Vexamos que tal lles foi.
INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
C.B. CLUNY - PESCADOS BORMAR CBPS 29 - 31
Último partido da primeira volta da liga regular co liderato en xogo.
Cluny under pression |
O Pescados Bormar CBPS sabía da importancia deste partido e saíron moi nerviosas, con moitos erros en pases e entradas falladas. O equipo paga as precipitacións con contraataques rápidos das santiaguesas. No descanso a vantaxe era para as de Cluny.
Ó regreso á cancha o Pescados Bormar CBPS parece outro equipo, moito máis activo en defensa e máis duro nos ataques. Chégase ó final do terceiro cuarto con un empate a 23.
Instante de tregua |
No derradeiro tempo seguimos coas boas defensas e tamén melloramos no xogo sen balón. O marcador moi igualado ata o último momento.
Ó final vitoria para as nosas pero que podía ser para as santiaguesas, que son unhas loitadoras e merecían gañar tanto coma nós.
Un tiro de diferenza |
Xogaron: Cayetana, Carla, Antía, Mariña, Sabela, Noa I, Martina, Xiana, Noa F, Andrea e Valeria.
INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
C.B. CLUNY 40 - PACO'S MODA CBPS 55
Moi bo partido o da volta do Nadal do Paco´s Moda CBPS.
A ver se entra |
Dende o inicio os xogadores saíron coas ideas moi claras en ataque e executaron perfectamente o plan de xogo. Só unha cantidade de erros nas finalizacións e tiros sós debaixo da canatra facían que o marcador estivera igualado ata o descanso. En calquera caso, sempre coa sensación de que o Paco´s Moda CBPS mandaba no xogo.
Xa á volta de vestiarios seguiu o bo facer en ataque e defendeuse con máis agresividade que na primeira parte. Como resultado disto e co maior acerto en tiros curtos e entradas a canastra, o dominio viuse reflexado no marcador.
Xogaron: Leo, Samu, Alberto, Martín, Miguel, Isma, Noel, Henok e Manuel.
E xa na mañá do domingo o segundo partido do Paco´s Moda CBPS.
Veña, repetimos. |
Dende o inicio do partido, o equipo fíxose co control do mesmo, tanto no xogo como no marcador gracias a unha boa defensa e á claridade de ideas nas accións de ataque.
Sabedores de que o euipo de Ames volvería do vestiario con maior agresividade na súa defensa, o obxectivo cara o inicio do terceiro cuarto era o de manter a tranquilidade e non perder o balón ante a maior intensidade defensiva do rival.
Dito e feito, e así afrontamos o último cuarto con dez puntos de vantaxe no marcador, que mantivemos en todo momento.
Toca seguir traballando e desfrutando tras unha pirmeira parte da tempada dura, debido á mala sorte das lesións.
- Cucha, se metemos máis puntos gañamos, non hai máis! |
Sabedores de que o euipo de Ames volvería do vestiario con maior agresividade na súa defensa, o obxectivo cara o inicio do terceiro cuarto era o de manter a tranquilidade e non perder o balón ante a maior intensidade defensiva do rival.
Polo medio chego antes. |
Dito e feito, e así afrontamos o último cuarto con dez puntos de vantaxe no marcador, que mantivemos en todo momento.
Un tipo con gancho |
Toca seguir traballando e desfrutando tras unha pirmeira parte da tempada dura, debido á mala sorte das lesións.
Xogaron: Samu, Manuel, Henok, Miguel , Martín , Isma e Noel
CADETE MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
LA SALLE - PARRILADA A NOSA RÍA CBPS 59 - 63
Empezamos a segunda volta visitando ó La Salle.
Debuxando historias |
O partido non empezaba ben para o Parrillada A Nosa Ría CBPS e os santiagueses conseguían canastras moi doadas e as primeiras diferenzas no marcador.
Pouco a pouco os sonenses foron apretando e mellorando en defensa, chegando empatados ó descanso.
- Sácala que aí abaixo está petao! |
No terceiro cuarto unha boa actividade defensiva permitía balóns rápidos, contraataques e unha boa circulación do balón, finalizando o cuarto 13 puntos arriba.
Tensión máxima |
O último periodo comezou cun La Salle máis agresivo, o cal fixo que chegaran ó último minuto a un só punto do Parrillada A Noa Ría CBPS.
Nun final de infarto voltou a orde en ataque e a concentración defensiva o cal nos permitiu saír vitoriosos.
Sello á vitoria |
Xogaron: Noel, Denis, Andrés, Adrián Arasa, Isaac, Pinaya, Isma, Martín, Adrián Armental, Abel, Iván e Fran.
E así foi, con manta, a nosa visión da xornada, e así a contamos. |