Liga Zonal de Santiago
PELETEIRO - PESCADOS BORMAR CBPS 10 - 60
Polo coach Jose
Visita do Pescados Bormar CBPS a Santiago. Saída de moita concentración en defensa roubando moitos balóns, pero sen acerto de cara a canastra.
A xogar! |
O equipo, con xogadoras enfermas que fixeron o esforzo de vir axudar ás compañeiras xa que intentaron xogar pese a todo, pero non poideron continuar sendo sustituídas por minis que tamén estiveron moi xenerosas.
Ó ir avanzando os minutos, fomos conseguindo a vantaxe que nos daba a nosa intensidade defensiva e o poderío físico do Pescados Bormar CBPS.
No último cuarto pechámolo marcador, pero tamén baixamos o nivel de esforzo en defensa, Temos que manter a concentración durante todo o partido.
Temos moito traballo a nivel individual de cada xogadora, utilizar máis a man esquerda nalgunhas, outras non deben desconectarse e seguir no partido, defender mellor as liñas de pase...
En fin, seguir adestrando para seguir mellorando.
Xogaron: Cayetana, Sabela, Martina, Mariña, Noa F., Antía, Valeria e Andrea, Carla, Paula, Noa e María
Liga Zonal de Santiago
INSTITUTO ROSALÍA - PACO'S MODA 42 - 77
Polo Coach Mozan
A pesares do escaso número de xogadores cos que o equipo infantil afrontou o partido, sete rapaces en total, debido á gripe, dende o principio o Paco's Moda CBPS foi cimentando unha renda de puntos no marcador, que encarrilaron o partido.
- Somos sete pero valemos por setenta! |
Grazas ao dominio do rebote defensivo e a unha defensa agresiva púdose correr o campo e anotar canastras doadas.
No xogo de media pista, as boas accións sen balón e os bos pases foron a tónica habitual do partido.
Segue
sendo mellorable a porcentaxe de tiros de dos puntos, concretamente
as entradas a canastra, xa que en partidos igualados
poderían ser o factor diferencial que separe a vitoria da derrota.
Unión |
Defensivamente
o obxetivo a curto prazo ten que ser o de non deixar de defender
nunca e non tomarnos algún descanso na pista, así como arriscar máis
confiando en que o nosos compañeiros nos terán "as espaldas
cubertas".
Do trivial
sobre o baloncesto que fixemos no vestiario antes do inicio dopartido, mellor non fablamos, aínda que daría para toda unha historia e varías
reflexións.
Os Sete Magnificos |
Xogaron: Isma, Noel, Manuel, Henok, Martín, Lois e Gael.
CADETE FEMININO
Liga Zonal de Santiago
COMPAÑÍA DE MARÍA - RÓTULOS AGEITOS CBPS 58 - 35
Polo Coach Jose
Partido do Rótulos Ageitos CBPS contra as escolares de Compañía, no que volvemos ás andadas de saír con medo de competir concedendo moitos puntos no primeiro cuarto.
O lío do debut |
Recibimos unha presión a toda a cancha que fixo que perdéramos moitos balóns e nos aturulláramos no noso ataque. Non tivemos a intensidade defensiva necesaria para roubar balóns e correr o contraataque que tan bós resultados nos deu noutros encontros.
Os rebotes non se pelexaron e rapazas máis pequenas que as do Rótulos Ageitos CBPS eran quen de quedar ca pelota. No derradeiro cuarto intensificamos a nós liña defensiva e provocamos perdas de balón pero elas seguían coa presión e impediron que poidesemos recortar distancias.
Tamén houbo cousas positivas, xa que esquecendo o resultado fomos quén de romper e atacar 1 contra un sacando faltas ou canastra e tiro. Tamén vamos confiando máis no noso tiro exterior.
Xogaron: Elba, Mélanie, Sara P., Carla, Carmen, Rut, Sara M., Sabela e Andrea.
CADETE MASCULINO
Lga Zonal de Santiago
A NOSA RÍA CBPS - CB RIANXO 59 - 46
Polo Coach David
Empezaban o partido os sonenses moi enchufados, cousa pouca habitual este ano grazas a unha defensa a toda pista con constantes 2c1 e no 5c5 unha circulacion de balón aceptable que permitían canastas doadas debaixo do aro e daban ao A Nosa Ría CBPS unha vantaxe de máis de 20 puntos ao descanso.
Extra pass |
Tralo paso polos vestiarios todo cambiou; escasa intensidade defensiva e cortocircuito total en ataque fronte a un forte compromiso defensivo visitante que permitiu aos de Rianxo achegarse a tan só 7 puntos a 5 min do final.
Observando o triple |
Despois dun tempo morto mellorouse un pouco en ataque e, aínda que a defensa non foi boa, os rianxeiros non conseguian anotar. O final vitoria por 59 - 46.
Espabilando ao persoal |
Xogaron: Noel, Denís, Andrés, Adrián, Pinaya, Isma, Roi, Abel, Iván, Fran e debutou o infantil Henok.
- Chicas! Así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos! |