mércores, 7 de marzo de 2018

A Xornada das Escolas

Nova xornada de concentración polas pistas picheleiras. Vexamos como lles foi aos nosos equipos.


PREMINI
Liga Zonal de Santiago
WE ROBOTS CBPS - SAN PELAYO 27 - 18
Polo Coach Chechu Yáñez

Moito mito solto polo Restollal

O WE ROBOTS CBPS xogou, sen dúbida algunha, o mellor partido do ano este sábado no Restollal. 

Deixade que os Robots se acheguen a min!

Pode que fora por non ser as 9 da mañá, pero o xogo desplegado polos nen@s foi espectacular. As defensas foron abafantes, os ataques lixeiros e os 9 robots que xogaron aportaron cousas á victoria do equipo. É importante lembrar que fai poucos meses, o San Pelayo levouse o partido de ida.


- Veña, señora, deixanos a bóla pra xogar, porfa!

Sen embargo neste caso o partido foi dominado polos sonenses de principio a fin. Hoxe debemos destacar o partidazo de Xiana, cunha defensa digna de categorías superiores. Marcela e Lía marcaron diferenzas baloncestísticas. Óscar e Lucas arrasaron a pista. Aitana e Brais son a revelación e Martiño e máis Lois machacaron a canastra dos Pelayos.

Ollo! Punto de inflexión!

Sen dúbida, este partido será un punto de inflexión no xogo do WE ROBOTS CBPS.

ED CONCELLO DE NEGREIRA CBPS - LASALLE 14 - 64
Polo Coach David Suárez

Tocáballe xogar ó ED CONCELLO DE NEGREIRA CBPS outra semana máis contra outro equipo dos de cabeza e no primeiro cuarto demos a cara.

- Por favor, decídelle aos vosos pais que os saquen fotos!

O partido era un ida e volta que acabou cun 12 -  8 no marcador para os santiagueses.  Nos seguintes periodos a maior envergadura física dos rivais e unha presión a toda pista fixo que nos fora moi difícil pasar do medio.  E cando o conseguiamos e eramos capaces de realizar bos tiros, o acerto era escaso.  

Xa no último periodo e co partido pechado e unha defensa en media pista volvemos conseguir anotar, realizando boas xogadas de pases.  Seguimos mellorando e cada partido vense detalles na pista, aínda que no marcador non cheguen a materializarse.  

Xogaron: Paula. Ana. Carmen. Miguel Angel.  Nicolas.  Hugo Quintans.  Hugo Barbeira e Ignacio.  Baixa por enfermidade Iñigo.

MINI FEMININO
Liga Galega
BODEGÓN O PESCADOR/EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS - PELETEIRO 51 - 33
Polo Coach Mozan

BODEGÓN O PESCADOR/EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS tratou dende un principio de xogar con un ritmo de ataque e de defensa moi alto, conseguíndoo ás veces en ambas facetas do xogo e cobrando a recompensa en forma de rápidos contraataques, fruto da agresividade defensiva e de distintos roubos de balón.

Perseguindo un soño

Co transcurso dos minutos e afianzando cada vez máis o xogo, fóronse aumentando as rentas, aínda que a diferenza na pista non se vía de todo correspondida no marcador.

Recibo

No último cuarto pese a lanzar varios contraataques, francamente ben executados, o BODEGÓN O PESCADOR/EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS non era quen de finalizalos, por non coller o balón con firmeza cando o recibimos correndo á máxima velocidade.

Pa dentro


O que si xera cada vez máis satisfacción é ver como as nosas xogadoras acoden ó banquiño, ó final de cada cuarto, completamente exhaustas, froito da gran actividade mostrada no campo en cada segundo.

Non se regalou nada (e máis)

Xogaron: Noa, Carla, Maria, Sara, Marta, Candela, Cristina, Iria, Isabel, Paula Castro, Paula Fernandez. Lucia Baja (Lesion)


MINI MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
COMPAÑÍA DE MARÍA - PORTOFINO CBPS 36 - 88
Polo Coach Álex do Pirillueiro

Esta semana tocou viaxar a Santiago e xogar contra un dos rivais máis difíciles da liga: Compañía de María. 

Roxo inalcanzábel

Nós chegamos cas baixas de Leo, Celso, Jacobo e Óscar.

Prego polas baixas
Durante todo o partido fomos competindo e intentando facer as cousas que traballamos cada semana, pero co paso dos minutos a diferencia na táboa foise notando ata chegar ao final cunha desvantaxe de 30 puntos. 

Buscando oco

 Xogaron: Alex, Samu, Jaime, Pablo, Roi, Hugo, Álvaro, Manu e Lucas (gracias por vir correndo do teu partido cos preminis para chegar antes do tercer cuarto, polos pelos) e Leo que segue apoiando o equipo pese a sua lesión.

 
- Neno, así foi a nosa visión da xornada, e así a contamos, oes!