xoves, 8 de febreiro de 2018

A xornada d@s median@s

INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
PESCADOS BORMAR CBPS - COMPAÑÍA DE MARÍA 47 - 64
Polo Coach Jose

Partido moi trabado de inicio, cunha forte defensa plantexada polas santiaguesas, que nos fixo cometer moitos erros en ataque.


Caloret no banquillo

Tras un primeiro cuarto moi igualado, no segundo o Pescados Bormar CBPS  tivo unha desconexión do partido, debido a presión exercida polas xogadoras de banquillo e os siareiros rivais.


Alguén quere pase

Tralo descanso, volta á calma e á concentración, con boas defensas conseguimos despegarnos no electrónico. O equipo volvía a parecerse ó de sempre. No derradeiro tempo, novo arreón das de Compañía e volta aos parciáis igualados, pero o traballo estaba feito.

Rapazas, hai que aprender a disfrutar da presión do marcador, das rivais e das gradas. Buscar motivación na adversidade e medrar ante as dificultades.

O importante é a pista, non o ruido ao redor
Xogaron as Infantís: Cayetana, Antía, María, Mariña, Sabela, Noa, Martina, Xiana, Andrea e Valeria.
E un partidazo das Minis Carla e Noa que fixeron moi boas defensas frenando a xogadora máis dano nos fixo. Noraboa!

INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
AD FONTIÑAS - PACO'S MODA CBPS 39 - 55
Polo coach Mozan

Bo partido para poñer a proba a madurez dos xogadores do Paco´s Moda CBPS xa que se tivo que enfrontar a varias baixas de xogadores habituais.

Perdido en Fontiñas
 
E a verdade é que o equipo respondeu perfectamente, sabendo afrontar os corenta minutos de xogo con unha gran seriedade e oficio. Dende o principio adquiriuse unha vantaxe no marcador gracias a bos contraataques e sobre todo a un bo número de pases de canastra en forma de asistencia, mostrándose os xogadores moi xenerosos uns con outros.

Despegando

O máis destacable foi que a convocatoria foi completada por tres xogadores do equipo de minibasquet, que souberon entenderse perfectamente cos seus compañeiros do equipo infantil.


Mini atacando

E tamén recoñecer o esforzo dos xogadores infantís por facerlles partícipes do xogo en todo momento, e insistindo con diferentes pases para eles para ver se anotaban algunha canastra.

Todos a unha


Xogaron: Pablo, Hugo, Manuel ,Noel, Manuel, Henok, Miguel, Martín y Gael.

CADETE FEMININO
Liga Zonal de Santiago
CB RIBEIRA - RÓTULOS AGEITOS CBPS 28 - 29
Polo coach Jose

Partido moi frouxo do Rótulos Ageitos CBPS que non merecemos gañar. Ás sonenses non lles presta madrugar. 


O coach despertador

No primeiro cuarto non fomos quén de anotar debido a frouxa defensa e non atacar con velocidade, dando tempo a colocar a defensa en zona plantexada polas ribeiresas.


Ataque estático
No descanso, perdíamos de 5, no terceiro remontamos e puxémonos por diante e no último relaxámonos e votámola vantaxe por terra. No último ataque, con balón e marcador a favor precipitámonos en vez de aguantar a posesión. Róubannos o balón e permitimos un contraataque que nos puido costar a victoria. Desta vez a sorte estivo do noso lado. 
Rompendo filas


Rótulos Ageitos CBPS  non pode basar o xogo do equipo nas infantiles, as cadetes deben dar un paso a diante. 22 dos 29 puntos anotados, foron das infantiles. Temos que ser moito máis agresivas na defensa e atacar ó aro con máis convicción.


Sumando


Xogaron: As infantiles, Mariña, Noa, Martina e Sabela. As Cadetes Sara Marcos , Anahí, Carla, Carmen, Sara Pouso, que xogou coa lousa da gripe e Melanie, que non puido saír a pista por problemas de saúde.

E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así o contamos