PREMINI
Liga XOGADE
O GRUPO B - E.B. CONCELLO DE LOUSAME CBPS 22 - 56
O GRUPO A - E.B. CONCELLO DE LOUSAME CBPS 41 - 58
Dous partidos seguidos e duas vitorias para os rapaces de EB Concello de Lousame CBPS. Deixamos os videos de Nacho, mellor resumo imposibel.
Xogaron: Dani, Alexo, Hugo, Alejandro, Nico, Iago, Dani e Alexo.
MINI FEMININO
Liga Galega
BASQUET CORUÑA - BODEGÓN O PESCADOR/EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS 38 - 43
Polo Coach Beiro
Debutaban nesta segunda fase o Bodegón O Pescador/Excavacións Darío CBPS nas pistas polideportivas de Riazor, onde acudiu con todas as xogadoras excepto Iria que está mancada nunha man pero acompañou as suas compañeiras ao partido.
Novo inicio |
Empezaron as nosas impoñendo o seu xogo que as levou a adiantarse no marcador rematando o primeiro cuarto cun 4-9.
Os problemas comenzaron no segundo cuarto, cando a torre de Hércules trasladouse ó polideportivo de Riazor e situouse debaixo do aro do básquet Coruña, dificultándonos o xogo e provocando erros no tiro. Está situación continuou durante o terceiro cuarto, o que fixo que as coruñesas chegaran ao descanso con vantaxe no marcador por 23-16.
Todo cambiou tralo paso do Bodegón O Pescador/Excavacións Darío CBPS polos vestiarios. No cuarto periodo un quinteto comandado por Carla e acompañada por Marta, Cristina, Sara e María subiron a intensidade defensiva, roubaron balóns que facilitaban canastras, aínda que seguimos errando entradas de 1x0 e déronlle a volta ao marcador cun parcial de 17-1 neste cuarto. Esa intensidade que mostraron estas xogadoras continuou no quinto periodo polas xogadoras que as sustituiron, destacando a defensa de Candela e Isabela sobre xogadoras moito máis altas e máis fortes.
O último cuarto serviu para que xogaran todas as xogadoras do Bodegón O Pescador/Excavacións Darío CBPS, aínda que nos tres minutos finais con 14 puntos de vantaxe, relaxáronse e deixáronse ir (algo que non se debe permitir, hai que loitar ata o final) e permitiu o achegamento das coruñesas que puxeron o 38-43 final.
Xogaron: Carla, Candela, Sara, Cris, Lucía, Marta, Paula Fernández, Paula Castro, Noa, María e Isabela. A lesionada Iria estaba na grada
Torres mais altas caeron |
E esta foi a nosa mirada sobre a xornada, e asi a contamos. |