finalizacións fáciles, nas que erramos demasiadas canastras, por falta de intensidade á hora de atacar á canastra, que fan que perdamos un bo número de puntos en cada partido

A unión fai a forza

Xogaron: Samu, Manuel, Henok, Gael, Lois, Martín, Isma, Noel e Miguel


CADETE FEMININO
Liga Zonal de Santiago
RÓTULOS AGEITOS CBPS - CB RIANXO 67 - 19
Polo Coach Jose

Partido xogado no Santa Irene na mañá do domingo polo RÓTULOS AGEITOS CBPS. Saída ao campo concentradas e con gañas.


Buscando pase


Traballando ben a defensa conseguimos canastras en rápidos contraataques. Tras un gran primeiro cuarto, no que conseguimos un bo colchón de puntos, comezamos a traballar aspectos do xogo que nos servirán para vindeiros partidos.


Defender é unha arte

No tempo de descanso, axustamos flecos en defensa e damos unha volta ó ataque, no que xa o temos ben asimilado por todas as xogadoras como se demostra na cancha, salvo algúns despistes que se resolven con axudas e xogo sen balón.


Entrando

No derradeiro tempo, facemos outro axuste para practicar tiro exterior e conseguimos moitas opcións de tiro e boas canastras liberadas.


Culminando

Un bo partido no que se traballou en defensa, se axusta o ataque e se gañou en confianza.


Descanso merecido

Moi ben RÓTULOS AGEITOS CBPS seguiremos traballando nesta liña.

Xogaron: Elba, Melanie, Anahí, Sara P., Carla, Carmen, Rut e Sara M.
Tamén as infantís Sabela e Martina

SENIOR MASCULINO
3eira Zonal de Santiago
TIENDAS PILLADOS CBPS - CB LALÍN 67 - 26
Polo Coach Bule

Partido sen historia ante un rival que aínda non gañou ningún partido nesta liga.

O balón máis competido

Salvo un primeiro cuarto bastante malo, onde lle custou ao Tiendas Pillados CBPS axustar o seu xogo á zona vistante, o partido transcurriu sen sobresaltos e con fases de bó xogo incluso.


Barreiro facendo números

Pouco que contar, tan só agradecerlle unha vez máis aos xuveniles a súa participación nun equipo en delicuescencia que tentará rematar a tempada tan dignamente como poida.

Banquillo supreme
 Xogaron: Pablo, Brais, Serxo, David e os xuveniles David, Asier, Iago e Alfonso.

E así foi a nosa visión sobe a xornada, e así a contamos