venres, 9 de febreiro de 2018

A Xornada dos maiores

XUVENIL MASCULINO
Liga Zonal Santiago
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - PELETEIRO 78-52
Polo segundo Bule


Gran entrada no Santa Irene este domingo mañá para asistir a un encontro que prometía, o Fisioterapia Cinesia CBPS contra Peleteiro.


Nada ía ser doado

En xogo, nin máis nin menos que o liderato dunha liga que parece que se vai decidir entre estes dous equipos. E na mente dos dous equipos estaba a vantaxe de15 puntos no basket average particular que traían os visitantes do partido de ida.
De inicio, o conxunto sonense quixo deixar claras as cousas cun 12 - 0 e un gran xogo colectivo que lle daba unha vantaxe a xestionar clara e importante.



A facilidade do traballo ben feito
O equipo santiagués, sen embargo, non é dos que entregan as armas sen loitar.
Pese a que as vantaxes rondaban sempre os 20 puntos, pouco a pouco, punto a punto, foron acercándose de novo hasta os 8 ben entrado o terceiro cuarto.

Complicacións

Chegados a este punto, o equipo do Fisioterapia Cinesia CBPS foi sobrepoñéndose aos problemas de faltas para recuperar o seu mellor baloncesto e conseguir sacar unha vantaxe moi amplia que lle dá o liderato en solidario e a vantaxe particular en caso de empate entre estes dous gandes favoritos do torneo.


Culminando a tarefa


Xogaron: Iannis, Fernan, Caste, Asier, David, Toño , Iago, Javi e Pinaya.

Traballo cumprido


SENIOR MASCULINO
Terceira zonal B
MILLADOIRO XL - TIENDAS PILLADOS CBPS 59 - 58
Polo Coach Filgueiras

Partido raro do Tiendas Pillados Pillados CBPS na pista de Milladoiro.
Un comezo frío e lento, caendo no ritmo do rival perxudicounos claramente.




Partido sen ritmo

O equipo reboteba pero non sacaba o balon con fluidez pese a que as veces que o facía, anotaba con claridade e e collía mínimas vantaxes.
Pero os de Milladoiro refuxiados nunha zona todo o encontro nos dificultaban moito os ataques estáticos.

Caprichoso balón
 
O partido levou o mesmo patrón durante a segunda metade onde a cara da moeda caeu do lado dos locais debido ao fallo de canastras doadas e ao non ser capaz de anotar a última xogda do encontro.
Toca traballar e seguir mellorando.



Ao final, quedamos fríos
 
Xogaron: Baloco , Baloco jr, Serxo, Álex, Maqui, David, Fernan, Asier, Pablo e Beny.

SENIOR FEMININO
LONXA VELLA/GALIHOSTEL CBPS - FAROLIÑAS CANGAS 14 - 24
Polo Coach Bule

Trala vitoria en Marín, as mulleres do Lonxa Vella/Galihostel CBPS se presentaban en Trapa coa intención de seguir sumando ante o seu público.
Enfronte, as Faroliñas de Cangas que xa gañaran con claridade o seu primeiro partido e que son as grandes favoritas da competición.

Mesa de profesionais

De entrada, e pese a que Rocío anotara a primeira canastra do partido, a forte defensa das visitantes, ben pechadiñas na zona, ao fallo, deixa entrever que o partido ía ser complicado e que o acerto no tiro ía decidir o devenir do encontro.

Dentro, estaba petao.

Atrás, a defensa local, pensada para roubar balóns e correr, funcionaba ben aínda que as xogadores de Bule non conseguían sacar moitos froitos a eses ataques rápidos.
Rapidamente, as visitantes sacaron unha vantaxe de 9 puntos (5 - 14) que foi unha losa imposible de levantar, pese a grandes acertos coma a tripla de María.




Á lotaría do tiro


Pese a que oubo momentos de bó xogo, e en atitude e comportamento non hai nada que reprocharlles ás nosas xogadoras, o partido resultou algo frustrante polo feito de non poder desenvolver o xogo alegre e solidario que as caracteriza. Para outra vez será. Competir ten estas cousas, só hai que atopar camiños novos.

Buscando solucións, xunt@s

Xogaron: María, Olalla, Rocío, Sonia, Chus, Rosa, Lorena e Carmen.

E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos