venres, 23 de febreiro de 2018

A Xornada dos maiores

Os xuves foron centenarios mentres os seniors recuperaron o sabor á vitoria no partido que máis gusta xogar, o derbi.

XUVENIL MASCULINO
Liga Zonal Santiago

ROSALÍA DE CASTRO - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 58 - 109
Polo Coach Filgueiras

Encontro cómodo para un Fisioterapia Cinesia CBPS que está sendo capaz de levar aos encontros o ritmo de xogo e intensidade dos entrenos.

Ben quentes

Destacar que todos os xogadores disputaron case o mesmo numero de minutos e facéndoo a gran nivel.


Meterse nun problema, definicion grafica
O equipo só tivo un pequeno baixón no segundo periodo no que se relaxou pero por fin foron capaces de continuar co seu traballo o segundo periodo.

Centenarios


Xogaron: David, Javi, Asier, Toño, Caste, Fernan, Adrian , Alfonso, Yago e Iannis

SENIOR MASCULINO
3eira Zonal de Santiago, B

TIENDAS PILLADOS CBPS - C.B. NOIA 64 - 53
Polo Coach Bule




Tarde de derbi no Santa Irene entre un Tiendas Pillados CBPS que viña de perder os seus dous ultimos partidos por escaso marxe e un CB Noia en clara melloria, pero sen sorte tampouco nos marcadores.

Cefalia

De inicio, o equipo sonense empezou do revés e tardou en pórse a mirar no bo sentido. Cada vantaxe dos locais era contestada polos visitantes que chegaron a ir ao descanso cunha vantaxe de dous puntos, 26-28.

Bicefalia

Tralo paso polo vestuario, e liderados por o xuvenil de primeiro ano David, o equipo Tiendas Pillados CBPS empezou a caburar. As vantaxes seguían sendo escasas, 6-9 puntos, pero o equipo parecía máis sólido.

Un punto por diante


E esa solidez foi as que os levou a vitoria ante un equipo noiés que nunca lle perdeu a cara ao partido e contribuiu a que se vira un gran encontro.
O mate final de Pablo foi unha guinda estupenda a un gran domingo de baloncesto.




Derbi deportivo


Xogaron: Álex, Maki, Pablo, Serxo, Asier, David coach, Baloko jr, Baloko sr, Fernán, Castelao, David e Brais.

E asi foi a nosa mirada sobre a xornada, e asi a contamos.