INFANTIL FEMININO
Liga Zonal Santiago
PÍO XII - PESCADOS BORMAR CBPS 13 - 63
Polo Coach Jose
A mediodía no sempre frío pavillón Santiagués, as infantís do Pescados Bormar CBPS, tiñan présa por deixar sentenciado o encontro e pese ás moitas canastras falladas co primeiro cuarto xa tiñan unha cómoda renta de puntos.
Buscando o Caribe |
Con boas defensas e contraataques directos e as cousas moi claras no xogo habitual, os puntos van subindo ao marcador.
Imparables |
Con esto así, toca cambiar o sistema de xogo e aínda que os cambios costan, o Pescados Bormar CBPS, realiza varias xogadas con varios cortes que descolocan a defensa rival.
Buscando vantaxe |
No terceiro cuarto, pechamos o marcador e o coach fai cambios de tódalas xogadoras á vez, pero a maquinaria non se para e seguen xogando ó mesmo nivel.
Mosaico de cores |
Temos que mellorar nas finalizacións, entrando a canastra con máis intensidade e elevando o balón con máis forza. Tanto erro podémolo pagar caro con outros equipos . Tamén na adaptación aos cambios de sistema de xogo, non somos autómatas programados para facer unha soa cousa, si temos que cortar ao lado contrario, non podemos quedar nun corte cerca da nosa posición por comodidade ou por costume.
Xa o traballaremos nos adestramentos desta semana. Un pasiño máis... Bo traballo EQUIPO!
A outra cara do xogo |
Xogaron: Antía, María, Mariña, Sabela, Martina, Xiana, Noa F., Andrea, Valeria, Carla, Noa I. e Paula.
Salientar o esforzo e compromiso das infantís de segundo ano, que xogaron este encontro sen descanso tras un gran partido cas súas compañeiras de categoría cadete, que apenas tiveron tempo de beber un trago de auga entre un partido e outro.
CADETE FEMININO
Liga Zonal Santiago
ROSALÍA DE CASTRO - RÓTULOS AGEITOS 52 - 45
Polo Coach Jose
Despois dun quecemento curto e frío, e con recelosas miradas ó equipo rival, semellaba que ía ser un encontro para sufrir, pero sufrimos pola emoción que nos puxeron co xogo.
Con grandes defensas e rápidos contraataques da incombustible Valeria, o Rótulos Ageitos CBPS plantexou un partido duro ás Santiaguesas.
Tan parello foi o encontro, que chegamos 23-22 ao descanso ca sensación de que se nos facían curtos os tempos de xogo. As Sonenses tiñan gañas de Baloncesto e vían posibilidades de levala vitoria.
Sempre atentas |
Roubo antes da zona |
Queda demostrado que para gañar a calquera equipo, hai que traballar en defensa moi duro. Dende esta premisa pódese facer fronte a tódolos equipos, se chamen como se chamen, nos tamén sabemos xogar!
Xogaron: Melanie, Anahí, Carla, Carmen, Rut, Sara M, Mariña, Sabela, Martina, Andrea e Valeria.
CADETE MASCULINO
Liga Zonal Santiago
A NOSA RÍA CBPS - CB POBRA DO CARAMIÑAL 43 - 40
Polo Coach David
Despois do mal partido da semana anterior do A Nosa Ría CBPS, tocaba repoñerse na visita do Expertia Asesores da Puebla cuarto clasificado, ca baixa do noso referente ofensivo.
Con balón e sen nocello |
Dende o principio saímos a polo partido cunha defensa agresiva a toda pista para contrarestar a maior altura dos visitantes, con constantes 2c1 que nos permitiron conseguir canastas doadas.
Sen medo as alturas |
No 5c5 unha boa circulación de balón permitía moitos tiros liberados que non eramos quen de anotar o cal permitía ós visitantes manterse no partido.
Atacando as torres |
No último cuarto varias pérdidas inocentes permitiron acercarse a 3 puntos pero nunca deu sensación de perigrar a vitoria.
Sen Medo |
E asi foi a nosa mirada sobre a xornada, e asi a contamos |