mércores, 7 de febreiro de 2018

A Xornada das escolas

BABYBASQUET
Amistoso
DEPORTES HERMIDA CBPS - ANPA SERRA DE OUTES
Pola Coach Alicia




Había gañas de partido!


Neste partido o Deportes Hermida CBPS demostraron o aprendido nos entrenamentos.

- Veña, árbitro, solta a bóla!

Bote cara canastra e saques de fondo son grandes progresos, así coma os pases entre compañeir@s.

Ui que lío!

Cada día melloramos un pouco máis e pasámolo moi ben.

- Chegho!

Xogaron: Justin, Sophie, Carme, Brais, Mauro, Beltrán, Dani, Elia e Alba.

PREMINI
Liga zonal de Santiago

WE ROBOTS CBPS - A.D. MILLADOIRO 22 - 49
Polo Coach Chechu Yáñez



Coach preocupado pola crónica futura
 
Frío e madrugador encontro disputado o sábado no pavillón do Restollal compostelano polo We Robots CBPS

- A ver, 7, con 6 cuartos, con 4 por cuartos... (As matemáticas dos partidos premini)


Os nosos rapaces afrontaron o partido con moitas baixas (Jamie, Xiana, Lois e Martiño non poideron xogar) pero estes 7 valentes chegaron as 9,30 da mañá para xogar un gran partido.

Un mundo por percorrer

De primeiras Milladoiro dominou o marcador pero non tardou moito o CBPS en coller o mando do partido e poñerse por diante. 

Multiplicándose

E a partires de aí xa non deixóu de facer un gran xogo para poder levar a vitoria a Porto do Son. 

Xogaron: Brais, Lucas, Lía, Marcela, Iker, Aitana e Óscar. 


PORTOFINO CBPS - GALOGRÍN 
Polo Coach Lucky

Partido raro do Restaurante Portofino CBPS, con dificultades para atacar unha defensa en campo propio, moi pechada, plantexada polo rival de principio a fin, e non sendo quen de parar os dous xogadores rivais que acapararon o ataque do contrincante.

Engadir título

A nosa defensa foi a campo aberto durante todo o encontro, algo destacable por parte dos nen@s, e máis aló diso, innegociable. 

En ataque faltou lectura (defendíanos moi pechados e todos defendendo o balón) circunstancia que non fomos quen de aproveitar cunha circulación mais áxil e sen botes.

Pedagoxía: A posición defensiva do ghato mirando para o ratón.


Aprendamos dos erros e incidamos nos aspectos a mellorar, sobre todo a citada velocidade na circulación do balón e de recepción dos pases anticipando e atacando con convicción a bola.

Xogaron: José, Alex, Dani Nebra, Dani Riveira, Daniela, Brais, Alexo, Iago e Julia

E.D. CONCELLO DE NEGREIRA CBPS - BASKETDEZA 11 - 61
Polo Coach David

Outro pasiño máis na evolución dos rapaces do E.D. Concello de Negreira CBPS.  Xogaban esta vez contra o líder Basketdeza o cal na primeira volta pechounos o marcador no segundo periodo.  

O sábado aguantamos ata o último periodo mellorando moito o xogo de pases, aínda que queda moito por entrenar en defensa. 

 Xogaron: Ana Carmen Paula Hugo Nico Miguel e Nacho.

Liga XOGADE
E.B. CONCELLO DE LOUSAME CBPS - C.B. PADRÓN 40 - 37 (tras prórroga)
Polo Coach profeta na súa terra Bule

Gran partido o xogado este sábado no pavillón de Portosín entre os rapaces de Lousame, dirixidos por unha vez por un merellense, e o líder Padrón.

A  arrancada


O partido foi intenso e con alternativas no marcador.

O camiño máis curto non é o máis doado

Os de verde xogaron un bó baloncsto a ráfagas aínda que esqueceron un pouco ese xogo de pases que viñan mostrando nestas semanas. Eses lapsus no xogo colectivo era o que lle permitía ao Padrón coller vantaxes que se reducían en canto os rapaces dirixidos desta volta por Bule volvían a pensar coma equipo.

Un só balón para tantos desexos


Ao final do tempo regulamentario, foi necesario un tempo extra para determinar quen se levaba o partido.

Unha tripla de Dani no tempo extra resultou á postre defenitiva para que os de Lousame sumen unha nova vitoria. Ese é o camiño, o de sempre ir aprendendo algo máis.

Bueno, parece que colou!

Xogaron: Diego, Dani, Luis, James, Alexo, Alejandro, Óscar, Nico, Andrés e Dani.


E esa foi a nosa mirada sobre a xornada d@s peques, e así a contamos